Martes. 16.04.2024
El tiempo

A CIG-Ferroatlántica esixe unha nova reunión coa Xunta ante a nova documentación presentada pola empresa

Antonio Dominguez o Conselleiro e Diego Calvo cos traballadores de Ferroatlantica-Foto- Rafa Quintans
Imaxe dunha reunión do Conselleiro Francisco Conde traballadores de Ferroatlantica-Foto- Rafa Quintáns
A CIG-Ferroatlántica esixe unha nova reunión coa Xunta ante a nova documentación presentada pola empresa

Corre a nova de que Ferroglobe ten presentado nova documentación na Xunta de Galiza para a cancelación anticipada do leassing que ten sobre as centrais. Ante esta situación e lembrando as promesas do Conselleiro de Industria Agustín Conde, a sección sindical da CIG en Ferroatlántica Cee-Dumbría-Centrais Hidroeléctricas esixe a inmediata convocatoria dunha reunión, como ratificaron os traballadores na asemblea celebrada no día de onte en Cee e Dumbría.

”A Xunta non pode ser cómplice nesta operación de venda fraudulenta que o Grupo Villar Mir pretende levar adiante”, sinalan dende o Comité deixando claro que van dirixir un escrito a Augas de Galiza para “denunciar a fraude desta transacción e para solicitarlle que inste a Ferroatlántica a pedir a autorización do cambio de titularidade da concesión ou, alternativamente, para que Augas de Galiza cualifique o escrito de comunicación presentado pola empresa con tal finalidade como unha solicitude de autorización iniciadora do correspondente procedemento”. No escrito tamén se solicita á Administración que se teña por personada á sección sindical da CIG nese expediente.

Unha situación que se dá mentres Ferroatlántica e o fondo TPG manteñen activos os recursos legais presentados contra a resolución de Augas de Galiza que desautoriza a desvinculación de actividades confirma que o obxectivo último segue a ser a venda das centrais hidroeléctricas.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios