Recunchos da Costa: Praia de Soesto

Un dos clásicos dos clásicos non pode falar na lista dos máis fermosos Recunchos da Costa. E aproveitamos unha excursión realizada esta semana para recuperármolo.

Imos ata salvaxe, só colonizada polo sector do surf, praia de Soesto. En pleno Camiño dos Faros é desas praias ideais para pasar unha xornada en familia, con merendeiros e barbacoas para pasar unha boa temporada, aínda que sexa algo ventada e cunha oleaxe, por veces, complicada.


Foto de Barca Caamaño

Vixiada polo Peñón do Castro (que nos querrá dicir ese nome...) lugar ideal para deixar a mente en branco, e ver o Roncudo en fite, falamos dunha praia cunha area marabillosa.


Foto dende o Peñón cara a Praia de Soesto de Felipe Santos


Vistas cara o norte dende o Peñón do Castro-Foto-Camiño dos faros

Unha praia, como dicimos, fetiche para os surfeiros de todo o mundo, como nos amosan aquí os compañeiros de Costa da Morte Drone:

Como chegar

Tamén se pode chegar por unha senda dende o centro de Laxe, a algo máis dunha hora andando.

 

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA