Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Só o filial do Fisober suma nunha fin de semana de foto

Só o filial do Fisober suma nunha fin de semana de foto
Foto Familia Fisober 2013-2014

Non estivo completa a xornada para os equipos femininos da Costa da Morte, pois o FSF Vila de Cee non puido disputar o seu partido correspondente á xornada 20 en A Baña polas malas condicións da pista.
Si que xogaron as mozas do Concello de Ponteceso FSF, que caeron na casa ante o líder, o CD Estradense por 2-5; e o filial do Fisober que veceron na Ponte do Porto ao troula pola mínima.

Ademais, na 2ª Estatal, o Fisober non puido co potente equipo navarro do Txantrea e acabou sucumbindo á humidade do pavillón. Así e todo, a humidade non impediu que a familia Fisober se sacase a foto de familia desta temporada 2013-2014.

2ª División Estatal

  • RESULTADO: FISOBER F.S.F. – TXANTREA (1-9).
  • FISOBER: Anabel, Patri, Nuria, Ana e Noelia; tamén xogaron: Elsa, Inés, Myrella e Raquel.
  • Goles: 0-1 Rizos, 0-2 Rebeca, 0-3 María, 0-4 Diana, (descanso), 1-4 Nuria, 1-5 Sandra, 1-6 Nerea, 1-7 Rizos, 1-8 Amaia, 1-9 Nerea Urra.

A humidade na pista do Pavillón de Vimianzo condicionou o partido xogado o sábado en Vimianzo, as navarras adaptáronse mellor e leváronse un partido cun resultado excesivo para o que se veu sobre o rectángulo de xogo i é que a sorte tamén se mostrou esquiva cas da Costa.
O arranque do partido xa presaxiaba que a pista estaría impracticable co paso dos minutos. De todos modos o principio permitía xogar. E os dous equipos gozaron de ocasións. Unha primeira ocasión de Virginia, foi respostada por unha moi boa de Noelia.
E a unha de Sandra respostou de novo Noelia. Os dous equipos tentaban adiantarse no electrónico sabedores de que a pista empeoraba minuto a minuto e unha vantaxe podía ser clave.
Foron as navarras as que o lograron grazas a un gol de Rizos os dez minutos desta primeira metade. As locais non se rendían e Ana vía como a porteira visitante lle facía unha dobre parada para evitar a igualada.
Todo trocou cando a tres para o tempo de lecer Rebeca facía o cero a dous. Foi un mazazo para as da Costa, cada vez máis desesperadas ca pista. E peor foi cando dous goles nos dous últimos minutos desta primeira metade obra de María e Diana poñían demasiada diferenza para o visto sobre a pista, a sorte tampouco axudaba.

Na segunda metade atacaban as locais cara a zona en peor estado, xa impracticable , e saíron moi motivadas para tentar volver a enchufarse no partido. E nos primeiros minutos fixérono con uns cantos lanzamentos lonxanos por parte de Nuria, pero a porteira visitante non o permitía.
No minuto seis desta segunda metade Nuria recurtaba distancias aproveitando o rexeite dun tiro propio. Pero non era o día das da Costa xa que acto seguido nunha xogada chea de rexeites Sandra marcaba a pracer para as visitantes.
As locais vían novamente como todo seu traballo non tiña recompensa. Seguiron percutindo sobre a porta contraria pero ou a porteira visitante, a falla de puntería ou a desesperación facía que non o conseguiran.
As visitantes saían cada vez mellor en perigosas contras. Así a dez para o fin Nerea facía o sexto visitante. A falla de seis era Rizos. Faltando catro Amaia i entrando no último minuto foi Nerea Urra quen de penalti pechaba o marcador.
O Fisober ofreceu o Pavillón de Ponte do Porto como alternativa sabedor dos problemas de humidade, e aínda que os adestradores visitantes estaban de acordo, os árbitros e xogadoras visitantes decidiron xogar en Vimianzo.

Desexarlle tamén unha pronta recuperación e moitos ánimos a Myrella que sufriu un accidente de tráfico o remate do partido, por sorte quedouse nun susto e confiamos que pronto estará vestida de curto outra vez

.

Liga Provincial, xornada 20

Carla do Ponteceso FSF
  • RESULTADO: Concello de Ponteceso FSF - CD Estradense (2-5).
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Ana, Martina e Sandra – tamén xogaron – Carmen, Laura, Bea e Zeltia.
  • Goles: Ana para o Ponteceso.

Enfrontábanse as pontecesanas ás líderes da liga que, de gañar este partido, xa serían as campeonas. Por este motivo, saíu moi enchufado o Estradense, indo a polo partido desde o minuto un, presionando arriba ó Ponteceso e levando o control do balón. Nos primeiros minutos non conseguía saír co balón xogado ó equipo pontecesán debido á gran presión das da Estrada, que aprobeitaba cada chegada á portería para intentar adiantarse no marcador. O aviso máis claro foi un tiro ó pao no minuto 10. E non tardou en chegar o tanto, pois dous minutos despois e tras xogada de falta, chegaba o gol que levaban buscando desde o principio. A pesar do gol non baixaron a presión e tiveron varias ocasións para aumentar a vantaxe, pero pouco a pouco as pondalianas iban manexando máis o balón e chegando algunha vez á área rival. A dous minutos para o descanso, chegaba o empate cun tiro cruzado de Ana despois dunha xogada dela con Carla. Parecía que ese podía ser o resultado co que se iría cara os vestiarios, pero a 10 segundos para rematar a primeira metade, o Estradense volvía adiantarse no luminoso mediante un tiro desde fóra da área que non logra desviar Salomé.

O segundo período foi máis do mesmo, coas visitantes atacando e presionando arriba desde o principio, e así chegou o tempraneiro gol que facía o 1-3, cun gol de rechace tras a primeira parada de Salomé. Pero non se viñan abaixo as xogadoras de Barca e Curro, que tiñan máis o balón do que o tiveran na primeira metade, pero sen xerar ocasións claras de perigo. Só Ana foi quen de bater outra vez a portería rival, desta vez cun tiro raso e pegado ó pao despois dun saque de banda, gol que recortaba distancias para as pontecesanas. Ás da Estrada non lles valía ese resultado e seguiron coa mesma presión e tirando a portería cada vez que se achegaban. Nunha xogada embarullada na área pontecesana, o Estradense facía o cuarto, tras non conseguir sacar o balón da área a defensa. E non sería o último, pois a 5 minutos do final, as estradenses sentenciaban o partido co quinto gol tras non entenderse Ana e Salomé no despexe do balón. Nos últimos minutos do partido e co Estradense xa máis relaxado e sen presionar arriba, tiveron ocasións ambos equipos, pero sen lograr materializalas. Acababa así o encontro co 2-5 no marcador, que proclamaba ó CD Estradense campión da Liga Provincial.

Partido do Ponteceso FSF

Liga Provincial, xornada 20

  • RESULTADO: FISOBER “B” F.S.F. – TROULA (3-2).
  • FISOBER “B”: Anabel, Laura, Tamara, Natalia e Inés ; tamén xogaron : Paula Fandiño, Alejandra e Andrea.
  • Goles: 1-0 Inés, 1-1 Silvia, (descanso), 2-1 Inés, 3-1 Natalia, 3-2 Olaya.

O partido da Liga Provincial, que se disputaba unha vez finalizado o de Nacional, si se trasladou para o Pavillón de Ponte do Porto pola humidade no Pavillón de Vimianzo, tralo acordo de árbitros e ambos equipos.
Nun enfrontamento no que o mellor para as da Costa foron os tres puntos ,xa que fixeron un mal partido. Ademais por fin racharon ca maldición de Ponte do Porto xa que cada vez que lles tocaba xogar neste Pavillón perdían. As locais sabían da primeira volta que o arranque do Troula era perigoso e debían andar atentas a isto. Aínda que controlaron estes primeiros minutos o filial do Fisober nunca se atopou cómodo no partido.
Acadaban ocasións froito de xogadas aisladas, pero sen xogo, nin combinar. De novo tocaba o día malo e irregular. Algunha que outra ocasión para Paula Fandiño ou Inés que non acertaban na definición. O mesmo pasaba na outra área para as visitantes que non eran quen de superar a Anabel.
Un penalti que transformaba Inés mediada está primeira metade adiantaba as locais. Pero a oito para a chegada do tempo de lecer Silvia poñía a igualada no electrónico. Mesma tendencia nestes últimos minutos ata que os equipos se foron os vestiarios.

Na segunda metade non cambiou o guión, as locais demasiado nerviosas e precipitadas no seu xogo. Inés poñía o dous a un no tanteador os sete minutos desta segunda metade. A visitante Ana estivo a piques de igualar pero o seu lanzamento foi dun pau o outro e non quixo entrar. Partido tolo con ocasións para ambos equipos. Os últimos minutos foron aínda máis tolos co resto do partido. A seis para o fin Paula Fandiño enviaba o seu lanzamento ao poste. A tres para o fin Natalia aproveitaba un rexeite para facer o tres a un, supostamente da tranquilidade. Pero non foi así xa que un minuto despois Olaya transformaba un penalti para o tres a dous definitivo. No último minuto a local Inés disfrutou dun dobre penalti que non aproveitou.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios