Mércores. 01.05.2024
El tiempo

Último estirón para os equipos femininos de fútbol sala

Último estirón para os equipos femininos de fútbol sala
FSF Vila de Cee-Grupo Work

O Fisober buscaba a vitoria en Cantabria para colocarse 5º. Pero non foi quen e agora necesita un punto na última xornada para asegurar a sexta praza.

Xa na Liga Provincial, na penúltima xornada xogouse o domingo o último partido na casa do FSF Vila de Cee diante da súa máis que fiel afección, contra un dos equipos da parte alta da tabla de clasificación. Un choque onde os dous equipos ofreceron un precioso e disputado partido, o cal non se decantou ata os minutos finais, a favor das ceenses.
Mentres o Fisober a piques estivo de sacar algo positivo dun dos arriba o BeArt Coruña, e o Ponteceso FSF empataba en casa do Mabegongo a 1 tanto.

2ª Estatal

  • Resultado: GUARNIZO – FISOBER F.S.F. (3-0).
  • FISOBER: Eva, Patri, Nuria, Ana e Noelia; Tamén xogaron: Elsa e Raquel.
  • Goles: 1-0 Gabri, 2-0 Rachel, (descanso), 3-0 Elena.

Foi un interesante e bonito partido con ocasións por ambos lados sobre todo na primeira metade. Un despiste no primeiro minuto , provocou que as da Costa tiveran que remar en contra xa dende a saída de vestiarios a causa do gol de Gabri.
A pesar desto o Fisober fixo un bo arranque de partido e tivo ocasións que eran desbaratadas por Raquel ou pola falla de puntería nos metros finales. Aos tres minutos unha moi boi dobre ocasión por parte de Nuria e Raquel. E só un minuto despois as mesmas protagonistas tampouco acertaban ca portería.

As locais moi ben colocadas tentaban aproveitar calquer erro visitante para roubar e saír con perigo ante unha que debía estar Eva moi atenta. Mediada esta primeira metade Patri fabricaba unha magnifica ocasión pero o seu suave disparo marchaba a rentes do pau. No minuto catorce despois dun saque de banda a local Rachel sacábase unha xenialidade das súas botas para facer o dous a cero cun auténtico golazo. Este gol despois de tanta ocasión errada polas visitantes fíxoas tambalear. E Cris a piques estivo de poñer o tres a cero cun lanzamento que se foi o trabe. Nos últimos dous minutos recompúxose o Fisober e Nuria gozou de dúas novas ocasións ante Raquel , pero quedou claro de que non era o día.

A volta dos vestiarios o partido xa non foi igual. As locais decidiron controlar máis o ritmo do partido e o Fisober xa non chegaba con facilidade. A ocasión máis clara que tiveron as visitantes para volver a entrar no partido foi por parte de Noelia despois dun saque de esquina pero non acertou co balón. Ademais co paso dos minutos as forzas e as posibilidades de igualada ían desaparecendo. Esta segunda metade xa non foi tan vistosa e o ritmo decaeu. Máis aínda cando a oito para o final Elena aproveitaba unha contra para facer o definitivo tres a cero.
Dende aquí ata o final pouco que destacar por banda visitante, só unha ocasión de Nuria chegando o último minuto que sacou Rachel baixo paus.

A Liga para ata o 3 de Maio cando o Fisober se enfrontará o Stilo Berrio, nun último partido de Liga no que as locais buscarán asegurar a sexta praza e as visitantes a salvación.

Liga Provincial, xornada 21

FSF Vila de Cee quentando
  • Resultado: FSF Vila de Cee - Grupo Work (4-3)
  • FSF Vila de Cee: Belén, Alba, Adriana, Andrea e María. Tamén xogaron: Tati, Sandra, Claudia, Marta e Carla.
  • Goles: 1-0: María; 1-1 (descanso); 1-2; 1-3; 2-3: en propia meta; 3-3: ; 4-3: Andrea Romero.

Comenzaron movendo moi ben o balon o Grupo Work, pero a boa defensa do FSF Vila de Cee, fixo que as visitantes non tivesen case ninguha ocasión de marcar. Pouco a pouco as do Vila de Cee foron sacudíndose o dominio e aumentando a presión sobre o rival, conseguindo varios roubos de balón e varias contras. Unha de elas ocasionou o primer gol, por obra de María, nunha bonita xogada combinada con Andrea. O Grupo Work, púxolle máis intensidade ao partido, e nunha serie de erros do FSF, conseguiu marcar o 1-1, para ir así co empate para o descanso.

Estabase dando un partido moi equilibrado, e así continuaron a ser os primeiros minutos da segunda parte. Non obstante en dúas xogadas desafortunadas para o equipo costeiro, marcaron de forma seguida o Grupo Work o 1-2 e o 1-3.
Faltando 10 minutos as rapazas de Calabanda (por esta vez de Mon e Santi), non se deron por rendidas, e continuaron a loitar e a presionar, conseguindo así marcar o 2-3, gol marcado polas rapazas do Grupo Work en propia meta, froito da presión exercida por o FSF Vila de Cee. As locais creendo na remontada segueron a loitar e a presionar, conseguindo así o dichoso empate 3-3. Volviase a equilibrar outra vez todo o partido, onde ningún equipo se rendiú en ningún momento. Co empate 3-3 e faltando poucos minutos o Grupo Work intentou ir a polo partido, facendo un planteamento de ataque de 5 utilizando a porteira coma xogadora, as rapazas do Vila de Cee souperon defender moi ben eses ataques, esperandoas atrás e presionando nos momentos oportunos para collelas a contra, tal cual sucedeu nunha xogada de Andrea Romero a cal conseguiu o 4-3 definitivo e ocasionou a delicia de todo equipo e de toda a afección.

Liga Provincial, xornada 21

Andrea marcou co filial do Fisober
  • Resultado: BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. (3-2).
  • FISOBER B: Anabel, Andrea, Tamara, Paula Fandiño e Laura; tamén xogaron: Noelia, Alejandra e Natalia.
  • Goles: 1-0 Ana, 2-0 Aldara, (descanso), 2-1 Paula Fandiño, 3-1 Lenny, 3-2 Andrea.

Partido disputado o sábado no Pavillón Barrio das Flores da Coruña, onde o filial do Fisober visitaba un dos equipos máis en forma da competición que non coñece a derrota nesta segunda volta. As da Costa estiveron preto de pescar algo positivo da visita. A primeira metade non foi moi brillante por parte de ningún dos dous equipos. O dominio correspondeu as coruñesas aínda que sen demasiada profundidade. Dous goles das locais puxéronas en vantaxe e con ese resultado de dous a cero chegouse o tempo de lecer.

A segunda metade foi un pouco máis movida e aberta. Mediada esta segunda metade Paula Fandiño aproveitaba un man a man para reducir diferenzas no marcador e facer soñar as visitantes con traerse un botín para a Costa. E tiveron a oportunidade cando un lanzamento de Alejandra se foi a cruceta, podía ser o empate. Pero non o foi e quen si aproveitaron foron as locais. Un despiste defensivo visitante terminou nun penalti que valeu o tres a un. Non se renderon as do filial e unha boa combinación rematou cun gran gol de Andrea. Pero xa quedaba pouco tempo e as coruñesas decidiron manter a posesión para controlar o partido evitando recibir máis ocasións.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios