Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: As loitas pola promoción de ascenso e por evitar o descenso manteñen viva a Liga da Costa

Bainas-Muxia-Manu Nogueira-Foto-Marina Busto
Manu Nogueira, celebrando un tanto, foi determinante no Baíñas-Muxía-Foto-Marina Busto
2ª Galicia: As loitas pola promoción de ascenso e por evitar o descenso manteñen viva a Liga da Costa

Quedan 5 xornadas para o remate da Liga da Costa e o Castriz ten o título máis que asegurado, a pesar de sufrir, e moito, para sacar os 3 puntos do San Paio de Refoxos. 13 puntos ten de marxe sobre o Mazaricos e poderá alzarse co título, e conformar o ascenso directo a semana que vén na casa ante o Volantes.

Por detrás, a loita pola promoción e por evitar o descenso segue moi aberta. Por arriba, con Mazaricos e Porteño cos billetes case que asegurados, e o Muxía moi preto de finiquitalo, Outes, Ponteceso e Corme xogaranse a última praza co permiso de Coristancoe Cabana. O Corme mantense vivo tras vencer ao propio Outes nun partido de infarto este domingo no Cairo, pero aínda son 4 os puntos que ten de marxe o cadro da Serra.

Por abaixo, o Volantes sumaba un punto no derbi ante o Muros que lle serve para separarse dun Baíñas que non puido co renacido Muxía. O Muros saca 4 puntos ao Volantes, nesa praza pendente dun posible arrastre.

Monte Louro - Porteño (1-1)

  • Monte Louro: Pedro, Pablo, Miguel Verán, David Pais, Eodri, Abel Rei, Chano, Riki, Óscar Fari e Raú. Tamén: Iago, Javi, Luismi, Álvaro Fari.
11 do CF Porteno en Louro
11 do CF Porteño en Louro
  • Porteño: José, Darío, Pejo, Brais, Rodri, Mayor, Joseba, Pablo, Manoliño (Nico), Alan e Chipi (Saviola).
  • Goles: 0-1, m.77: en propia a tiro de Darío; 1-1, m.89: Óscar Fari remacha un remate de Chano nun córner.

Monte Louro-Porteno-Foto-Edu Olveira

Partido feo, moi trabado, con poucas ocasións e moitas interrupcións, e pouco fútbol. A expulsión de Pejo ao comezo da segunda non impediu que o cadro da Ponte fose mellor na segunda, e empurrou máis, tocando algo mellor, e tendo algunha ocasión ata que o balón entraba nunha xogada con fortuna. Os loureáns viñéronse arribapero as mellores ocasións eran dos visitantes, como unha falta de Saviola ao longueiro, un córner directo de Mayor que sacou Pedro, ou un man a man que fallou Darío.
Cando xa ninguén contaba co empate, sobre todo despois de que tamén saía expulsado Riki, un córner (unha das cousas pendentes deste Porteño) sería remachado a gol polos loureáns para acadar o empate.

Monte Louro-Porteno-Foto-Edu Olveira Iker

Mazaricos - Coristanco (3-2)

  • Mazaricos: Ángel, Borja, Raúl, Pereiro, Brais Canosa, David, Marcos, Rachón, Sandelo,Molinos, Kevin. Tamén: Sanchiño, Raúl Castelo, Iago e Luís Mayán.
  • Coristanco: Rubén, Jonathan Fraga, Sergio Lorenzo, ERegueira, Rubén Rial, Pazos, Erre, Loureiro, Dani Vázquez, Casti e Rodrigo. Tamén: Kevin, Bermúdez, Alex Lñópez, Ferreiro e Ángel.
  • Goles: 1-0, m.33: Rachón aproveita un balón morta na área; 1-1, m.34: Rodrigo; 2-1, m.46: Kevin aproveita un tiro ao poste de Rachón; 3-1, m.75: Iago; 3-2, m.77: Álex Lópe<.

Partido moi disputado, cun Mazaricos moi dominador, tendo moitas máis chegadas, sobre todo na primeira metade. Mandou pronto Sandelo ao longueiro, Rachón tivo un man a man que salva Rubén cun paradón. Chegaba o gol local á media hora, pero ao seguinte minuto, Chechu métese por banda, e o cadete Rodrigo, dianteiro de 15 anos que ten o don do gol, remacha a gol.

Nada máis saír na segunda, un roubo en tres cuartos permite a Kevin facer o segundo para os locais. Cambia o plan de partido e o cadro de Marcos ponse a tocar con calma, ante un cadro de Cali que vai vindo arriba, tendo presenza en área contraria pero deixando moitos espazos atrás. Iago fai o 3-1, de contado Alex López recorta, pero o Coristanco que quedaba con 10 pola lesión Jonathan, malia que aínda tiveron un último balón colgado para acadar o empate.

Corme - Outes (4-3)

  • Corme: Quique, Brais Pailos, Dani Reigía, Teo, Hugo Paredes, Borja Torrado, Miguel, Noel, Mauro, Isra e Alejo. Tamén: Adrián, Yago, Borja Seoane, Senén e Xoel.
  • Outes: Dani, Jura (Marcos Oredea, Chía, Martín, Keko, Babu (Adrián), Veleiro (Stefan), Iván (Claudino), Pablo, Yago Dosil (Aarón I.) e Ryan.
  • Goles: 0-1, m.8: Yago Dosil a pase de Ryan; 1-1, m.40: Alejo; 1-2, m.43: Chía; 2-2, m.55: Alejo; 3-2, m.63: Isra; 4-2, m.80: Yago; 4-3, m.91: Keko.

Partido de alta tensión na loita pola promoción, cun Corme que chegaba tras unha longa mala serie de resultados e un Outes que chegaba á alza. E o partido comezaba esperanzador para os de Alex Romero, que malia xogar contra o vento comezou moi ben, marcando pronto. Pero foi un espellismo. O Corme de Adrián Lema, con moitas baixas pero as ideas moi claras, estaba firme cun bloque medio alto, presionando arriba, Froito deste dominio Alejo acada a igualada cun remate a un centro lateral. Pero un gol de Chía ao recoller un balón solto tras un córner deu fin a primeira metade na que os da Serra sacaron mais rédito que xogo.

O partido virou complentamente na segundo período, cun Corme moito máis aguerrido e intenso, que de contado deu a volta ao marcador. Parecía outro partido, e a base de intensidade os locais se metían cun claro 4-2, que os visitantes non puderon reverter, protestando ademais a permisividade arbitral.

Camariñas - Ponteceso (2-2)

  • Camariñas: Pablo, Brais, Roi, Oliver, Soule, Moriño, David (Julián), Hugo (Nazo), Víctor (Manuel), Mario e Djibril.
  • Ponteceso: Samuel, Juan Rey, Pedro, Luca, Ángel, Raúl, David Castro, Mednieta, Alberto Recarey, Javi Souto, Eloy Álvarez. Tamén: Álvaro, Ures, Cotelo, Neira e Martín.
  • Goles: 0-1, m.1: David Castro; 0-2, m.10: Raúl; 1-2, m.60: Djibril tras unha xogada de Mario e centro de Soule.; 2-2, m.86: Roi.

O Vicente Carril acolliu o partido entre o Camariñas e o Ponteceso adiantado á mañá do domingo. Empezaban mellor os visitantes con un gol xa no primeiro minuto obra de David Castro. Os locais amosábanse perezosos nestes primeiros minutos do encontro o que lles levou a encaixar outro gol no minuto 10 obra de Raúl nunha contra moi ben levada polo Puenteceso. Os visitantes eran netamente superiores ante un equipo local que só conseguía chegar pola banda esquerda con Mario e Souley como única opcion en ataque. O Ponteceso poido aumentala conta por medio de oportunidades nos pés de Alberto Recarey e Eloy Álvarez nos últimos minutos deste primeiro tempo pero non foi quen.

Tralo descanso os locais deron un paso adiante e melloraron en ataque, comezando ademais a gañar duelos gracias a aumentar a intensidade. Froito desa mellora chegou o gol de Djibril ao cuarto de hora reducindo distancias e metendo emoción o partido. Os locais aumentaron o dominio e a presión na busca do empate na última media hora de xogo .Empate que ben merereron por dito dominio e por oportunidades ante un Ponteceso incapaz de chegar a portería contraria na segunda. As baixas de Javino e Daniel Cotelo por lesión penaron moito aos visitantes, e no minuto 86 chegou o empate definitivo por medio de Roi que facía xusticia o acontecido nesta segunda parte.
Reparto de puntos que non deixou contento a ningún dos dous equipos que intentarán optar a esa última praza que poida quedar para a fase de ascenso nestas últimas cinco xornadas.

Volantes - Muros (2-2)

  • Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Ayuba, Javi, Rama, Kevin Rajou, Teijo, Manu de Yi, Barreiro, Raúl, Borja. Tamén: Adri Abeijón, Oladipo e Kevin Waldomar.
  • Muros: Ginky; Dubert, Samuel, Gesto, Juanchy; Pelos, Xaco, Pesky; Xavi, Aliños e Jesús da Meca. Tamén: Xandre, Flavio, Javi Pugil, Kin e Ángel.
Martina Fernández Lago e Martina Lago campionas muradans coa Sub11 da Selecciond a Costa
O partido comezaba coa homenaxe a Martina Fernández Lago e Martina Lago, campionas galegas coa Sub11 da Selección da Costa

Fermoso derbi no Eleuterio Balayo cun ambientazo fantástico nas bancadas. Comezaron moi enchufados os laranxas de Gus, facendo boas combinacións e chegando ben arriba, tendo 2-3 ocasións, nos pés e na cabeza de Josiño e Borja, e un par de tiros de Teijo e Raúl. Os muradáns buscaban balóns longos de Pelos a Xavi.

Na segunda, o cadro celeste veuse máis atrás, e os laranxas apretaron durante os primeiros 25 minutos. Pero co paso dos minutos, os de Vinto, mellores fisicamente, foron cambiando a situación e acabaron tendo 3-4 boas ocasións para levar a vitoria.

Cee - Castriz (2-3)

  • Cee: Yago, Oreiro, Jonatan, Borja, Iago Trillo, Bujeiro, Jose, Adam, Isma, Eze e Bruno. Tamém: Jorge, Anxo, Carlos e Isaías.
  • Castriz: Coke, Rodo, Fabián, Samuel, Anxo, Marcos Mouro, Iván Facal, Alberto Mata, Adrián García, Iván Pastoriza e Braulio. Tamén: Elvis, Sebas, Noli, Álvaro e Piñeiro.
  • Goles: 0-1, m.9: Adrián García; 1-1, m.22: Bruno a pase de Adam; 1-2, m.55: Bruno; 2-2, m.71: Adrián García a centro de Iván Pastoriza; 2-3, m.84: Sebas a centro de Adrián.

Partido moi entretido que puido caer para calquera dos dous bandos, cun gran Cee que prantou cara a todo un Castriz. Non se sentiu cómodo o Castriz nun campo tan grande, se ben ao principio os xalleiros roubaban ben e chegaban arriba, marcando o primeiro tanto. Pero nunha contra, Bruno bateu a Coke.
Na segunda, o Cee co vento a favor comezou a facer dano, e impedindo que o Castriz tiveses posesións longas. Aí Bruno facía o segundo tanto. A partir do 2-1, o Castriz sacouse as esposas e comezou a carburar, con máis corazón que cabeza, e comezou a xerar ocasións, se ben á contra, Eze e Bruno puideron sentenciar. Pero o poderío do Castriz notouse con varias chegadas por banda, com ochegarían os dous goles que lle serven aos de Miguel Chouza para quedar a un partio de cantar o alirón.

SD Castriz celebrando a vitoria en Cee
SD Castriz celebrando a vitoria en Cee

Baíñas - Muxía (0-3)

Bainas-Muxia- Foto-Marina Busto 2
Foto-Marina Busto
  • Baiñas: Joel, Carlos, Maikol, Manuel, Raúl, Fabián, Adrián, Cristian, Ruli, Kevin e Brandon. Tamén: Dylan, Rodrigo, Marcos e Santi.
  • Muxía: Ángel, Peski, Adrián Baamil, Anxo, Congui, Manu Martínez, Hugo Haz, Mauro Romaní, Víctor Alcaina, Julián e Manu Nogueira. Tamén: Fran Moreira, Mario, Darío, Javi Vilela e David.
  • Goles: 0-1, m.57: Manu Nogueira; 0-2, m.66: Fran Moreira; 0-3, m.95: Manu Nogueira.

Bainas-Muxia- Foto-Marina Busto

Vendeu cara a súa pel o Baíñas a pesar do resultado, demasiado abultado parao visto no terreo de xogo. O cadro de Roski, saía contra vento, esperando atrás e esperando algunha contra ou algunha ocasión a balón parado. O Muxía, no que debutaba o porteiro xuvenil Ángel (saltaron 5 xuvenís ao campo de Arliña) e no que volvía Peski tras unha lesión de 7 meses, tiña o balón, pero non acababa de ter profundidade. Aguantaban os locais que mesmo tiveron un bo remate de cabeza de Maikol para poñerse por diante.

Saíron a presionar arriba os de Roski na segunda, intentando incomodar aos muxiáns na saída do balón, pero Manu Nogueira aproveitou eseses espazos para facer das súas, decidindo o partido ao seu antoxo, xogando, facendo xogar e marcando, ademais.

Bainas-Muxia-Peski-Foto-Marina Busto
Peski volveu aos campos 7 meses despois-Foto-Marina Busto

Camelle - Cabana (2-3)

  • Goles: 1-0, m.19: Pablo Calvo; 1-1, m.60: Pablo Pose; 1-2, m.65: Ferreiro; 1-3, m.81: Miguel Blanco; 2-3, m.89: Sergio.

Partido con alternativas xogado o sábado, que o Cabana enderezou na segunda metade. Intentouno o Camelle no treito final, pero non foi quen de sacar nada positivo.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios