Parabéns, pola rendición de contas
As persoas que seguen esta columna saben que todos os anos publicamos o estado de rendición de contas dos nosos concellos. Pois ben, cumprindo con ese compromiso, agora que se coñecen os datos, presentamos o detalle na táboa.
Os resultados podemos consideralos satisfactorios. Por iso, procede darlle a en hora boa aos dirixentes municipais que fixeron ese exercicio de transparencia, de compromiso democrático e, en definitiva, de respecto á cidadanía, así que: parabéns!
Porque, con ese comportamento, o Consello de Contas pode verificar si os fondos públicos, que se puxeron en mans das alcaldías do anterior mandato, foron executados con eficacia e eficiencia. É verdade que a mera presentación destas contas non supón que se fiscalicen os estados contables, porque non se trata dunha auditoría, senón de verificar o cumprimento de certos aspectos formais e cos alcances que constan no programa de fiscalización aprobado polo órgano independente de control das contas públicas galegas.
Pero, coa rendición, ademais de cumprir cunha obriga legal, evitando a imposición de multas coercitivas e a prohibición de conseguir subvencións, constátase a boa disposición das actuais persoas que presiden os plenos.
Nese sentido, cómpre salientar que tanto Cabana, Cee, Malpica como Muxía son o exemplo a seguir, ao render a súa conta en prazo e sen incidencias significativas. Porén, e a pesar de que o resto presentaron defectos de contido, de tramitación e/ou coherencia nos seus estados financeiros, polo menos fixérono, a diferencia do comportamento de Fisterra, Mazaricos e Santa Comba. E iso hai que poñelo en valor.
Porque, como xa temos comentado en infinidade de ocasións: os concellos deben erixirse en colexios de aprendizaxe democrático, con mestres que ensinen o que significa a transparencia dando exemplo, con pedagoxía política constante e comportamentos éticos que dignifiquen a todas as persoas que ostentan cargos públicos.
Ese é o camiño.
- Domingo Guerra. Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Dúas cuestións sobre a autovía AG 55 da Costa da Morte
- Continuamos perdendo poboación
- Porque nos afecta e nos importa
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».