Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Completa fin de semana para a familia do tenis de mesa soneirán

Completa fin de semana para a familia do tenis de mesa soneirán
Familia do Anorthosis

Non foron bos os resultados acadados polos equipos de tenis de mesa do clube Anorthosis Vimianzo este pasado sábado 8 de marzo. A familia disputaba un total de 11 encontros con 65 partidos entre individuais e dobres nun sábado a tope de tenis de mesa no que ningún xogador disponibel quedou sen xogar. Apenas 4 vitorias nos 11 encontros son o balance da fin de semana.

3ª División Nacional

  • Resultado: Anorthosis vimianzo - CTM Lalín 1-6 (11-18)

En 3ª nacional o Anorthosis non foi capaz de dar a sorpresa ante un CTM Lalín ao que se lle empezou gañando o primeiro partido. No seguinte Roi Martínez remontou un 0-2 empatando, e cando parecía que ía gañar, todo se quedou aí, pois no 5º set foi superado polo nº 1 de Lalín, Manuel Fernández, e a partires de aí aínda que se gañaron sets en ningún dos partidos se conseguiu a vitoria.
Agora a permanencia queda máis apretada e dependendo o Anorthosis de si mesmo e conseguirase con so gañar dous encontros contra os rivais directos e involucrados no mesmo.

1ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Concello de Zas Aquacenit - Cambre Promesas 5-2 (17-8)
  • Resultado: Concello de Zas O Gaiteiro - Cambre Promesas 1-6 (4-20)
En 1ª galega vitoria do Concello de Zas Aquacenit e derrota, como era de esperar, Concello de Zas O Gaiteiro, ante o Cambre Promesas, que se presentou cos xemelgos Raúl e Samuel Alvite que viñan de xogar en 2º división nacional.

2ª División Galega. Grupo Centro

  • Resultado: Construcciones Cernadas - Oroso Hotel Santa Cruz 0-7 (2-21)
  • Resultado: Construcciones Cernadas - Oroso Talleres MR 2-5 (12-19)

Encontros adiantados da 2ª galega:

Comentarios