Martes. 19.03.2024
El tiempo

Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro"

Ivan Castro Duda defensa do Cabana
Iván Castro, "Duda", o capi do Cabana-Foto: David Castro
Duda: "En ningún momento baixaremos a garda, sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto vale ouro"

O Cabana segue en dinámica positiva e intenta escapar do pozo, pero mirando cara bastante arriba por si hai descensos que os poidan meter novamente en problemas.
O capitán Iván Castro, máis coñecido como “Duda”, fálanos do complicado inicio de liga, e da forza que teñen en pelexar cada partido a pesar da xuventude que teñen para a categoría.

 
  • QPC: Que expectativas había esta tempada, cas importantes baixas que sufrichedes este verán?

Bueno, sabíamos que non ía ser fácil porque era unha liga nova e máis disputada e somos un dos equipos máis novos da categoría. Marcháronnos 3 xogadores fixos na plantilla, que nos daban gol e seguridade.

 
  • QPC: Despois da tempada pasada, que erades un equipo gañador, a esta que estades sufrindo máis. É difícil cambiar o chip?

A verdade é que o ano pasado fixemos un temporadón, co ascenso e final de Copa, que disfrutala era o premio máis grande para nós e a nosa xente. Sabemos do que somos capaces, e non empezamos ben a liga por fallos inocentes e tamén de ser novos nesta categoría, e os equipos son máis duros mentalmente e fisicamente. Pero sabiamos o que tiñamos que facer e sabemos que somos capaces de loitar e sufrir ó mismo tempo, e entre todos cambiamos e sabemos que podemos pelexar con calquera equipo.

 
  • QPC: Lográchedes 10 puntos ante rivais directos como Zas e Buño, o golaveraxe gañado é un detalle moi importante?

Si, tiñamos eses dous partidos apuntados de vital importancia, coma todos pero eses 2 moitos máis. Sabíamos que de perder estaríamos moi afundidos, pero desta segunda volta só perdemos 1 partido ante o líder Esteirana. É un plus que os gañáramos sabendo o que nos expoñiamos no caso de non facelo.

 
  • QPC: Xa tedes unha marxe co descenso directo, pero sempre existe o perigo dos temidos arrastres. Iso fai que non baixedes a garda?

En ningún momento baixaremos a garda sabendo que pode haber entre 2 ou 3 arrastres e que cada punto e cada vitoria é ouro. Por iso cada vez estamos máis confiados en pelexar cada partido coma se fose o último e sabendo que cada punto que perdamos, máis difícil o teremos.

 
  • QPC: Estás plenamente dacordo cos puntos que tedes, ou cres que hubo partidos nos que puidéchedes rascar máis?

Bueno, se son sincero houbo en partidos que non estivemos en ningún momento, pero en 5-6 partidos perdemos por fallos inocentes e sobre todo por mala sorte onde os paos e algunha decisión arbitral nos condenou (que non é éxcusa, nin culpa deles, claro está).

 
  • QPC: Pronto empezará novamente outra edición da Copa da Costa, difícil repetir a heroica pasada, foi algo histórico?

Difícil si que o é, pero non imposible e sobre todo neste deporte coma é o fútbol, pero darémolo mellor que temos en cada partido.
Pois si que foi histórico, porque para nós como somos novos ninguén pensaba en xogar unha final de Copa da Costa, e o bonito que é coma unha final de Champions, que moita xente máis veterana non tuvo a sorte de xogar ningunha. Pero oxalá se volva repetir, e sabemos que somos capaces de facelo.

 
  • QPC: Un equipo como o Cabana con tanta categoría base, é importante ver que se reflexe no equipo senior, e por sorte así se fai?

A categoría base do Cabana é importante tanto coma para axudarse entre nós e coma club, que non todos os clubs por mala sorte ou por falta de rapaces non teñen tantas categorías. Para nós, como equipo senior, os xuvenís que veñen son importantísimos, son uns fixos xa na plantilla e sen eles todo sería moito máis difícil gañar os partidos, como o estamos a facer. É todo un orgullo telos con nós a todos.

 
  • QPC: Aparte da responsabilidade de ser capitán do equipo, encárgaste das crónicas para a activa páxina de Facebook Cabana Soc Dep. Que é mais difícil, xogar ou ser obxectivo nas crónicas?

Pois non che sabería dicir moi ben. Xogar tes unha responsabilidade de axudar e ser axudado e dar o mellor de ti cada minuto e cada partido.
Nas crónicas intento reflexar sempre as cousas máis importantes e xogadas claras e algunha polémica se é moi clara. Pero vaia, gústame facelas, sintome coma un periodista jajajaja.
Das dúas cousas estou orgulloso de axudar a este gran club.

Os traballadores na sombra

ENTREVISTAS do Fútbol da Costa en QPC

Comentarios