Sábado. 27.04.2024
El tiempo

FUTFEM: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso

Corme-Cerqueda no Cairo-FotoFin Lema
Imaxe do Corme-Cerqueda no Cairo-Foto: Fin Lema
FUTFEM: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso

Tres vitorias costeiras, por primeira vez no que vai de temporada, para as nosas da 2ª Galega. O Cee venceu a un roval da zona morna e se mantén sen perigo; o Xallas goleou ao Silva e queda a 6 puntos do 3º posto; e as Miúdas demostraron estar un paso por diante das pechacancelas, sumando a súa vitoria do ano.

Na Liga da Costa, a gran novidade foi o empate que conseguiu o Camariñas ante o poderoso Dumbría. O cadro dumbriés deixa escapar dous puntos e o Corme, que sufría pero non fallaba ante o Cerqueda, saca 3 xa ás dumbriesas no ato da táboa.
O Muxía non quere perder comba e se mantén a 4 do liderato e agora a 1 do Dumbría, completando ese trío de cabeza.

2ª Div. Feminina, Gr.1, xornada 19

Xallas - Silva (5-0)

  • Xallas: Rosio; Carla, Alicia, Saskia, Andrea Otero; Maria, Barcia, Barbeira; Noelia, Olalla e Claudia Facal. Tamen xogaron: Michelle, Laura, Valeria, Inés e Daniela.
  • Goles: 1-0, m.5: Olalla; 2-0, m.10: Olalla; 3-0, m.15: Paula Barcia; 4-0, m.40: Olalla; 5-0, m.60: Noelia dende fora da área.

Rotundo triunfo do Xallas. O conxunto verde venceu por 5-0 á Silva SD nun encontro que comezou dominando dende o principio. Xa nos primeiros compases do encontro, dous córners consecutivos alertaban da superioridade ofensiva que demostraría o equipo de Santa Comba durante todo o encontro. Olalla xa marcaba dous nada máis comezar e completaba o seu triplete antes do descanso.
Nunha segunda parte con moitos trocos e con cambios de debuxo nas xalleiras, o partido foi un pouco máis pausado con posesións máis longas pero sin tanta insistencia na área rival, Noelia faría o quinto da tarde cun gol dende fora da área que nada poido facer a meta visitante.

Cee - Brexo Lema (1-0)

  • Cee: Sharay Caamaño, Lucía Rod., Lucía Facal, Alba, Nerea, Paula Veiga, Saray Duarte, Nayara, Martínez, Laura e Sabela. Tamén: Uxía e Sieira.
  • Gol: 1-0, m.28: Paula Veiga.

Un gol de Pauliña Veiga, e xa van 14, serviu para que o Cee sumase 3 puntos fundamentais ante un equipo da zona morna. As ceenses foron superiores e merecedoras da vitoria.

As Miúdas - Milagrosa (2-0)

As Miudas febreiro 2024

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, leire, Ximena, Sofía, Marta Piñeiro, Paula, Laura e Ana Romero. Tamén: Sanela, Cris, Saray e Adriana Piñeiro.
  • Goles: 1-0, m.48: Laura Sieira; 2-0, m.77: Elba.

Segunda vitoria do curso das Miúdas, que non fallaron ante as pechacancelas. "Este partido ante un rival do noso nivel e e da nosa idade, valeunos para saber como imos de traballo cara o futuro e a verdade xa vimos que imos bastante ben". O choque comezou co dominio visitante gracias ao seu xogo directo, pero pasados os primeros 10 minutos, o equipo de Lucho asentouse e foi dominador.

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 19

Camariñas - Dumbría (1-1)

  • Camariñas: Karen (Bea, m.75), Laura Garrote, Rocío, María, Uxía, Cris Mouzo (Ana Camuel, m.75), Laura Pose, Nuria, Elena (Leti, m.60), Saray (Desiré, m.46) e Maira (Lola, m.60)
  • Dumbría: Lucía, Noa, Carril, Adriana, María, Kelly, Eva, Claudia, Yolanda, Sabela e Juliette. Tamén: Serena, Lucía Fdez., Alba, Lara e Reyes.
  • Goles: 0-1, m.30: Claudia; 1-1, m.38: María.

Moita xentes nas bancadas do Vicente Carril para este fermoso partido. Empezou dominando o Dumbría e o Camariñas esperando para saír á contra. O Dumbría tería unha boa ocasión ós pes de Claudia que salvaría Karen. A propia Claudia sería a que abriría o marcador ó fío da media hora, gol que protestarían as locais que pedían fora de xogo. Pero pronto empataría o Camariñas cun cabezazo de María a saque de falta de Nuria. A propia María casi adianta ó Camariñas cun cabezazo ó longueiro antes de chegar ó descanso.

Saíu mellor o cadro local na segunda, e nada máis comezar a Karen tería a oportunidade de poñer o 2-1 ó quedarse soa diante da gardamallas cadete Lucía, pero o seu tiro sairía desviado. Pouco a pouco, as visitantes foron perdendo a precipitación, e Kelly, xogadora do Dumbría, lanzaría unha falta ó longueiro. Na última xogada do partido o Camariñas tivo un libre indirecto dentro da área por cesión, que a porteira sacaría baixo paus a tiro de Nuria.

Ponteceso - Dubra (5-0)

Plantel do Ponteceso feminin

  • Ponteceso: María (Colores, m.46), Noe (Laura R., m.45), Ainhoa, Myre, Berdeal (Lara, m.66) Eva, Muíño (Saray, m.66), Andrea, Oanes, Noemí (Lucivili, m.46), Claudia. 
  • Goles: 1-0, m.18: Oanes a pase de Muíño; 2-0, m.23: Muíño anota un auténtico golazo; 3-0, m.50: Andrea a pase de Oanes, dedicando o tanto á súa compañeira de equipo Manti, que vai ser mamá; 4-0, m.60: Andrea a pase de Claudia; 5-0, m.70: Claudia.
Bruno Mendez no Ponteceso-Dubra
Bruno Mendez no Ponteceso-Dubra

Tras un mes xogando sempre partidos fóra as de Curro regresaban a casa para amosar o seu bo xogar a xente de Ponteceso fronte ao Dubra. Un fermoso partido para as locais onde dominaron a un Dubra que a pesar de loitar nada puido facer contra o combinado pontecesán.

Dous tantos na primeira daban conta da superioridade local antes do descanso. As do Dubra non baixaron os brazos no segundo tempo pero a killer do Puenteceso, Andrea, soubo encontrar os ocos no campo para aumentar a distancia cun dobrete. Claudia, despois de facer un gran partido tamén tivo o seu agasallo, marcando o tanto que cerraría o partido, un 5-0 que deixa unha gran ilusión na bancada pontecesá.

Nicrariense - Mazaricos (0-3)

  • Mazaricos: Valeria, Silvia, Paula Maneiro, María Senra, Mariña, Fátima, Buján, Claudia, Ánxela Lúa e María Antelo. Tamén: Leire, Antía, Raquel, Katia e Araceli.
  • Goles: 0-1, m.8: Silvia de penalti; 0-2, m.22: Sillvia; 0-3, m.76: Raquel.

Partido dos mais completos da temporada das amarelas. Partido que se lles puña moi de cara xa na primeira metade cun penalti que transformaba Silvia e cun golazo desta mesma de falta pola escuadra. Co 0-2 o equipo xogou sen ese nerviosismo que arrastran as de Rachón outras veces e soubo tocar balón e crear moitas ocasións. Uns primeiros 45 minutos para enmarcar onde se viu o crecemento e a evolucion das máis novas que empezan a botarse o equipo ás costas.
Na segunda parte e feitos os cambios o equipo intentaba seguir xogando o mesmo e atoparia o gol de Raquel para poñer o broche.

Corcubión - Outes (4-0)

  • Corcubión: Alexia, Elisa, Alexandra Lojo, Vivi, Carla, Claudia, Helena López, Elena Atán, Noa, Daniela e Paula Trinidad. Tamén: Marta Lavandeira, Ana Sierra e Andrea.
  • Outes: Natalia, Claudia Carou, Alixia, Uxía, Xeila, Miriam, Carla, María, Paula Caamaño, Valeria. Tamén: Claudia Otero, María Molinos, María Romero, Sole e Laura.
  • Goles: 1-0, m.30: Noa tras unha boa combinación con Alex e Trini; 2-0, m.40: Elena Atán; 3-0, m.69: Paula Trinidad fai un golazo de volea dende a frontal; 4-0, m.83: Noa.

Con baixas acodían as da Serra, pero con moita seriedade, prantando cara a un Corcubión titubeante. Co paso do tempo as de Rubén Castillo foron a mellor, aínda que perdían a Vivi por un golpe na cabeza, e á media hora abrían a lata. As visitantes tamén tiveron algunha ocasión pero seguen coa pólvora mollada. O segundo gol foi de Elena que ata agora era porteira e que por ter tantas baixas tivo que situarse de dianteira cunha boa participación.
Xa na segunda as locais foron máis dominadoras, pero no banco visitante quedaron boas sensacións pola capacidade combinativa das xogadoras da Serra, tendo varias ocasións de gol.

Corme - Cerqueda (2-1)

11 do Corme feminino no Caito-Foto-Fin Lema

  • Corme: Belén; Lucía, Aroa, Irene, Aurora (Ana), Candela (Mónica), Olalla, Carla, Cris, Nati e Nerea. Tamén xogaron: Carla Vázquez, Salomé e Kayla.

11 do Cerqueda feminino no Caito-Foto-Fin Lema

  • Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía Rod., Tania, Tatiana, Lorena, Mariña, Inés, Uxía, e Raquel. Tamén: Carla Santos, Sara, Sonia e Carla Varela.
  • Goles: 1-0, m.34: Nerea; 2-0, m.44: Nerea; 2-1, m.85: Raquel de penalti.

Partido Post-Mikaela, que o Corme, líder invicto da categoría, tivo que pelexar ata o final. Un gran Cerqueda prantou cara en todo momento, gracias a un gran traballo, esforzo e sacrificio que demostran as de Dani Reixía en cada entreno e en cada partido fai que melloren semana a semana.

Dous tantos de Nerea parecían poñer o partido moi de cara para as locais, pero o Cerqueda non se rendeu, aguantou toda a segunda metade e mesmo meteu o medo recurtando a 5 do final.

Cabana - Fisterra (3-0)

  • Miriam, Jessi Rojo (Nuria), Sheila, Aroa, Valeria (Antia), Inma, Iría (Alejandra), Isabel, Alison (Natalie), Adriana (Jessi Pose), Irene.
  • Fisterra: Lucia, Paula, Ana, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Jimena, Jeni e Andrea. Tamén: Antía, Sandra, Rosa, Xaira e Tatiana.
  • Goles: 1-0, m.10: Aroa de penalti; 20, m.70: Irene; 3-0, m.90: Natalie.

Gran intensidade do Cabana que foi quen de maniatar as fisterrás que non puideron facer dano na meta de Jessi Rojo. Adiantáronse pronto as locais de penalti por medio de Aroa e mantiveron o dominio neste primero tempo. No segundo Irene poñia o 2-0, e xa na última xogada do partido era Natalie que recollía un rexeite da porteira e poñia o definitivo 3-0.

Muxía - Noia (5-0)

  • Muxia: Paula Rey, Andrea, Marta, Paula Vilela, Nerea Pazos, Nerea Barrientos, Raquel, Patri Romaní, Elsa, Irene, Denise. Tamén: Claudia, Xeila, Andrea Insua e Sara.
  • Goles: 0-1, m.12: Aida; 1-1, m.40: Patri Romaní; 2-1,m .53: Paula Vilela; 3-1, m.55: Patri Romaní; 4-1, m.80: Andrea Insua; 5-1, m.90: Andrea Dom.

Tardou o Muxía en romper o partido, e de feito se viu moitos minutos por debaixo do marcador ante un Noia B que vén unha progresión estupenda no que vai de temporada. Apareceu Patri Romaní para salvar ao equipo ao fío do descanso. Na segunda Paula e Patri encamiñaron a vitoria, que pecharon as Andreas.

 

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios