A «lupa» que vixía aos concellos
Nun territorio como o noso, onde a dispersión poboacional, o envellecemento demográfico e a dependencia de sectores tradicionais como o mar e o turismo marcan o día a día, a boa xestión dos recursos públicos convértese nun reto crucial.
Neste contexto, as auditorías municipais emerxen como unha ferramenta transformadora capaz de mellorar a eficiencia, reforzar a transparencia e impulsar políticas públicas máis adaptadas á realidade local. Pero, esta ferramenta segue sendo amplamente descoñecida por unha gran parte da Sociedade.
En termos sinxelos, unha auditoría municipal non é máis que unha revisión independente que verifica a xestión económica, financeira, administrativa ou operativa dun concello. O seu propósito consiste en garantir que os recursos públicos se utilicen de forma eficiente, legal e transparente. Polo tanto, non persegue castigar, senón detectar erros, corrixir desviacións e propoñer solucións proporcionando recomendacións de mellora.
É certo que, cando se detectan irregularidades, os auditores públicos deben actuar. De feito, ante faltas administrativas, o normal é que deriven en expedientes sancionadores ou disciplinarios. No caso de que exista responsabilidade contable, ademais do Consello de Contas intervén a fiscalía do Tribunal de Cuentas. E, si se trata de ilícitos penais, iníciase un procedemento xudicial que, no caso de que se confirme o delito, obviamente, as consecuencias son verdadeiramente graves.
Pero, excepto situacións escandalosas, a maioría dos resultados das auditorías públicas non chegan aos titulares dos medios de comunicación. E aquí procede entoar o «mea culpa», xa que si os informes de auditoría presentasen de forma clara e meticulosa as conclusións e as recomendacións, e se difundisen utilizando formatos máis actuais, non só se chegaría a un público diverso, senón que se facilitaría unha mellor comprensión do traballo, contribuíndo ao debate público informado.
Pois ben, nun momento onde os nosos concellos afrontan desafíos tremendos como a perda de poboación, o estancamento económico ou o cambio climático, por exemplo; xunto con outros problemas que tamén nos afectan directamente como a ciberseguridade, a auditoría pública pode resultar unha aliada clave. Porque, co seu exercicio, ofrécese unha valiosa axuda para a repensar a xestión realizada polos dirixentes municipais e, por que non dicilo, para mellorala tamén, porque estarase de acordo en que sempre hai marxe para avanzar.
En definitiva, a auditoría pública non debe entenderse como un mecanismo de control punitivo, senón como unha «lupa» que pon o enfoque sobre as oportunidades para construír concellos máis fortes, máis xustos e mellor preparados para os desafíos deste século.
Estamos convencidos diso e, tamén, da necesidade de mellorar a comunicación efectiva dos informes de fiscalización, para que sexan máis comprensibles e teñan maior difusión, permitindo coñecer os resultados dos traballos realizados polas institucións de control externo, porque dese xeito, garántese que a cidadanía poida entender, valorar e participar activamente, con información fiable, na mellora da xestión dos nosos concellos.
- Domingo Guerra. Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Maio 25: Colaboración intermunicipal
- Abril 25: 40 anos da LRBRL
- Febreiro 25: Diferentes varas de medir.
- Xaneiro 25: O reto demográfico.
- Outubro 24: Volvemos. A rendición de contas.
- Estreamos primavera sen tarefas pendentes
- Dúas cuestións sobre a autovía AG 55 da Costa da Morte
- Continuamos perdendo poboación
- Porque nos afecta e nos importa
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».