40 anos da LRBRL
Durante este mes de abril, conmemoramos o aniversario dunha lei esencial para os nosos concellos. Unha norma que foi, sen dúbida, decisiva para democratizar e modernizar o sector público local. Valores como os de autonomía local, suficiencia financeira, coordinación con outras Administracións Públicas e control financeiro, son principios nos que se fundamenta.
Nesta lei regúlase todo o que ten que ver co municipalismo. Desde a estrutura e funcionamento dos órganos de goberno, pasando polas competencias propias das entidades locais e a participación cidadá na toma de decisións (a través de consellos municipais e orzamentos participativos), ata sentar as bases da xestión financeira e orzamentaria que culminará, tres anos despois, con outra norma fundamental: a lei das facendas locais.
Sen embargo, esta norma básica foi modificada en diferentes ocasións coa intención de mellorar a eficiencia da xestión pública, a transparencia e a participación cidadá, pero con máis ou menos fortuna, ou mellor dito, con menos acerto que éxito, sobre todo coa reforma de 2013, cando se aprobou a Lei de racionalización e sustentabilidade da Administración Local, xa cuestionada neste espazo.
Porque, esa modificación non foi capaz de clarificar mellor as competencias; porque pretendeu racionalizar a estrutura local sen éxito, incluso afectando á autonomía local e á prestación de servizos públicos; e porque impuxo normas máis estritas para que os orzamentos locais estivesen equilibrados e que as entidades locais non incorresen en déficits excesivos, chegando a restrinxir a capacidade de investimentos incluso cando non existía débeda.
Pero, do que se trata hoxe é de conmemorar o corenta aniversario da principal norma das entidades locais, xa que desde diversos medios seguramente se fará algún tipo de recoñecemento. Por iso, desde aquí, tamén queremos contribuír con esta sinxela aportación, para que reciba a atención que merece.
Porque, non cabe dúbida de que a «LRBRL» debería ser máis coñecida. Estaremos de acordo en que todos sabemos perfectamente que significa DNI, IVA, ONG ou WIFI, pero non podemos afirmar o mesmo sobre a abreviatura da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local (LRBRL) que titula este artigo.
En fin, a «LRBRL» proporciona un marco xurídico esencial para a coherencia na administración local, de forma similar ao papel que desempeña a Constitución para o Estado, polo que é imprescindible que as futuras reformas sirvan para que os nosos concellos poidan responder eficazmente ás moitas necesidades dos cidadáns, xa que se trata dunha ferramenta esencial para garantir unha administración local eficiente, transparente e participativa.
Desde este diario dixital tamén queremos unirnos aos diferentes actos que, durante todo este ano, se celebrarán co motivo deste aniversario tan especial.
- Domingo Guerra. Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Febreiro 25: Diferentes varas de medir.
- Xaneiro 25: O reto demográfico.
- Outubro 24: Volvemos. A rendición de contas.
- Estreamos primavera sen tarefas pendentes
- Dúas cuestións sobre a autovía AG 55 da Costa da Morte
- Continuamos perdendo poboación
- Porque nos afecta e nos importa
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».