Completa fin de semana para a familia do tenis de mesa soneirán
Non foron bos os resultados acadados polos equipos de tenis de mesa do clube Anorthosis Vimianzo este pasado sábado 8 de marzo. A familia disputaba un total de 11 encontros con 65 partidos entre individuais e dobres nun sábado a tope de tenis de mesa no que ningún xogador disponibel quedou sen xogar. Apenas 4 vitorias nos 11 encontros son o balance da fin de semana.
3ª División Nacional
- Resultado: Anorthosis vimianzo - CTM Lalín 1-6 (11-18)
En 3ª nacional o Anorthosis non foi capaz de dar a sorpresa ante un CTM Lalín ao que se lle empezou gañando o primeiro partido. No seguinte Roi Martínez remontou un 0-2 empatando, e cando parecía que ía gañar, todo se quedou aí, pois no 5º set foi superado polo nº 1 de Lalín, Manuel Fernández, e a partires de aí aínda que se gañaron sets en ningún dos partidos se conseguiu a vitoria.
Agora a permanencia queda máis apretada e dependendo o Anorthosis de si mesmo e conseguirase con so gañar dous encontros contra os rivais directos e involucrados no mesmo.
1ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Cambre Promesas 5-2 (17-8)
- Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Cambre Promesas 1-6 (4-20)
2ª División Galega. Grupo Centro
- Resultado: Construcciones Cernadas - Oroso Hotel Santa Cruz 0-7 (2-21)
- Resultado: Construcciones Cernadas - Oroso Talleres MR 2-5 (12-19)
Encontros adiantados da 2ª galega:
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso Hotel Santa Cruz 0-7 (5-21)
- Resultado: Concello de Zas O Pinar - Oroso Talleres MR 7-0 (21-8)
- Resultado: Breogán Oleiros F - Aluminios Xeal 3-0 (9-0)
- Resultado: SD Hípica - Aluminios Xeal 1-3 (6-9)
- Resultado: B. Oleiros Femenino - Aluminios Xeal 3-1 (10-4)
- Resultado: Dez Portas Lugauto - Aluminios Xeal 2-3 (7-11)
- As baixas merman ao Anorthosis e só o Aquacenit suma.
- O Anorthosis cae dando a cara.
- O Gaiteiro dá as alegrías que esqueceu o Aquacenit.
- Ao Anorthosis sáenlle as contas.
- O Aquacénit deixa escapar o liderato.
- O Gaiteiro xa sabe gañar.
- A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas.
- O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal.
- O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis.
- O Aquacenit mantense no máis alto.
- Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
- Nota de prensa de Estevo Lema.
En 2ª galega duelo na cola con moita duración dos partidos entre Construcciones Cernadas e Oroso Talleres MR, ao final favorables aos de Oroso que así deixan o último posto definitivo para os zasences.
Nos encontros adiantados normais os resultados de Concello de Zas O Pinar con derrota e vitoria respectivamente contra os equipos de Oroso.
2ª División Nacional Feminina
E por fin en 2ª división nacional femenina chegaron as vitorias. Para elo notouse o reforzo de Lorena Castro que xunto con Laura Quintáns e Ana García gañaron as de Hípica de A Coruña e DEz Portas de Lugo. E perderon contra unhas as favoritas desta liga as de Oleiros.