mércores. 30.04.2025
El tiempo

2ª FUTGAL: Baio e Soneira protagonizan a penúltima loita viva na Liga da Costa

Porteno-Mazaricos Foto- Jose Campana
Imaxe do fermoso Porteño-Mazaricos na Grixa. Foto- Jose Campaña
2ª FUTGAL: Baio e Soneira protagonizan a penúltima loita viva na Liga da Costa

Coa Liga practicamente sentenciada a falta de 4 xornadas (a vindeira xornada o Camariñas podería cantar o alirón se vence ao Corcubión no Vicente Carril), e co descenso practicamente liquidado (a vitoria do Cee ao Lira deixa ao cadro liracho practicamente sen opcións), a atención céntrase agora na loita pola 3ª praza. O Baio alcanza ao Soneira tras vencer ao Cabana e aproveitar o tropezo dos vimianceses ante o Muros, nun partido condicionado pola grave lesión de Vía. Con todo, o Soneira ten o golaveraxe individual a favor, polo que de rematar agora a Liga sería o equipo de Josiño Abelenda o que ocuparía a 3ª posición que dá acceso á promoción.

Viva tamén está a loita por evitar a terceira praza por abaixo, que podería sufrir un arrastre polo descenso do San Lorenzo. Coristanco (25), Muros (25) e Mazaricos (24) teñen a pelexa moi aberta.

Monte Louro - Outes (1-2)

Monte Louro-Outes-Foto-Edu Olveira

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Rodri, Manolo Chouza, Migueln Verán, Álvaro Fari, óscar Fari, Xián, Luismi, Íker, Fabio. Tamén: Raúl, Brais, David, Rapante e Martín.
  • Outes: Ryan, Paullo, Chía, Martín, Jura, Sanchiño, Adrián, Xabi, Iván, Martín, Keko e Yago Doil. Tamén: Christian, Stefan, Aaron, Veleiro e Alberto.
  • Goles: 1-0, m.10: Keko tras erro de Pedro; 1-1, m.20: Xián de penalti; 2-1, m.20: Keko.

Monte Louro-Outes-Foto-Edu Olveira Iker

Partido frouxo na Agra da Filgueira, sen dominador claro, típico de final de temporada con dous equipos sen moito en xogo. Comezaba o Outes meténdose por diante tras un erro (estrano) de Pedro que non perdoa Keko, pero pouco despois empataban os locais nun penalti que pedían os da Serra fóra da área. Volvía golpear o cadro de Gonzalo, que se metía por diante e tiña un remate de Paullo para ter ampliado a renda.

A segunda non tivo moito ritmo, con poucas ocasións ata o treito final, onde os de Bibi a piques estiveron de empatar, e de seguido os visitantes mandaban un balón ao longueiro de Veleiro.

Monte Louro-Outes-Foto-Edu Olveira gol

Baio - Cabana (2-0)

  • Baio: Rodri, Pablo, Norberto, Damián, Lucas, Aitor Vilas, Carreira, Manu Vila, Rubén, MC e Sergio Antelo. Tamén: Pazos, Josiño, Alex Muíño, Mamadou e Chechi.
  • Cabana: Manu, Migueliño, Cristian (Roi), Ferreiro, Noé, Aarón, Nando, Moreno (Mario), Hugo, Simón (Miki), Pablo (Castro).
  • Goles: 1-0, m.51: Damián; 2-0, m.81: Sergio Antelo.

Primeira parte moi igualada e sen apenas chegadas por ambos lados, cunha nos pés de Simón para os de Óscar Mingui e outra para os de Félix nun man a man de MC que salvou Manu.

Na segunda foi clave o gol de Damián ao pouco de empezar. Intentaron reaccionar os visitantes pero non tiveron claridade ante un serio Baio, que apenas concedeu un par de accións de Migueliño. Xa cos cabaneses envorcados chegaria a sentenza.

Porteño - Mazaricos (1-1)

11 do Porteno CF an Grixa-Foto-Parker
11 do Porteño CF an Grixa-Foto-Parker
  • Porteño: Mariolo, Pejo, Brais Mouzo, Pablo, Iván, Nico, Alfredo, Mayor, Darío, Alan, e Yuyo. Tamén: Miguel, David Pasantes, Miller, Ibra e Carrabete.
11 do Mazaricos CF na Grixa.Foto-Parker
11 do Mazaricos CF na Grixa.Foto-Parker
  • Mazaricos: Íker, Luís Mayán, Borja, Raúl, Matías, Kevin, Brais, Rodri, Bryan, Sandelo e Molinos. Tamén: Fabio, Marcos, David, Pereiro, Alex Calvo.
  • Goles: 1-0, m.35: Alfredo; 1-1, m.60: Rodri.
Borja Sueiro e Mayor co arbitro Marcos Ordonez na Grixa-Foto-Parker
Borja Sueiro e Mayor co arbitro Marcos Ordóñez na Grixa-Foto-Parker

Fermoso partido na Grixa entre dous moi bos equipos, cunha parte para cada un. Comezaba mellor o cadro de Pirucho, dominando algo máis, meténdose por diante (nunha xogada na que os amarelos pedían falta previa) e mandando un balón á cruceta tamén por medio de Alfredo.

Cambiou o conto na segunda, e o Mazaricos comezaba a combinar mellor, ante un Porteño que sufría as lesións de Mayor, Iván e Niquiño. Rodri empataba nunha gran arrancada e pouco despois obriga a Mariolo a facer un paradón. Kevin tamén avisa das intencións dos amarelos e Raúl proba nunha falta a Mariolo, que responde con outra gran intervención.

Coristanco - Camariñas (2-3)

  • Coristanco: Rubén Chechu, Jony, Belar, Prego, Kevin, Damián, Javi, Dani Vázquez, Adrian Pazos e Dani Casti. Tamén Dani Lou e Mateo.
  • Camariñas: Jorge, Víctor, Borja (Hugo), Oliver, Pablo Suárez, Moriño (Carlos), Roi, Javi (Manuel), Soule, Mario e Djibril.
  • Goles: 0-1, m.5: Djibril a pase de Djibril; 1-1, m.26: Kevin; 1-2, m.32: Djibril nun córner botado por Javi; 1-3, m.75: Djibril tras outra gran xogada de Mario; 2-3, m.92: Casti.

A calidade de Mario e o olfacto de Djibril volveron ser determinantes para que o Camariñas quede a un só chanzo do título de Liga. En fronte tiveron os camariñáns un gran Coristanco, que prantou cara ata o final, e iso que xa aos 5 minutos vían como a dupla abría o marcador. A partir de aí os de Iván Vázquez tomaban o mando do partido, empatando por parte de Kevin nunha polémica xogada na cal o Camariñas pediría falta ao porteiro. Terían os locais un bo remate de cabeza Pazos para facer o 2-1 pero sería Djibril de remate de córner o que poría por diante aos camariñáns. Dani Casti tamén tería unha boa ocasión para igualar o encontro nesta primeira metade.

Sairía moi forte o cadro de Juan Cabrejo e Faus na segunda, e se ben Casti avisaba primeiro, enviaban dous balóns á madeira, ata que a 15 do final, era de novo Djibril o que abría fenda no marcador tras outra xogada de Mario. Tivo o cuarto o Camariñas pero foi anulado por fóra de xogo, e o Coristanco aínda o intentou. Tivo un penalti, pero marraría Kevin, e xa no desconto Dani Casti si que acertaría outra pena máxima. Rubén despexaría un gran tiro de Jaavi Antelo no final.

Corcubión - Corme (1-0)

  • Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Gorka, Ra, Alex Díaz, Mario, Marcos, Juan Castreje, Iago Lema e Luís Lojo. Tamén: Jon, Samu Rama, Íker, Martín e Antón.
  • Corme: Quique, Isra, Eloy Villar, Aitor, Mauro, Senén, Xoel, Figueroa, Lucas, Teo e Yago. Tamén: Noel, Brais Pailos, Borja Torrado, Samu Costa e Álvaro Sanz.
  • Gol: 1-0, m.70: Samu Rama.

Partido disputadísimo con dous equipos moi parellos na táboa e no campo. O Corcubión de Ángel Ventanas e Isi saía máis enchufado, xogando máis en campo contrario e obrigando a Quique a aparecer en varias ocasións.

Saía mellor o cadro de Adrián Lema na segunda, tendo agora Bruno o protagonismo, e cando mellor estaban os cormeláns Samu Rama facía un golazo. O Corme apretou os últimos 15 minutos, pero nin estivo acertado cara gol.

Cee - Lira (3-1)

  • Cee: Jorge, Noe, Fontaíña, Roberto, Carlos, Fidalgo, Jonathan, Anxo, Josiño, Eze e Trini. Tamén: Diouck, Óscar, Alex Muíño, Munitis, Jose.
  • Lira: Carlos, Isaac, Raúl, Ángel, Golpes, Lois, Alexandre Beiro, Migueliño, Juan, Oli e Pablo. Tamén: Raúl, Cartamil, Ramón, Christian, Coté.
  • Goles: 1-0, m.42: Eze de penalti; 1-1, m.59: Raúl; 2-1, m.70: Trini; 3-1, m.80: Anxo.

Viña competindo ben o Lira nas últimas xornadas, pero non apareceu onte no San Paio de Refoxos. Comezaba o Cee tendo máis o balón, ante un Lira agazapado, que tiña algunha ocasión sobre todo a balón parado e nun par de contras de Pablo. Pero ao fío do descanso, Eze non marraba un penalti por mans na área rival.

No inicio da segunda os de Óscar Leis presionaban máis alto a saída do balón e iso achegounos o gol varias veces. Así chegaba o empate, nunha presión de Pablo que rouba e cede ara que Raúl anote o empate. Pero o partido se rompía, e eran os de Rafa os que souberon situarse mellor sobre o campo. Trini marcaba no man a man tras unha boa condudión de Eze e pouco máis tarde Anxo tras un rebote en Migueliño faría o 3-1 definitivo.

UC Cee tras vencer O lira
UC Cee tras vencer ao Lira

Ponteceso - Xallas (1-2)

  • Ponteceso: Darío, Juan Rey, Luca, David Castro, David, Javi Souto, Mendieta, Alberto Recarey, Puente, Mara e Eloy Álvarez. Tamén: Brais, Ures, Simal, Neira, e Mario.
  • Xallas: Iván Couto, Ra, García, Asier, Facal, Fidi, Makareno, Rubén Sande, Rubén Blanco, Dani Barbeira, Sergio Barbeira. Tamén: Joel, Adrián López, Adrián Couto, Óscar e Carro.
  • Goles: 0-1, m.11: Rubén Sande remata un córner botado por Dani Barbeira que peitea Sergio Barbeira; 1-1, m.32: Eloy Álvarez; 1-2, m.38: Sergio Barbeira tras unha cesión de Rubén Sande.

Ponteceso e Xallas víanse nun dos partidos máis apetecibles no que queda de Liga da Costa, pero ambos equipos saían contemporizando. Empezaron mellor os visitantes que aínda que lle concederon a iniciativa o Ponteceso a base de fútbol directo dende o porteiro conseguían posibilidades de gol a balón parado sobre todo en corners e puxéronse por diante no minuto 11 por medio dun remate de Ruben Sande.

O Ponteceso dominaba algo máis e empezaría a ter oportunidades ante a defensa adiantada do Xallas, cun Mendieta que creaba dúbidas na media punta. Nunha desas Eloy Álvarez poñeria o 1-1 cun bonito remate ante Couto. Pouco lle durou a alegría xa que os de Doriño volveron a adiantarse no minuto 38 por medio de Sergio Barbeira.

Saía dominador o cadro de Julio Vila na segunda, e puido empatar Mara que só diante de Couto pero este sacoulle o remate. Os da Ponte insistían e os de Santa Comba respondían podendo sentenciar tamén. Xa no desconto, o colexiado expulsaba a Yago Facal e a Iván Couto téndose que poñer Sergio Barbeira as luvas e o brazalete, e mesmo tendo que facer unha boa parada para romper así unha serie de 6 xornadas sen gañar.

Sergio Barbeira heroe do Xallas
Sergio Barbeira, heroe xalleiro

Soneira - Muros (0-0)

  • Soneira: Pity, Maikol, Gusa, Pichi, Adrián Canosa, Javi, Bieiro, Oreiro, Bris Pereira, Richi e Vía. Tamén: Dono, Gabri, Sergio Suárez, Sergio Pérez e Carlos.
  • Muros: Aitor, Martín, Alon, Gesto, Sel, Dani, Xaco, Peski, Benji, Xavi e Alex. Tamén: Javi, Je, Fastu, Ángel e Man.

Partido no que todo quedou nun segundo plano pola grave lesión de Alberto Vía, que rompeu a clavícula que quedará fóra dos campos ata a temporada que vén. Os de Josiño Abelenda terán que tirar de xuvenís e mesmo do cadete Gabri para buscar a promoción de ascenso.

O choque foi moi igualado. O cadro local dominaba ante un serio Muros, que non permitía grandes ocasións, tendo que aparecer Aitor nun par de boas intervencións. Na área contraria, dous bos disparos de Dani dende fóra e un balón que Alex nun córner non metía tras bater o balón nas costas dun rival case en liña de gol, foron as mellores dos de Vinto.

Na segunda estirouse o Soneira, asumindo máis riscos, rompéndose algo máis o partido, e permitindo que houbese algunha ocasión máis nas dúas áreas. Pero os porteiros foron protagonistas, tendo que volver aparecer Aitor en varias ocasións, e tamén Pity, nun man a man a Benji, un centro de Dubert ao que non chegaba Dani, e xa na última do partido unha de Xavi que non acertaba a portería baleira.

Via Rapida con Manel do Soneira SD saindo do Hospital
Vía Rapida con Manel do saíndo do Hospital

Máis info

Todas as crónicas da 2ª FUTGAL

Comentarios