Domingo. 28.04.2024
El tiempo

O Modesto Patrimonio: Lugar de Ameixenda

Monte de Banle-Ameixenda-Foto-Modesto Garcia Quintans 960
Monte de Banle, Ameixenda. Foto-Modesto García Quintáns
O Modesto Patrimonio: Lugar de Ameixenda

Si retrocedemos na historia deste Lugar, sobre o ano 1600, estaba dividido por un regato que nacía na Fonte Fría e baixaba do Monte de Banle a desembocar na ría de Corcubión pola paraxe das Leiriñas.O terreno que quedaba o norte, coñecido como Lugar das Lamas, pertenecía o Conde de Altamira que tiñan que pagaban unha renda de uns 100 ferrados de trigo, repartido entre os 14 veciños. Ademais tiñan que pagar 2 carneiros e 5 litros de manteiga cada un.

O terreno situado o sur deste regato, coñecido como Lugar da Igrexa, propiedade do arzobipado de Santiago, tiñan que pagar unha renda de 130 ferrados de trigo, 30 ferrados de centeo e ademáis 90 carros de leña, a reparir entre os 11 veciños do lugar.

Non logrei encontrar o documento oficial que deslindaba este monte, pero no Archivo do Reino de Galicia existen documentos, entre eles, os duns vecinos do Lugar de Fadibón de Brens que pleitearon por un trozo deste monte. Así no ano 1898 ábrese un expediete de jurisdicción voluntaria promovido por Domingo Sande Lago, Ramón Paz González e Manuel Trillo Rodríguez, que trataban de demostrar con documentos e abalados por testigos, que entregaron no xuzgado municipal de Cee.

Nestes documentos demostraban que desde tempos dos seus antepasados poseían parte de este monte, cavando e sementando cereales para o seu aproveitamento. O deslindaban da siguente maneira: Norte, Agra de Calcovo, Cunca do Loureiro, Pitos da Pedra Furada, Campo de Porcadiñas e Campo de Campelo. Polo Sur, Poza da Lagüela, Fonte de Basete, Fonte Fría, Monte Maior, Gures e Escaro. Polo Este, Portela e Pedra Cabalesa e polo Oeste, As Penas.

Esto foi testificado por Ramona Canosa Díaz, Manuel Rodríguez Paz e Francisco Grille Caamaño, todos eles do lugar de Fadibón (Brens).

Tamén fan constar que dentro destes límites non existe servidumbre pública de paso para os lugares de Sta Eugenia de Escaró e tampouco falan do Prado de Casás. Todo este relato foi publicado no BOP nº 67 do 24 de Maio de 1988. O 2 de Maio de 1902 o Tribunal Gobernativo (exp. nº 2662) denega a lexitimidade da posesión deste monte.

Anos máis tarde, sería parcelado entre os vecinos destes lugares. Un veciño proporcionoume datos desta partilla, que segundo o documento dí que foi feita polo perito José Caamaño Beiro e rematada o 4 de Abril de 1898. Fala dos trozos da Ribeira da Canle, Pedra Grande, Trozo da Cubela, Os Pedrouzos e o Trozo de Monte Maior. O orixinal quedou na casa de José Trillo Castro.  

Os planos parcelarios actuais do catastro forman un “galimatías” de centos de mini-parcelas teóricas, sin camiños de serviumbre e difícil de identificar sobre o terreo improductivo que so da  toxos para provocar incendios. Tamén, parte de este monte está protexido como Espacio Natura-2000.

 

OUTRAS NOVAS

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

Patrimonio Pindexo

Comentarios