Venres. 29.03.2024
El tiempo

Califican de absurdas as razóns do alcalde de Ponteceso para non convocar un pleno a petición de toda a oposición

Pleno de Ponteceso sen alcalde
O último pleno de Ponteceso sen alcalde
Califican de absurdas as razóns do alcalde de Ponteceso para non convocar un pleno a petición de toda a oposición

Leva moitos meses Ponteceso protagonizando un sainete político escabroso. Só fai falta lembrar o esperpéntico último pleno municipal, no que o propio alcalde, Lois Carballido, abandonou a sesión por orde do secretario, sendo o propio secretario o que abriu o debate, moderou e incluso debateu, é dicir, exercendo de presidente da sesión.

En calquera caso, a loita entre o grupo de goberno en minoría e toda a oposición continúa aberta, Ata o punto de que o grupo de goberno non convoca un pleno pola petición de 10 dos 13 edís do pleno (5 edís non adscritos, 2 de APIN e os 3 do PP), para tratar 5 asuntos de importancia. A oposición ao completo presentaba. o 7 de xuño de 2021 unha solicitude de sesión extraordinaria para tratar mocións que, nalgún caso, xa foran presentadas para outras sesións pero para as que os servizos técnicos de intervención e secretaría non puideran informar por falta de tempo.
”A lei establece que o alcalde ten que convocar a sesións solicitada a solicitude da cuarta parte do número legal de membros da Corporación no prazo de 4 días, pero o alcalde resolveu denegar a solicitude baseándose en informes do secretario accidental e da interventora”, denuncian os membros da oposición ao completo, unha vez que viron rexeitada a convocatoria do pleno.

As mocións propostas están a posta a disposición dos veciños dun vehículo municipal, unha análise sobre o estado do Servizo de Axuda no Fogar (SAF); a rebaixa do IBI, unha análise sobre estado económico-financieiro do concello, ou o estado dos últimos procesos de selección de persoal levados a cabo polo Concello.

Os informes conclúen na maioría dos casos que non hai tempo material para emitir informes profundos e completos ademais de por non estar claro se serían nulos os acordos adoptado e por apreciar que deberan solicitarse como mocións resolutivas e ir na parte correspondente do pleno e non de control e fiscalización dos órganos de goberno. Outras veces é porque o alcalde é o que ten que iniciar o expediente, por exemplo o da rebaixa do IBI ou que ese tema en concreto habería que dirixilo ao apartado de rogos para que o alcalde valore se acepta ou non iniciar o expediente.
En calquera caso, dende a oposición consideran “absurdo” xustificar a denegación da inclusión na orde do día dos asuntos propostos pola oposición baseándose nestes informes.

Historia do sainete político de Ponteceso

Comentarios