Sábado. 20.04.2024
El tiempo

COVID: Camariñas e A Laracha, en nivel medio de restricións para Semana Santa

Laxe e Ponteceso volven ao nivel baixo, como o resto dos concellos da comarca
Vista aerea de Caion-Foto-TurismoLaracha
Vista aerea de Caion-Foto-TurismoLaracha
COVID: Camariñas e A Laracha, en nivel medio de restricións para Semana Santa

A Xunta vén de anunciar como quedará o mapa de restricións de cara a esta Semana Santa, que entrará en vigor dende o venres. Na Costa da Morte só os Concellos da Laracha e Camariñas quedarán en nivel medio de restricións. En todo caso, as cifras mantéñense moi baixas, e de feito, en ningún dos dous concellos se rexistraron, ata onte, novos casos nos últimos 7 días.
Así, a taxa de incidencia acumulada na comarca non supera os 60 novos casos por cada 100.000 habitantes a 14 días.

Quedan no nivel baixo o resto de concellos da comarca, incluídos os de Laxe e Ponteceso, que estaban en medio. Queda por coñecer o resultado do cribado de Laxe, no que participaron un 65% dos convocados.

As diferencias, xa saben, que atinxen fundamentalmente á hostalería, pois en Camariñas e a A Laracha só poderán abrir ao 50% nas terrazas e ao 30% no interior; mentres que no resto de concellos a hostalería pode abrir ao 75% nas terrazas e ao 50% no interior. A mobilidade segue permitíndose entre concellos, agás nos que están en nivel máximo (actualmente só o ourensán Beade)

Polo resto, as restricións seguen sendo as mesmas, con Galicia primetrada, a hostalería pode abrir ata as 21:00h, e toque de queda ás 10:00h. Ademais, só se poden xuntar como máximo 6 persoas nos exteriores e 4 nos interiores, e continúan prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.

Máis novas sobre o covid

Comentarios