Copa da Costa: O Corme batíu co Sofán nunha fermosa tarde no Cairo
Será o Corme o rival do XSC na festa do Fútbol da Costa na fin de semana da II Gala do Fútbol da Costa – QPC, da que xa sabemos os primeiros candidatos.
Despois dun choque sen tensión o sábado en Fontenla, o fútbol costeiro miraba ao Cairo na tarde dominical, onde as afeccións do Corme e do Sofán daban o do de peito para intentar meter ao seu equipo na finalísima. Foi finalmente a parroquia local a que celebrou o pase á soñada final.
Corme - Sofán (2-0)
- CORME: Javi, Dani, Alejandro, Miguel Torrado, Joshua; Adrián Doldán (Brais Torrado, min.85), Sergio (Samu, min.95), Lucas (Eloy cadete, min.92), Brais; Juan Chans (Jose, min.70) e Toniño.
- SOFÁN: Lerma, Sito, Javi Souto (Ceide, min.82), Rubén, Pablo Martínez, Félix, Seo (Maneiro, min.62), Luís, Leilán (Rojo, min.74), Bertín e Raúl.
- Goles: 1-0, min.45: Lucas; 2-0, min.97: Brais Torrado.
Espectacular ambiente no Cairo para ver unha semifinal fantástica, chea de fútbol e emocións. O 1-1 da ida daba unha pequena vantaxe ao cadro de Lentejo, que soubo xogar co marcador. Ningún quería arriscar e as defensas volvíanse impoñer aos ataques, polo que cada ocasión valería un mundo. Alejandro e Miguel Torrado estiveron imperiais na área local e apenas permitiron un par de ocasións, mentres Brais e Sergio Sueiro dominaban o medio campo. Por bando visitante, Leilán de falta, un disparo de Luis, e varios balóns parados que a defensa cormelán solventou foron as chegadas.
Dominou o Corme de saída no segundo tempo, e Juan Chans tivo unha moi clara que salvou Félix. Pasaban os minutos e a calor facía que o físico minguase, non así a tensión. Un tanto cambiaba o panoraba, e o Sofán buscaba a balón parado ese tanto, e o propio Félix o tivo na súa cabeza.
Xa co tempo cumplido e as forzas moi mermadas, Lucas anotou nunha contra matando as esperanzas visitantes, e Brais Torrado, tamén no desconto facía o segundo gol local.
Así celebrou o Corme o ascenso:
Así celebrou a Marea Azul do Corme C.F. o pase á final da #CopadaCosta tras vencer 2-0 ao SD SOFAN.Gracias Paloma polo documento!
Posted by Fútbol da Costa on Domingo, 21 de Xuño de 2015
XSC - Seaia (6-0)
- XSC: Couto (Koke, min.46), Alberto, Cristian, Rubio, Aarón (Adrián, min.50), César, Choco (Santi, min.48), Vía Rápida, Kevin (Marcos min.48), Joshi e Steven (Doro, min.78).
- SEAIA: Illote, Javi Rañal, Víctor (Richard, min.19), Adrián, Dimaga, Nando, Felipe, Eme, Tato, Moisés e Magovi.
- Goles: 1-0, min.3: Vía Rápida; 2-0, min.38: Kevin; 3-0, min.42: Kevin; 4-0, min.48: Choco; 5-0, min.62: Adrián; 6-0, min.88: Doro de penalti.
Partido sen historia en Fontenla o disputado o sábado tralo 1-7 da ida. Para o Seaia xa foi toda unha alegría estar aquí, e onte xa estaban máis pendentes do San Adrián que do fútbol.
A mellor nova para a familia xalleira, a volta aos terreos de xogo de Doro, que fixo de adestrador-xogador, disputando 15 minutos e mesmo marcando un tanto de penalti.
Novas da Gala
- Os primeiros candidatos aos Premios da Gala Fútbol da Costa – QPC.
- En marcha a II Gala do Fútbol da Costa – QPC.
Crónicas da semana
- Gran mazazo á familia do Zas tras quedar ás portas do ascenso.
- Xa temos final da Copa, o Zas queda sen ascenso e o Coristanco novo equipo da 2ª.
Crónicas da Copa
- Copa da Costa: Encontro de ida das Semifinais.
- Ida dos Cuartos: Temporal do XSC e o Seaia dá a sorpresa.
- Volta dos Oitavos: Copa da Costa: Os goles fóra de casa valen doble.
- Ida Oitavos: Sofán, Zas e Castriz dan un paso cara Oitavos.
- Volta Dezaseisavos: Os equipos da Preferente non teñen a Copa gañada.
- Ida Dezaseisavos: Crónicas dunha ida dos Dezaseisavos da Copa da Costa marcada polo nordés.
- Previa: Copa da Costa: Cabana, Ameixenda e Camariñas superan a Previa.
- Copa da Costa 14: O Dumbría venceu en Fontenla e colle o relevo do XSC como Campión da Copa da Costa.
Artigos futboleiros
- Manuel Varela: Dous cadetes nas semifinais da Copa da Costa.
- Corredoira: Case 100 adestradores titulados en dous anos na Costa.
- Héctor Pose: Un árbitro á sombra dun rododendro.
- Lema Suárez: A curiosa prehistoria do fútbol da Costa daqueles anos vinte.
- Da necesidade dun relevo nas Directivas dos equipos do Fútbol da Costa.
- Pide o teu libro sobre o Bayern de Pep.
- Un vídeo para motivar ao Sporting Zas.
- Alberto Pose: Queremos sanear o Fútbol da Costa?.
Primeiros títulos colleitados
- Zas e Sofán foron as capitais do Fútbol Base costeiro.
- Cabana e Muxía, os últimos campións dos peques de F8.
- Os campións costeiros de F8 disfrutaron de fermosas Fases Finais.
- 3ª Autonómica: Un ascenso agónico do Ameixenda.
- O Outes faise co título da Liga da Costa nunha tarde de verdadeiro infarto.
- O Cerqueda certifica o título da 3ª e un histórico ascenso.
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos goleado da 3ª-
- Anxo e Gato, os porteiros menos goleados da 1ª e 2ª Autonómica.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
- XSC e Cee disfrutan dos títulos de Campións da Copa da Costa.
- O Dumbría sofre pero supera á Esteirana e tamén gaña a Copa da Costa Xuvenil.
- O Cee suma outro título cos Alevíns de F8.
- Un título de Prebenxamíns con dous gañadores.
- Veteranos: O San Román róuballe o título ao Coristanco no último suspiro.
- Os Benxamíns agrandan o mito da eterna canteira fisterrá.
- O XSC celebrou o título Infantil e buscará o ascenso á Liga Galega.
- O Corme festexa o título Cadete e o Cabana a Fase de Ascenso.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).