Domingo. 28.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Sofán B e Soneira manteñen a loita viva polo ascenso directo

Sporting Zas-CF Lira en San Andres-Foto-Noe Tourinan
Sporting Zas-CF Lira en San Andres-Foto-Noe Touriñán
3ª Galicia: Sofán B e Soneira manteñen a loita viva polo ascenso directo

Dúas guerras quedan tamén abertas na 3ª Galicia. Mentres o Xallas segue ao seu, co obxectivo xa claro de rematar invicto a campaña, Sofán B e Soneira manteñen viva a pelexa pola 2ª praza de ascenso directo. O cadro cadro carballés ten 2 puntos de vantaxe, pero o golaveraxe teno o Soneira, polo que calquera tropezo vaise pagar caro.

No seguinte vagón, 6 equipos (e mesmo o Seaia podería acabar entrando) pelexan polas 3 restantes prazas de promoción. O Corcubión case que asinou o pase vencendo a un rival directo como o Oza no Cubaleiro, nun auténtico partidazo. O Oza ten aínda así algo de marxe, sendo a 6ª praza do Lira a que mantén aos Malpica, Cerqueda e Zas en vilo. De feito, esta semana o Lira salvou un escollo importante para manterse aí, acadando un empate valioso en San Andrés, ante un Zas que vén de abaixo arriba. Cerqueda e Seaia empataban impedindo restar co cadro liracho.

Seaia - Cerqueda (2-2)

  • Goles: 0-1, m.15: Joel; 1-1, m.20: Charro; 1-2, m.61: en propia; 2-2, m.70: Charro de fermosa falta.

Intenso derbi o vivido en Pedra Queimada. O choque non tería un dominador claro, se ben as mellores ocasións eran do bando visitante, que se adiantaba por medio de Joel. Empataría Charro nunha boa xogada dos de Dani Calvete.

Na segunda parte a tónica foi similar, pero as ganas de ganar de ambos fixo que se descuidaran as defensas e as ocasións caian continuamente. Volveuse a poñer o Cerqueda por diante cun gol en propia meta tras un saque de banda. Volveria empatar Charro de falta directa, unha falta moi protestada polos visitantes. Dúas moi claras malogrou o Cerqueda para gañar o partido, pero na última aínda puido caer do lado local nunha xogada con ata 3 rexeites.

Zas - Lira (1-1)

  • Goles: 0-1, m.47: Ramón; 1-1, m.73: Brais.
Sporting Zas-CF Lira en San Andrés-Foto-Noe Touriñán
Sporting Zas-CF Lira en San Andrés-Foto-Noe Touriñán

Fermoso e igualado partido o vivido en San Andrés entre dous aspirantes á promoción. O Zas tiña máis o control do balón, ante un Lira ben armado atrás e buscando enganchar ben cos xogadores de arriba. Polo que os primeiros compases do partido houbo moito mediocampismo e pouco xogo en áreas. Si houbo achegamentos pero ben descartadas polas defensas dos dous equipos, as ocasions salientables nesta primeira parte foron os córners.

Tras o descanso o partido mudou e abreuse moito mais o partido. O cadro liracho enganchou unha boa contra moi pronto e Ramón adiantaba aos seus. O Zas empurraba e empurraba e metía atrás ao Lira, tendo varias ocasións como dous balóns á madeira de Brais e Dani Mato, e un par de remates que salvaba Raúl. Porén Amoedo mandaba un remate a unha falta lateral ao longueiro e do que puido ser o 0-2, pasouse ao empate, cun tiro de Brais nunha falta lateral. O Zas, coa inercia, seguiu percutindo pero Raúl ganoulle a partida a Javi Suárez nunha última ocasión.

Sporting Zas-CF Lira en San Andres-Foto-Noe Tourinan 3
Sporting Zas-CF Lira en San Andres-Foto-Noe Touriñán

Nantón - Sofán B (0-2)

  • Goles: 0-1, m.33: Nachete de tiro cruzado; 0-2, m.85: Adrián Vázquez.

Partido igualado na primeira metade sen ocasións, cun Sofán que non se adaptaba ao céspede de Fontiñas, esvarando continuamente. O Nantón aguantaba ben, sen sufrir demasiado, e respondendo ás segundas xogadas con forza. Tivo Mario Vila un par de chegadas e Manu Vila, pero só Nachete acertaba aá media hora. Tamén o Nantón, buscando as peiteadas do punta, mesmo metendo atrás ao cadro carballés.

Na segunda abriuse algo máis e se ben os locais tiveron un par de boas ocasións para empatar, a expulsión do capitán cabanés, case que finiquitou o partido cun tanto á contra.

Corcubión - Oza (2-1)

  • Corcubión: Bruno, Martín, Fuentes, Mario, Isaac, Goche, Gorka, Borjita, Nando, Lema e César. Tamén Víctor e Antu.
  • Oza: Brais, Moreno, Alberto, Diego (Javier), Casais, Lavandeira, Alex Freire, Archi (Dani), Edu (Aron), Abib e Hugo.
  • Goles: 1-0, m.8: Mario de penalti; 1-1, m.62: Moreno remata unha xogada a balón parado; 2-1, m.82: César Lojo nunha contra.

Partido de poder a poder no que ningún dos dous equipos quixo arriscar demasiado e no que houbo demasiado xogo directo pero poucas ocasións claras. A primeira foi para os locais, balón en profundidade a Iago que pon o pase da morte e cando César ía rematar o barre un defensa visitante. Penalti transformado por Mario para o 1-0.

Tralo paso por vestiarios o Oza viríase máis arriba faría o gol do empate. Ambos equipos intentaron levar o partido pero non houbo demasiadas ocasións claras. Cando parecía que ía rematar en empate, que tería sido máis xusto, César aproveita un balón que se lle escapa das mans ao porteiro carballés para facer o definitivo 2-1.

 

Xallas - Malpica (3-1)

  • Goles: 1-0, m.17: en propia tras un centro de Rubén Blanco; 1-1, m.23: Alberto Hombre marca un golazo de falta; 2-1 m.61: Rubén Blanco; 3-1, m.78: Asier marcou un golazo dende 35 metros.

Atoupouse de novo o Xallas un equipo ben replegado, que comezaba con moita forza, con moito ritmo, sorprendendo moito aos xalleiros. Tivo varias ocasións pero non acertou. Atacaba tamén o Xallas pola banda de Adrián Forján, pero cando mellor estaban os locais chegaba o tanto en propia que adiantaba os xalleiros. Non sei veu abauxo os cadro malpicán que recurtaba cun golazo de falta de Alberto Hombre.

No descanso tivo que saír Hombe e Pose e o cadro de David Baña notouno. O Xallas estaba mellor colocado e dominaron con máis solvencia a pesar de quedar con 10 pola expulsión de Steven.

Laxe - Soneira (2-5)

  • Goles: 0-1, m.25: Oreiro; 1-1, m.43: Cheti; 2-1, m.44: Bieito; 2-2, m.55: Vía; 2-3, m.57: Richi; 2-4, m.72: Richi; 2-5, m.90: Vía.

Tras unha primeira metade igualada, na que o laxe era quen de remontar nun estirón ao fío do descanso, aparecía a calidade dos irmáns para sentenciar pola “vía rápida” o partido.

Pereiriña - Ameixenda (2-0)

  • Goles: 1-0, m.39: Antón Lestón de golazo de falta directa; 2-0, m.82: Miguel.

Derbi con pouca história cun Pereiriña dominador e con moitas ocasións pero sen materializar. Unhas veces con boas intervenciòns do porteiro rival e outras por falta de acerto, o Ameixenda mantíñase no partido, ata que apareceu o guante de Antón Lestón para abrir a lata. No segundo tempo o partido transcurría igual con moitas chegadas pero tamén para o cadro do Ameixenda, que tivo o empate pero salvouno Isma. Xa no 82 sentenciaría Miguel.

CRÓNICAS DA 3ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios