O reto demográfico

Desde fai un tempo, escoitamos falar do reto demográfico con relativa frecuencia. Pero, en realidade, como lle sucederá a vostedes, non sabemos moi ben en que consiste nin si existen indicadores que permitan a súa análise.
É certo que no Plan estratéxico de Galicia 2020-2030 (unha das principais ferramentas de planificación coas que conta a Xunta de Galicia), se destaca que esta cuestión estará no Eixe 1, é dicir, no epicentro dese instrumento, o que implicará deseñar e impulsar medidas de dinamización para garantir o benestar dunha sociedade cada vez máis lonxeva.
Como se pode observar na infografía, o emprego de calidade, formación e conciliación, xunto a atención ao benestar e a calidade de vida das familias, unido á vivenda digna e accesible e á protección da saúde, configuran as principais prioridades de actuación. E parécenos moi ben, porque se trata de medidas que recoñecen a existencia deste problema e delimitan aspectos sobre os que se deben articular as políticas de goberno.
Sen embargo, as cousas non se están facendo ben. Recentemente, publicouse un Informe do Consello de Contas, sobre as medidas adoptadas para abordar o reto demográfico nos concellos galegos de menor poboación.
Nese documento afírmase que, na planificación inicial das necesidades e recursos, a coordinación das diferentes administracións non foi correctamente realizada nin documentada. Tamén se indica que existen medidas concorrentes e/ou solapadas das distintas Administracións, sen que se analice o efecto agregado das mesmas. E iso significa que se deben facer mellor as cousas.
Porque, aínda que non exista unha definición clara de reto demográfico, estaremos de acordo en que se relaciona co problema da despoboación, fenómeno que se constata en moitos dos nos nosos concellos, onde a mocidade migra cara outras localidades con mellores oportunidades laborais.
Tamén se articula directamente co envellecemento, ao mesturarse baixas taxas de natalidade coa elevada esperanza de vida que, como é sabido, provoca unha forte presión sobre os servizos de saúde e coidados de maiores.
E, por último, entre outros aspectos, tamén se vincula a sectores produtivos con dificultades, como sucede nos nosos concellos, onde os subsectores agrícola, gandeiro e da pesca teñen moitos obstáculos e os seus propios desafíos, o que á súa vez afecta a estabilidade económica desas familias.
Pois ben, abordar este fenómeno require unha planificación estratéxica e unha colaboración efectiva entre os sectores públicos local, autonómico e estatal, que non se observou. E, como xa resaltamos, trátase dun problema que nos afecta directamente, polo que, ademais das medidas contempladas na infografía, non estará de máis engadir especificamente o fomento da natalidade: incentivos económicos e sociais para as familias novas; promoción económica: creación de oportunidades laborais e melloras nas infraestruturas para atraer e reter á poboación nova; e, por non ser exhaustivos, entre outras e sobre todo, apoio aos maiores: mellora dos servizos de saúde e da asistencia a anciáns. Porque o reto demográfico constituirá unha variable fundamental de actuación política no futuro máis inmediato dos nosos concellos.
- Domingo Guerra. Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Outubro 24: Volvemos. A rendición de contas.
- Estreamos primavera sen tarefas pendentes
- Dúas cuestións sobre a autovía AG 55 da Costa da Morte
- Continuamos perdendo poboación
- Porque nos afecta e nos importa
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».