Martes. 19.03.2024
El tiempo

O Comité de Ferroatlántica confirma que o fondo TPG e Ithaca só teñen interese nas centrais hidroeléctricas

O Comité de Ferroatlántica confirma que o fondo TPG e Ithaca só teñen interese nas centrais hidroeléctricas

”Ao fondo TPG e á sociedade Ithaka só lle interesa o negocio da produción eléctrica e os substanciosos beneficios que reporta, comprometendo así seriamente a viabilidade das fábricas e o emprego”, e “demostrando que se trata dunha “segregación encuberta das centrais coa que esquivar as cláusulas concesionais”. Esta foi unha das graves conclusións que saca o Comité de Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas, despois da reunión mantida onte coa a dirección da empresa e unha representación de Ithaka para abordar as condicións da venda do complexo industrial e enerxético da Costa a Morte.

As fábricas seguirán dependendo de Ferroatlántica, que seguirá levando a xestión, será o seu provedor exclusivo e o comprador único de toda a produción. Fican agora as plantas como meras subcontratas, dependentes das decisión de Ferroglobe pero fóra do grupo empresarial.

O Leassing

No marco desa xuntanza transcendeu que Ferroatlántica presentou o pasado 1 de xullo na Xunta de Galiza a documentación para solicitar a amortización anticipada do arrendamento financeiro das centrais, nun intento de legalizar esta operación fraudulenta. A CIG considera especialmente grave que, diante deste feito, a Consellaría de Industria non teña trasladado ningunha comunicación ao respecto ao comité de empresa.

Por iso mesmo, a sección sindical da CIG propuxo ao comité pedir unha reunión urxente coa Xunta para coñecer os termos exactos da solicitude de Ferroatlántica e saber cales son as pretensións do Goberno galego. Neste senso, a CIG estudará xuridicamente as medidas a adoptar ante a documentación presentada pola empresa.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios