Recunchos da Costa: Praia de Rebordelo
12:28 28/08/21
Unha das praias que máis triunfan entre os que practican o Camiño dos Faros é a de Rebordelo. En plena etapa entre Niñóns e Laxe, é un fermoso areal que combina o mello do litoral bergantiñán.
Trátase ademais dunha praia moi frecuentada pola veciñanza da zona, pois ten un amplo areal, mesmo con marea alta, e as ondas non son moi grandes, ademais de ser relativamente resgardada do vento.
Na parte sur ten un fermoso regato, que cae en forma de pequena fervenza sobre as rochas, e que deixa unha forma singular sobre a facer as típicas expedicións de descrubimentos coa familia.
Foto de Eduardo Verdes para o Camiño dos Faros
Como Chegar
Na estrada entre Cabana e Laxe AC-429 tes un desvío á dereita. Ten aparcamento e mesiñas para picnic.
OS RECUNCHOS DA COSTA
- A praia de Seiruga e Area Pequena.
- O Rego dos Muíños.
- Castro Borneiro.
- A Férveda de San Paio ou Entrecruces.
- A Férveda de Rus.
- As fervenzas de Pedrafigueira.
- A Fervenza de Budián.
- A Fervenza de Parga.
- A Fervenza do Rabiñoso.
- Os Penedos de Traba e Pasarela.
- A Fervenza de Vioxo-Chacín.
- A Fervenza de Santa Locaia.
- A praia de Seaia.
- A praia da Barda.
- Os Muíños da Ribeira.
- A área fluvial de Verdes.
- O Pozo da Orca.
- Praia fluvial de Carreira.
- As casetas da Feira na A Ponte Olveira.
- Pico de Meda.
- O Pozo Encantado de Salgueiros.
- O Fuso da Moura
- Pedrafita do Marco da Anta ou Menhir de Erboedo.
- A Ponte do Peón de San Crimezo do Ézaro.
- Cabo Roncudo.
- A ponte da Pontenova.
- A Furna do Osmo.
- Mirador de Louredo.
- A área recreativa de Gabenlle.
- O Cabo, e Faro, Vilán.
- As praias de Reira e o foxo do lobo.
- O Cemiterio dos Ingleses.
- As praias do Trece e a Duna Monte Branco.
- O hórreo de Carnota.
- O hórreo de Lira.
- A Fervenza de Noveira.
- O Casco Vello de Corcubión.
- Os petroglifos de Boallo.