Martes. 14.05.2024
El tiempo

Xuvenís: 7 equipos para 6 postos

Xuvenís: 7 equipos para 6 postos
Cee-Esteirana de xuvenis

Xa van 13 xornadas, quedan só 5 para o remate da primeira fase, e a loita polas 3 primeiras prazas dos dous grupos vanse apretando, quedando moito máis claro o alto da táboa que hai unhas xornadas.

Polo Sur, co Dumbría destacado e aínda imbatido, e uns números que marean (70 goles a favor e 6 en contra), son 3 os equipos que pelexarán polas 2 prazas restantes. XSC, Esteirana e Os MIúdos están empatados con 25 puntos despois desta xornada, quedando o resto de equipos, comandando polo Outes, 7 puntos por debaixo.

Mentres, polo Norte, parece que a cousa vaise clarificando, cos 3 primeiros clasificados xa cunha lixeira vantaxe sobre o 4º. O Cabana segue líder, co Camariñas e Porteño a 3 e 4 puntos respectivamente, despois das súas apuradas vitorias en Corme e ante o Coristanco, precisamente dous dos rivais que lle podían arrebatar eses postos, deixándoos a 6 e 7 puntos respectivamente.

Paralelamente, a loita polo pichichi continúa, e se o loureán do Dumbría Juan de Dora marcaba 2 e xa suma 21, o camariñán Javi marcaba o gol da vitoria dos seus sumando o seu tanto 23.

banner-tenda-maisdeporte-cee

Liga Xuvenil Sur, Gr.2 - MáisDeporte, xornada 13


Dumbría - Os Miudos (5-1)

  • DUMBRÍA: Bruno, Roberto, Jose Miguel, Cabana, Jano, Yeray, Lucas, Edu, Juan, Pablo e Cacha. Tamen xogaron: Charly, Mauro, Luís e Andrés.
  • OS MIÚDOS: Ángel, Juanche, Anxo, Eloy, Lice, Airan, Martínez, Miguel, Samuel, Hugo e Saúl. Tamén: Tajes, Álvaro e Yeray.
  • Goles: 1-0, min.30: Yeray; 2-0, min.38: Juan de Dora; 2-1, min.47: Samuel; 3-1, min.51: Pablo de falta; 4-0, min.60: Juan de Dora; 5-1, min.85: Luís.

Aguantou ben o equipo muradán a todo un Dumbría, que a pesar de chegar con 3 baixas importantes como Maikel, Canario e Marcote, fixeron un bo partido dominando o control do balón.

Tardou en abrir a lata o cadro local, pois os de Mané Senande estaban moi ben ordenados atrás. Pero antes do descanso, Yeray e Juan de Dora puñan en vantaxe aos da “Doble L”.

Arrincaba a segunda metade e Samuel aproveitaba un erro nunha cesión ao porteiro do cadro dumbriés para meterse no partido. Pero a reacción dumbriesa foi instantánea e apenas 4 minutos despois Pablo, de falta, ampliaba de novo a renda e case que mataba as aspiracións dos muradáns. Tivo tempo Juan de Dora para marcar outro tanto, e xa van 21 esta campaña.


Cee - Esteirana (2-4)

Cee-Esteirana
  • CEE: Maikel, Tivi, Iván, Borja, Hugo, Yago, Xoán, Chema, Xabier, Samu e Alexis. Tamén: Brais, Senlle e Isma.
  • ESTEIRANA: Xacobe, Sergio, Borja, Tobío, Damián, Brais, Adrián, Manu, Juan, Áxel (Edu, min.70) e Pabliño.
  • Goles: 0-1, min.20: Pabliño; 0-2, min.55: Juan; 0-3, min.75: Juan; 3-1, min.80: Yago; 1-4, min.86: Pabliño; 4-2, min.90: Yago.

A Esteirana impúxose ao Cee con claridade. Un equipo visitante moi metido no encontro que xogou un bo fútbol de ataque, contando cas primeiras tres ocasións claras onde os atacantes esteiráns non estaban finos pero sí facían xogar ao equipo. Cando espertou o Cee gozou tamén boas oportunidades, pero o golazo de Juan puxo por diante a Esteirana. A partires de aí o dominio dos visitantes foi a tónica no xogo, que poñían maior intensidade na disputa de tódalas accións.

Marcador claro para os esteiráns que aínda contan con opcións de auparse a terceira praza da clasificación, mentres o Cee perdía o que puido ser o último tren.


Fisterra - Corcubión (2-2)

  • FISTERRA: Aarón, Xose, Iago, Beto, Juanfran, Andrés, Gabi, Gabi Golpes, Gon, Asier e David. Tamén xogaron: Iván. Dani. Breixo, Jesús e Aarón.
  • CORCUBIÓN: Miguel, Oca, Marcos, Junjo, Isma, Pepo, Maikel, Mario, Steven, Goche e Tito. Tamén xogaron: Joselu, David, Álvaro e Lolo.
  • Goles: 0-1, min.4: Pepo; 1-1, min.40: Andrés; 1-2, min.65: Tito; 2-2, min.70: Andrés.

Terceiro partido consecutivo puntuando do Corcubión nesta segunda volta despois de poñerlle as cousas dificiles ao Dumbría, conseguindo un cambio radical sobre o acontecido na primeira volta. E iso que en fronte estaba un gran Fisterra, que mesmo marrou un penalti. Enfrontábanse Falito, no banco fisterrán, con Senra, un fisterrán que pasou moitos anos de verde e moi querido na vila do Cristo, en Corcubión.

Empezou adiantandose o equipo visitante cun gol de Pepo, que se estreaba no marcador. O Fisterra fallaba unha ocasión inmellorable de empatar o partido pero Miguel paraba un penalti. Os fisterráns, con moitas baixas, intentaban por todas partes igualar a contenda nun despliegue fantástico e Andrés facía a igualada antes do descanso.

Xa na segunda parte Tito conseguía volver poñer o marcador por diante para o equipo corcubionés pero minutos despois o propio Andrés empataba e o marcador non se volvería a mover.


Muxía - Castriz (3-1)

Muxia-Castriz xuvenis en Arlina-Foto-Alberto
  • MUXÍA: Hugo, Rubén (Ancho, min.65), Gerardo, Paulo, Jorge (Diego, min.60), Marco, Toja (juan, min.46), Ander (Rodri, min.75), Tomás, Castreje e Jose.
  • CASTRIZ: Víctor, Cambóm (Calvo), Richar, Luís, Roy, Adan (Javi), Balsa, Jony, Varillas, Beto (Rony) e Mika.
  • Goles: 1-0, min.15: Gerardo; 2-0, min.25: Tomás; 3-0, min.35: Tomás; 3-1, min.80: Luís.
  • Expulsión: o muxián Marco.
  • Lesión: os muxiáns Juan, Ancho e Diego.

Partido moi igualado en Arliña, onde saíu mellor o cadro local, ante un Castriz algo falta de intensidade que debe corrixir, pois cande espertou xa lucía o 3-0 no marcador, cun penalti e dous balóns en segunda xogada que a defensa non foi quen de despexar. O Muxía combinaba ben e superaba con facilidade á defensa xalleira.

Na segunda, saía moito mellor o Castriz tendo ata seis ocasións claras de gol falladas diante do porteiro, pero só Luís era quen de recurtar para os visitantes, cando xa era demasiado tarde. Mentres, o Muxía, entre a mala arbitraxe (para os dous) e as lesións, quedaba con 8 sobre o campo.


Xallas StComba - Outes (2-1)

  • XSC: Coke, Pérez, Daniel (Oreiro, min.75), Carlos, Rubén, Torres (Anxo, min.70), Adrián (Landeira, min.60), Ismael, Barbeira (Manuel, min.90), Fabián e Chiki (Tefi, min.55).
  • OUTES: Cutu, Yoel, César (Xurxo), Brión, Simón, Álvaro, Adrián (Serxio Nieto), Saúl, Borja (Fabio), Samuel (Serxio) e Santi.
  • Goles: 0-1, min.55: Borja; 1-1, min.75: Barbeira; 2-1, min.88: Oreiro.
  • Expulsión: o xalleiro Pérez (minuto 10).
  • Partido estrano e emocionante en Fontenla entre dous bos equipos, que quedaba marcado pola expulsión, aos 10 minutos do xalleiro Pérez. Fixeron bos 45 primeiros minutos os de Manu Roque, dominando e puidéndose meter por diante en varias ocasións. Tamén tivo o equipo de Forján e Solís, que pouco a pouco se ía metendo no partido, á contra algunha boa ocasión, pero o marcador non se movería.

    E saíu na segunda o Outes a sentenciar, e se metía por diante co gol de Borja nunha bonita xogada. Pero acabouse aí o Outes, desapareceu inexplicablemente renuncinado a xogar pensando só no resultado.
    Cun home menos e con gol en contra o Xallas pisou o acelerador, e no 75 lograría o empate nun balón que pelexou Barbeira. Co Outes metido atrás a pesar da súa superiordidade, seguíu o equipo local insistindo e despois de varias ocasións lograron o premio contra o final no que Oreiro se revolviu ben na área pequena para facer o 2-1, e aínda Barbeira facía un gol pantasma que o colexiado non viu dentro.

    ”Querer gañar sen querer xogar é unha contradicion do xogo, e como tal estívonos ben para aprender”, razona o míster Roque.


    Liga Xuvenil Norte, G.3 - MáisDeporte, xornada 13


    Zas - Laxe (5-2)

    • ZAS: Sergio, Boli, Rubén, Darío, Lody, Ternande, Manu, Juan (Julián, min.76), Adrián, Álvaro (Andy, min.72) e Andrés.
    • LAXE: Diego, Nico, Santi, Galgo, Sergio, Cristian, Mouri, Adri, Anxo, Elías e Ferri.
    • Goles: 1-0, min.10: Andrés a pase de Juan; 2-0, min.25: Ternande a pase de Adrián; 2-1, min.47: Santi; 3-1, min.66: Ternande remata unha falta botada por Adrián; 4-1, min.70: Álvaro; 4-2, min.71: Adrián; 5-2, min.80: Andy de cabeza.
    • Lesión: o laxense Mouri (min.35).
    • Expulsión: o laxense Nico.

    Partido que chegaba cun Laxe xusto, con moitas baixas e que tiña que rematar con 9 por lesión e expulsión. Tampouco o Zas de Martín chegaba con baixas pero os xogadores responderon.

    Primeira metade dominada polo Zas, que buscaban moi ben os espazos, un equipo buscando moi ben a o balón con moita mobilidade, ante un Laxe algo durmido e sen intensidade. Adiantouse o cadro local por medio de Andrés e Ternande, pero nada máis saír dos vestiarios, Santi recurtaba. Pero o Zas estivo rápido para finiquitalo choque.


    Porteño - Coristanco (1-0)

    • PORTEÑO: Brais, José Manuel, Bruno, Aarón, Gonzalo (Dani, min.71), Xoel, Rodry, Oli (Damián, min.88), Mario (Robi, min.65), Borja (Carlos, min.46) e Maikel (Josiño, min.77).
    • CORISTANCO: Alberto, Sergio, Corral, Varela, Iván, Navarro, Joni, Brandón, Bértoa, Jorge e Gabriel. Tamén xogaron: Chiki, Cristian, Anido e Mol.
    • Gol: 1-0, min.3: Oli tras un bo pase de Borja.

    Gran partido na Grixa entre dous dos candidatos a meterse na Fase Previa á Liga de Ascenso. Dous boísimos e serios conxuntos que demostraron por que están aí arriba. Os rapaces de Lorenzo, fixeron un partidazo a pesar da derrota, levando o peso do partido con bo fútbol e con algunha boa ocasión, como as de Corral, Joni e Gabriel, que ben puideron significar o empate.

    No bando local, o Porteño sempre estivo serio, e chegaba con claridade en varias ocasións, pero se atopou con Alberto, moi ben na meta bergantiñán, que mesmo parou un penalti.

    Contra o final, o colexiado anuloulles un gol aos visitantes, despois de pensalo, por mans do dianteiro, e ante as protestas dos locais.


    Malpica - Cabana (1-4)

    11 do Malpica-foto-Luis Porto
    • MALPICA: Brais Álvarez; Arcay (Petís, min.46), Sebas, Álvaro, Jorge, Yiño (Cholo, min.76), Gende, Cristian Villar, Sergio, Xulián e Eloy (Carlos, min.74)
    Cabana Xuvenil en Pedra Queimada-Foto-Luis Porto
    • CABANA: Vázquez, David Varela, Grille, Aurelio, Dani Reigía (Mateo, min.65), Laik (David Muíño, min.74), Álex, Ferreiro, Redondo (Óliver, min.71), Álex Fraga (Martín, min.75), Cristian (Pablo, min.64).
    • Goles: 0-1, min.5: en propia meta tras un perfecto córner sacado por Dani Reigía; 0-2, min.12: Álex Fraga a centro de Dani Reigía; 0-3, min.55: Dani Reigía de gol olímpico de; 1-3, min.59: Sergio a centro de Petís; 1-4, min.66: Pablo a pase de Álex Fraga.
    Capis do Malpica e Cabana xuv-Foto-Luis Porto

    Clara vitoria do líder ante o pechacancelas. Sen facer demasiados alardes, os cabaneses xa se colocaban, tras un inicio moi serio e fulgurante, 2-0, que lles permitiu manexar despois o partido con certa comodidade, sobre todo na primeira metade, puidendo mesmo aumentar a vantaxe nun par de ocasións claras.

    Na segunda metade, o partido foi moito máis igualado. Mesmo chegaba o Malpica á meta de Vázquez, pero o Cabana soubo aguantar as embestidas locais.


    Ponteceso - Baio (0-2)

    Ponteceso Xuvenil-Foto-Ponteceso
    • PONTECESO: Marcos, Adrián Pose, Rubén, Regueiro, Isma, Pedro, Ismail, Iván, Fandiño, Pedro, Esteban e Pablo Pailos. Tamén xogaron: Sergio, Eloy Álvarez, Ferreiro, Óscar e Busto.
    Baio Xuvenil no Pinguel-Foto-Ponteceso
    • BAIO: José Manuel, Javier, D. Rama, Miguel, Alfonso, Ayoub, Alberto, Estefan, Pablo Costa, José Antonio e Fariña. Tamén: Gómez, Fran, Pablito e Santi Moreira.
    • Goles: 0-1, min.20: Miguel aproveitando un balón rexeitado; 0-2, min.55: Estefan.
    Ponteceso e Baio no Pinguel-Foto-Ponteceso

    Dous estilos diferentes enfrontábanse no Pinguel, que se saldou ca segunda vitoria baiesa da tempada. Un Baio que comeza a levantar a cabeza, tras un empate en Corme e esta traballada vitoria no Pinguel. O Ponteceso, tentando saír co balón xogado e combinando, ante un Baio, que afrontaba o choque dende atrás, como ben sendo habitual, se ben Julio Vila contaba esta semana con novas incorporacións.

    Non facía dano o Ponteceso ante a seria defensa baiesa, pero o intentaba con todo. E en dúas contras o Baio se colocaba por diante. Ademais, no segundo gol lesionábase o meta pontecesán Marcos, tendo que meterse baixo paus o campitán Adrián. O Ponteceso seguiuno intentando pero sen acerto cara gol, colleitando finalmente un inxusto resultado, xa que levaron o peso do partido, intentando facer un fútbol combinativo, pero con pouca profundidade, agás no treito final no que o baixón físico dos baieses lles permitiu chegar á liña de fondo pero sen acerto cara gol..

    O CD Baio, como dicimos, prantexou un partido conservador, na súa liña, pois Julio Vila intenta facer da defensa o alicerce do equipo. “Prantexamento cutre?” preguntaranse. “Posiblemente pero válido como outros e que está servindo para colleitar bos resultados”, apunta o míster.
    Cómpre destacar o gol de Miguel, o incombustible e polivalente capitán, e Estefan, que voltaba tras 6 meses de “retiro espiritual”… E ata aó podemos ler.


    Corme - Camariñas (1-2)

    Corme-Camarinas-Foto-Fin Lema
    • CORME: Fran, Rubén, David, Cristian, Ángel, Isaac, Kike, Eloy, Isma, Manu e Eloy CR. Tamén: Josiño, Bruno, Samu, César e Manu.
    • CAMARIÑAS: Jose Luís, Juan, Pose, Miguel, Facundo, David, Adrián, Álvaro, Chicote (Felipe, min.70), Chuki (Espi, min.46) e Javi.
    • Goles: 0-1, min.7: Chicote; 1-1, min.71: Kike cun golazo; 1-2, min.87: Javi.

    Partido de domingo pola mañá, a pesar de que os camariñáns querrían ter xogado o sábado para poder doblar cos sénior. Foi un choque moi igualado, co Camariñas sempre por diante despois do gol inicial de Chicote. Pero Kike facía un golazo a falta de 20 minutos, e parecía que o choque ía quedar en táboas, ata que apareceu o de sempre, Javi, para decidir o partido e sumar 3 puntos fundamentais. Un Javi xa leva 23 goles.


    Crónicas dos Xuvenís

    Máis información

    Crónicas da semana

    Novas relacionadas

    Fonte

Comentarios