Sábado. 27.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: Pelexando a promoción

Muxia-Camarinas-foto-Jose Campana
Muxía-Camariñas-foto-Jose Campaña
2ª Galicia: Pelexando a promoción

24ª xornada, quedan 6 por diante e o Castriz saca 13 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, o Mazaricos. Non fallaron os xalleiros ante o Baíñas; si fallou o Mazaricos que non pasou do empate en Outes poñendo en bandexa o título ao cadro de Miguel Chouza, que mesmo podería cantar o alirón a vindeira semana se gaña en Cee e fallan tanto Mazaricos (xoga en Coristanco) como Porteño (en Louro).

Pero quedan duas fermosas loitas abertas. Por arriba, co Mazaricos e Porteño practicamente coa promoción asegurada, a 4ª e a 5ª praza están máis abertas que nunca, sobre todo despois da vitoria do Camariñas en Arliña. O Muxía ten 43, os mesmos que Outes, e con 40 chega con forza o Ponteceso con 40 e o Coristanco con 37. De arriba abaixo vén o Corme, con 36 tras sucumbr na Grixa. Camariñas e Cabana con 24, aínda soñan con meterse.

Rómpese aí a táboa, Monte Louro e Cee sumaban dous empates moi importantes (o de Cee en Muros) para abrir unha feda cos 4 de abaixo, que pelexarán nestas xornadas por evitar o descenso directo e quedar o máis alto posible para safar de posibles arrastres.

Ponteceso - Monte Louro (3-1)

  • Goles: 1-0, m.27: Eloy Álvarez; 1-1, m.32: Íker; 2-1, m.70: Martín Puente de penalti; 3-1, m.79: Alberto Recarey.

 SD Ponteceso-UD MOnte Louro-Foto-Edu Olveir 3

O partdo empezou con pouco ritmo de parte a parte quizas levando mais a iniciativa o equipo local ante un Monte Louro que esperaba en medio campo para saír á contra. Poucas oportunidades nestes primeiros minutos no que os porterios apenas eran protagonistas. A media chegaría o primeiro gol do partido despois dunha boa xogada dos locais por banda esquerda que materializaria Eloy Alvarez. Case a continuación Iker Lado poñeria o 1-1 cun gran disparo lonxano que rebotou nun defensa local e ante o que non poido facer nada Damián. O Ponteceso dou un paso adiante tratando de desfacer o empate e chegando con máis perigo á meta defendida por Pedro, que a pesares dos goles locais, estivo inconmensurable toda a tarde, sacando xa na primeira parte un gran remate de Recarey a corner e despois na segunda un de Eloy Alvarez coma quen di a "bocajarro" e unha falta que tirou Alberto Recarey ,facendo duas paradas excepcionais.

SD Ponteceso-UD MOnte Louro-Foto-Edu Olveira 2

O Monte Louro reclamaría un penalti bastante claro cerca do descanso e de penalti adiantariase o Ponteceso por medio de Martín Puente no minuto 70 facendo xusticia o dominio visitante o longo da segunda parte.No minuto 79 chegaria a sentencia definitiva con un gran disparo dende fora da area o que desta vez Pedro si que non poido facer nada. O Monte Louro apenas tivo opcións nesta segunda parte agás algunha que outra xogada a balón parado.

SD Ponteceso-UD MOnte Louro-Foto-Edu Olveira

Outes - Mazaricos (0-0)

Partido moi igualado, no que ambos equipos estiveron moi serios en defensa, e non houbo moito xogo. O vento e o mal estado do céspede impediu aos amarelos facer o seu fútbol habitual. Durante a primeira metade o Mazaricos tentou de levar o peso do partido co dominio do balón, pero atrás os da Serra se defendía perfectamente cunha gran intensidade, intentando lanzar algunha a través de Keko e Yago Dosil, mentres que Kevin e Rachón foron os que tentaron intimidar a área local pero sen éxito.

A segunda metade mudou o encontro. O Outes presionaban mellor e saía á contra, pero sen poder poñer en apuros a o meta Dani. Houbo un tanto anulado por cada bando, antes da mellor ocasión do partido, un balón de Rachón ao poste. Yago tivo remate na outra área pequena que sae pegado ao poste, e tamén desperdiciaría unha xogada que remataba de cabeza con tempo para tela controlado.

Muxía - Camariñas (0-3)

Mario no Muxia CF-Camarinas FC en Arlina-Foto-Marina Busto
Mario no Muxia CF-Camarinas FC en Arliña-Foto-Marina Busto
  • Goles: 0-1, m.25: Mario; 0-2, m.29: Djibril; 0-3, m.72: Soule.

Estivo mellor nas áreas o camariñas e levou o derbi de Arliña. Os de Nando e Fran Toba están notando demasiado as baixas como as de Manu Nogueira e levan 4 partidos sen gañar.

Desta volta, a pesar do bo comezo dos locais, o Camariñas foise facendo co partido, a través dunha gran defensa, e controlando o ritmo de xogo, con Soule, Mario e Djibril que superaban unha e outra vez á defensa local. Avisaba Mario aos 20 minutos cunha internada e un centro para que Djibril perdoase o primeiro. Á segunda, centraba Soule e era Mario o que cabeceaba a gol. Apenas 4 minutos despos, gran centro de Víctor que remata Djibril ao primeiro toque facendo un golazo de killer. Aínda tivo unha Mario para ampliar, pero tamén o Muxía puido recurtar un man a man que salvou un espectacular Pablo.

O Muxía na segunda intentaba empurrar co vento a favor, pero o Camariñas aguantaba e cada vez que liberaba ao seu tridente, era sinónimo de perigo. Djibril mandaba fóra, Mario obrigaba a Domingo a aparecer pero á terceura Soule facía o terceiro e definitivo, que volve dar esperanzas aos de Juan Cabrejo e Faus.

Muxia CF-Camarinas FC en Arlina-Foto-Marina Busto 2
Muxía-Camariñas en Arliña-Foto-Marina Busto

 

Cabana - Volantes (5-1)

  • Goles: 0-1, m.43: Raúl Lestón; 1-1, m.45: Xabier Parga; 2-1, m.50: Simñon; 3-1, m.53: Simón; 4-1, m.57: Simón; 5-1, m.73: Pablo Pose.

Aguantou ben o Volantes a primeira metade, competindo man a man cun bo Cabana, e mesmo conseguía poñerse por diante cun tanto do ex esteirán Raúl Lestón. Pero o cadro local conseguía empatar xusto sobre o pitido final da primeira metade.

Na segunda, co vento a favor, o Cabana parecía un furacán e Simón facía 3 goles en 7 minutos para deixar o partido listo.

Muros - Cee (2-2)

  • Goles: 0-1, m.41: Bruno nun córner botado por Eze; 1-1, m.44: Dani Jurjo; 2-1, m.66: Dani Jurjo; 2-2, m.85: Adam a pase de Anxo.

Partido de alta tensión no Eleuterio Balayo, co descenso enriba da mesa. O Cee comezou mellor, dominando o balón e avisando con varias ocasións de Bruno a pase de Eze. A dupla fisterrá daba conta da súa eficacia e Bruno remataba un córner botado por Eze para abrir o marcador, pero xusto sobre o desconto Dani Jurjo acadaba o empate.

Comezaba a segunda e Dani Jurjo facía o segundo para os locais. O Cee tiña que tomar o mando do partido, e con Eze un punto máis atrás como xefe de operacións, comezou a dominar. Pouco a pouco ían cercando máis a meta visitante ata que xa no treito final, Adam aproveitaría unha deixada de Anxo para marcar e firmas as táboas.

Porteño - Corme (5-1)

  • Goles: 1-0, m.7: Joseba; 2-0, m.31: Alan; 3-0, m.45: Chipi; 4-0, m.66: Chipi; 4-1, m.70: Adrián de portería a portería; 5-1, m.82: Brais Mouzo.
Porteno e Corme na Grixa-Foto-Parker
Porteño e Corme saltando ao céspede da Grixa-Foto-Parker

Non foi un partido plácido a pesar do resultado. O Corme, a pesar das baixas, tivo momentos de gran intensidade, pero non puido cun Porteño moi acertado. Adiantouse pronto o cadro de Cousillas, pero o Corme tivo algunha para empatar. Pero no treito final Alan e Chipi facían dous golazos, que provocaban unha baixada de tensión nos locais. O gol visitante foi do porteiro Adrián, que lanzaba un balón longo que lle botaba mal a Jose e se lle colaba.

Coristanco - Camelle (5-1)

  • Goles: 1-0, m.8: Rodrigo nun man a man; 2-0, m.20: Dani Vázquez dende lonxe; 3-0, m.37: Erre; 4-0, m.54: Regueira nun córner; 5-0, m.57: Kevin nunha contra; 5-1 m.65: Sergio.

Foi superior o Coristanco de Cali, que segue demostrando unha gran calidade e un gran momento de forma. Bos goles dos locais na primeira pero tamén o Camelle de Sergio puido recurtar na primera, pero seguen negados cara gol e así o están pagando.
10 empates suman os verdes no que vai de temporada, buscando colarse na promoción.

Castriz - Baíñas (2-0)

  • Goles: 1-0, m.24: Sebas de penalti feito a Braulio; 2-0, m.78: Iván Facal.

Entre a Festa do Cocido do sábado e saber o empate do Mazaricos, o cadro xalleiro saíu sen a intensidade habitual. Os de Roski esperaban atrás deixando o balón ao líder, e impedían ocasións. Só un dos clásicos slaloms de Braulio conseguía provocar un penalti para abrir a fenda vimiancesa. Non cambiaron o guión os visitantes que seguían esperando e intentando algunha contra como unha boa internada de Marcos ao que non chegou Fabián.

Si que se estirou algo máis polo empate o Baíñas e aí chegaban máis ocasións nas dúas áreas, como unha que salva Joel e outra que lle salva Coke a un bo tiro de Fabián tras unha cesión de Brandon. No treito final, Iván Facal sentenciaba. Segue competindo moi ben este Baíñas, pero non acaba de saír da zona perigosa.

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios