Luns. 04.11.2024
El tiempo

Xuvenís: As cousas claras, pero non tanto

Xuvenís: As cousas claras, pero non tanto
Dumbria-XSC xuv- Foto- Jorge Parri

Seguen 3 equipos destacados en cada grupo pero esta xornada as cousas, que puideron ter case que finiquitado, non se moveron demasiado.

Liga Xuvenil, Gr.3, xornada 18

O partidazo da xornada disputábase en Fontenla onde o XSC prantou cara a todo un Dumbría que cedía o segundo empate da temporada. A sorpresa chegaba dende Esteiro, onde o cadro local caía ante o Outes, quedando agora o Cee e o Outes a 6 puntos do XSC e a 7 da propia Esteirana, deixando a porta aberta aínda a un cambio nos 3 de arriba. O Muros puido ter metido tamén a cabeza no choque adiantado a antes de fin de ano co Mazaricos no que non pasada do empate.

Xallas StComba - Dumbría (4-4)

  • XSC: Coke, Miki, Carlos, Jacobo, Alex (Xoel, min.70), Fabián (Sergio Barbeira, min.46), Adrián, Torres, Styven, Pablo Landeira (Tefi, min.46), Iván Pastoriza.
  • DUMBRÍA: Couto, Duarte, Maikel, Roberto, Jano, Yeray, Juan de Dora, Adrián, Marcote, Pablo, Javi. Tamén xogaron: Portu, Lucas, Martín, Charly e Cabana.
  • Goles: 0-1, min.2: Marcote tras un mal despexe da defensa xalleira; 1-1, min.10: Iván Pastoriza; 2-1, min.15: Iván Pastoriza nunha falta lateral; 2-2, min.35: Javi; 2-3, min.55: Javi; 3-3, min.60: Styven nunha gran xogada combinada; 3-4, min.70: Marcote aproveitou un balón mal sacado pola defensa local; 4-4, min.88: Tefi tras un córner.

Fermoso partido, o máis interesante da xornada, con dúas propostas moi ofensivas no que os ataques superaron as defensas. De feito, os de Diego Lobelos e Óscar Leis levaban 4 goles encaixados en 17 partidos e este sábado encaixaron outros tantos.

O Dumbría foi lixeiramente superior, sobre todo fisicamente, pero o XSC prantou cara. O equipo de Rafa estivo máis atenazado e non soubo facer o xogo que soe intentar, pero tivo a garra, a forza e a motivación para conseguir darlle a volta ao marcador por dúas veces e acabou empatando nos últimos instantes.

Resultados xusto para o partidazo da xornada.

Esteirana - Outes (0-4)

  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tiko, Sergio, Rafa, David, Damián, Manu, Tobío, Davichi e Adrián.Tamén xogaron: Cristian, Pablo e Farra.
  • OUTES: Yoel, Simón (David, min.70), Samuel, Brión, Rafa, Babu, Álvaro, Adrián (Xurxo, min.75), Ibra (Cutu, min.55), Zeta (Paulo, min.46), Veleiro.
  • Goles: 0-1, min.15: Babu de penalti; 0-2, min.25: Veleiro nun balón longo ás costas da defensa; 0-3, min.65: Babu dende lonxe; 0-4, min.75: Veleiro.

Unha das sorpresas da xornada tiña lugar en Esteiro. Non puido contar Martçin con varios xogadores importantes como Mj, Pablo, Jose, Codesido, Fabio ou Raúl, por ir cos maiores e por varias viaxes, e a Esteirana sen a columna vertebral sofre. De feito, acabaron con 2 cadetes de primeiro ano e un infantil no campo.

O Outes aproveitouse desa debilidade e dos erros en defensa dos locais. Así, a primeira foi bastante igualada pero en dous erros locais chegaron dous goles de Babu de penalti e de Veleiro. Na segunda, o cadro da Serra foi superior e ratificou a vitoria con dous goles máis.

Cee - Soneira (8-0)

  • CEE: Paulo, Jicho, Esteban (Mario, min.57), Abraham, Carlos Leis (Tivi, min.52), Tebo, Rafa, Felipe (Kevin, min.68), Pikallo, Alex e Andrés.
  • SONEIRA: Cristian, Christian, Samu, José, Manuel, Rodri (Trillo, min.45), Carlos, Pablo, Damián e Jordi (Adrián, min.57).
  • Goles: 1-0, min.1: Pikallo; 2-0, min.11: Pikallo; 3-0, min.21: Pikallo; 4-0, min.27: Rafa; 5-0, min.30: Pikallo; 6-0, min.40: Esteban; 7-0, min.44: Andrés; 8-0, min.70: Jicho.

Partido sen moita historia no que os de José Carlos foron moi superiores ao cadro soneirán.

Muros - Mazaricos (1-1)*

  • MUROS: Matías, Yeray, Airán, Veloso, Mancebo, Miguel, Santi de Lira, Alvarito, Piki, Ramó e Juanche. Tamén xogaron: Javi, e os cadetes Manute, Tajes, Jorge e Beiro.
  • Goles: 0-1, min.15: Carreira; 1-1, min.60: Javi Abadín.

Mal partido o adiantado ao 28 de decembro para ambos conxuntos, no que o Mazaricos se adiantaba pronto. O Muros estirábase e un tiro de fora da área e un remate de cabeza á saída dun córner de Veloso puideron singifcar o empate, pero o porteiro do Mazaricos sacou dúas mans evitando os goles. Ao descanso iríase 0-1, e xa na segunda metade, un golazo de fora da área de Javi igualaba o choque daba esperanzas o Muros, pero o tempo esgotabase e as ocasións eran moi poucas para ambos.

Liga Xuvenil, Gr.4, xornada 18

É o Coristanco o que toma o relevo do Ponteceso, moi tocado polas baixas, na loita por alcanzar a 3ª praza. Unha praza que ten agora o Corme que non pasaba do empate ante un gran Laxe. Por arriba, o Cabana non perdoaba ante o Baio e o Malpica facía o propio co Castriz. Os coristanqueses quedan a 5 do Corme, 6 do Malpica e 8 do Cabana, mentres o Ponteceso queda 4 puntos por debaixo do Coristanco, e cun partido máis.

Malpica - Castriz (6-0)

  • MALPICA: Manuel, Víctor Novo, Kevin, Steven, Canario (Chols, min.84), Diego, Guille (Almeida, min.46), Mouri (Brais, min.80), Pitís, Alberto (Gabi, min.82), Eloy (Plejo, min.84).
  • CASTRIZ: Víctor; Bolita, Álex, Pablo, Curro (Francés, min.42), Andi (Iván, min.83), José Ángel, Balsa (Diego, min.78), Rony (Sergio, min.70), Yordi, Miguel.
  • Goles: 1-0, min.49: Pitís. 2-0, min.73: Pitís. 3-0, min.77: Almeida. 4-0, min.79: Pitís. 5-0, min.84: Almeida. 6-0, min.85: Brais.
  • Lesión: o central xalleiro Curro cun problema no xeonllo que o levou ao Hospital.

Mañá pasada por auga, co vento e o frío como protagonistas na mañá do sábado. O Castriz, co vento a favor na primeira metade, aguantou ben as ambestidas locais, mesmo facendo dano na meta de Manuel. Pero na segunda, o Malpica foi un vendabal, e nunca mellor traído.

Corme - Laxe (3-3)

  • CORME: Rubén, Sergio, Isaac, Cristian, Eloy García, Joshua, Brais, Manu (Antonio, min.55), Quique, Juanma, Fran (Bruno, min.80).
  • LAXE: Martín, Sergio Cotelo, Sergio Lema, Diego, Soto, Santi, Dani (Saleta, min.46), Djamel, Elías, Adrián Lema, Manu (Roberto, min.70).
  • Goles: 1-0, min.30: Manu; 1-1, min.44: Santi; 1-2, min.55: Diego; 2-2, min.57: Fran; 2-3, min.80: Saleta; 3-3, min.85: Antonio.

O Laxe prantou cara e mereciu o empate no Cairo ante un Corme que lle saca 23 puntos de vantaxe. Puntos que non se notaron no campo, e malia que o Corme se adiantaba, ao fío do descanso o Corme empataba. Arrincaba moito mellor o Laxe que se metía por diante ata en dúas ocasións, pero xusto a 5 para o final o Corme anotaba o empate.
Pediu o Corme un gol pantasma, e ademais alomenos dubidaron da decisión do comité de que o colexiado enviado era natural de Laxe, a pesar de que facer, o fixo ben.

Camariñas - Coristanco (0-1)

  • CAMARIÑAS: José Luís, Pose, Martín (Aitor, min.75), Santi, Ariel (Brian, min.80), Carlos, Chicote, Juan, Javi, Sergi, Jose.
  • CORISTANCO: Nacho, Iván (Naya, min.60), Rubén (Suárez, min.50), Navarro, Javi, Brandón, Bértoa (Mosquera, min.80), Pombo (Abelenda, min.70), Joaquín (Falcao, min.75), Joni e Fondo.
  • Gol: 0-1, min.25: Fondo dende lonxe coa axuda do vento.

Partido marcado polo aire. E precisamente o aire era protagonista no único gol do partido, cun tiro de Fondo dende lonxe que era levado polo vento ata a escuadra de José Luís. Por bando camariñán fallou Javi un man a man na primeira e Javi e Jose mandaron ao longueiro dous chutazos na segunda. Ademais, xa co tempo cumplido, nunha serie de 3 córners seguidos (que non supuxeron penalti...) Sergi tivo a ocasión para a igualada. Mereceu máis o Camariñas a pesar de que o Coristanco soubo aguantar.

Cabana - Baio (2-1)

  • Goles: 1-0, min.5: Redondo; 2-0, min.15: Dani Mato; 2-1, min.80: Kevin.

Vitoria xusta do Cabana ante un Baio no que Passtoriza tiña que levar ata 6 cadetes. Pronto encarrilou o choque o potente cadro local con dous goles en 15 minutos. Na segunda metade empezaría o choque sen apuros para o cadro local, pero nos últimos 10 minutos o Baio recurtaba tras unha acción na que o meta cabanés collía o balón a un pase dun compañeiro e Kevin marcaba de falta indirecta. Así e todo, era sen tempo xa para a remontada.

Muxía - Ponteceso (5-1)

  • Goles: 1-0, min.6: Víctor Alcaina; 2-0, min.20: Edi; 3-0, min.35: Víctor Alcaina; 3-1, min.40: Diego; 4-1, min.65: Víctor Alcaina; 5-1, min.75: Josiño.

Con ata 6 baixas do 11 chegaba o Ponteceso a Arliña. Os de Rubén intentaron xogar pero o campo de Arliña non é o máis doado para eles, e o Muxía foi superior e foi foi eficaz. A figura do partido foi Víctor Alcaiana, que ademais do seu hactrick e un golazo de falta incluido, mandou un balón ao pau.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios