Ligas Galegas: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas



Tiñan enfrontamentos complicados os equipos costeiros das Ligas Autonómicas e o balance, a pesar de contar unha soa vitoria e dúas derrota, pode calificarse de positivo.
Se ben os cadetes de División de Honra do Dumbría conseguían unha fantástica vitoria que os afianza no medio da táboa, e os fai alonxarse dos postos de perigo, o XSC da Liga Galega Cadete e o Dumbría da Liga Galega Infantil nada puideron facer ante dous equipos da zona alta, como Conxo e Deportivo B.
Iso si, os peques dumbrieses disfrutaron do Mundo do Fútbol da Abegondo.
División de Honra Cadete - Aluminios Dumbría, xornada 19
Dumbría - Coruxo (3-2)
- DUMBRÍA: Jorge, Josiño, Fabio, Pablo, Raúl, Jose (Mario, min.71), Brandón (Ayoze, min.41), Marcos, Toja (Adrián, min.47), Borja e Luís (Gabi, min.47).
- Goles: 0-1, min.8; 0-2, min.49; 1-2, min.55: Gabi; 2-2, min.70: en propia meta tras un despexe de Raúl e coa axuda do vento; 3-2, min.80: Adrián a centro de Borja.
O partido comenzaba mal para o equipo de Juan e Joaquín e logo dun erro nun saque de banda,en campo propio,a pelota chegaba ó xogador Mangana que logró de deixar atrás a Raúl e Pablo batía a Jorge cruzando dun forte disparo. A partir do gol encaixado o Dumbría controlaría o partido e disponía de varias e claras ocasións de gol por medio de Raúl. Brandón cun tiro ó pao e una falta directa executada por Fabio que obrigaba ó portero visitante a facer una gran parada, cando aínda non se cumpliran os primeiros 20 minutos. Con 0-1 chegábase ó descanso a pesar das boas ocasións para os de Juan e Joaquín.
Xa a segunda metade o partido comenzaba igual que na primera e no 47' chegaría o segundo gol do Coruxo obra de Marco. O Dumbría foise polo partido a pesar do 0-2 e no 55' Gabi ,que sustituira a Brandón no descanso, anotaba o primero para o equipo local logo dun mal saque do porteiro visitante. No 59' Adrián tiña outra boa ocasión para empatar o encontro aínda que o porteiro Miguel de Dios enviaba a córner.
No 70’ chegaría o empate para o cadro local logo dun forte despexe de Raúl que tras bater nun xogador do Coruxo, e axudado polo forte vento despistaba ó porteiro visitante e colábase no fondo das mallas.
Aínda quedaba tempo para o terceiro gol local que daba a vitoria, que chegaría case que no tempo de desconto (lembren que son choques de 80 minutos) logo dun gran centro de Borja desde a banda dereita que Adrián, no primeiro pao, remataba de cabeza batendo ao meta vigués. Xa non habería tempo para máis, a pesar dos catro minutos de desconto que engadíu o colexiado e o marcador sinalaba o 3-2 final.
Liga Galega Cadete, xornada 19
Conxo - Xallas StComba (5-1)
- XSC: Rubén (Ángel), Guillín (Brais), Carlos, Pablo, Raúl; Alberto, Thiago; Manuel (Rubén Suárez), Juan Lois (Mosteiro), Óscar (Héitor) e Grille.
- Goles: 1-0, min.12; 2-0, min.24; 2-1, min.32: Juan Lois; 3-1, min.39; 4-1, min.49; 5-1, min.77.
Derrota excesivamente abultada dun XSC que levou o peso do partido ante un Conxo que, á contra, e aproveitando erros de vulto da zaga xalleira, marcaba diferenzas no marcador, o cal non axustar á realidade do presenciado sobre o terreo de xogo nunha tarde de moito frío e pasada por auga.
Os xalleiros viron como pronto os locais, en dous graves erros, lograban colocarse cun 2-0 insjusto de xeito evidente. O gol de Juan Lois fixo que os visitantes levasen a incerteza ás filas santiaguesas, pero un novo erro da zaga verdenaranja fixo que os locais, en estado de graza, volvesen marcar e chegasen ao descanso cunha vantaxe de dous goles absolutamente inmerecida.
A segunda parte foi un quero e non podo xalleiro e contraataques locais que puxeron máis terra polo medio ante un Xallas de Santa Comba que se fixo acreedor a un resultado máis axustado que o 5-1 final, que deixa aos xalleiros na mesma posición que ocupaban ao comezo do partido, pois os seus rivais por alcanzar a permanencia perderon todos.
O vindeiro domingo, o XSC visitará a un Lugo B que derrotou ao Orillamar a domicilio, nun choque moi importante para poder intentar escapar das posicións de descenso, pois aínda que as dúas prazas de descenso atópanse a cinco e oito puntos de distancia, arrástrelos poden aumentar os descensos en cascada a tres, posición que ocupa o Orillamar a catro puntos do Xallas de Santa Comba.
Liga Galega Infantil - Aluminios Dumbría, xornada 16
Deportivo - Dumbría (5-0)
Partido para disfrutar no Mundo do Fútbol onde o equipo dumbriés levaba idea de seguir mellorando e así foi. Co líder invito da categoría enfronte, os costeiros fixeron un partido moi serio (aínda que sufrido).
Levou o Deportivo a iniciativa a primeira media hora de partido, na que o Dumbría ben organizado intentaba parar as internadas sobre todo do espigado xogador de banda dereita deportivista, que facía dano cada vez que collía o balón.
Froito disto chegaron sobre a media hora dous goles dos locales, que lonxe de finiquitar o partido deronlle un pouco de alas aos visitantes, que realizaron ata o descanso uns bos 10 minutos de xogo e relativo perigo ante a meta visitante.
Reanudado o xogo na segunda metade, e xa co mellor xogador do “Depor" da primeira metade no banco, o Dumbría tivo máis balón e trenzou boas xogadas aínda que sin moito perigo para o cadro local. As boas sensación duraron ata o minuto 65 onde o terceiro gol nun lanzamento de fóra da área e pouco despois un gran gol pola escadra dos locais case cerraban un partido.
Ata o final só un gol máis que poñia o definitivo 5-0 e algunha contra do Dumbría se fixeron reseñables.
O equipo dumbriés sae ca cabeza alta do enfrontamento co líder, consciente de que falta moito pero vai polo bo camiño para a disputa do que resta da primeira fase e unha segunda fase que será do máis interesante e importante.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbria de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.
Novas relacionadas
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Crónicas da semana
- 3ª Autonómica: O Ameixenda recupera o bastón de mando.
- 2ª Autonómica: O Outes pode co líder.
- 1ª Autonómica: O pechacancelas pon ao líder contra as cordas.
- Preferente: Metidos nun pano.
- Resultados e análise dunha xornada pasada por auga.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).