Domingo. 05.05.2024
El tiempo

Copa da Costa: Encontro de ida das Semifinais

Copa da Costa: Encontro de ida das Semifinais
Tarde de Copa no futbol da Costa, unha xornada onde as Semifinais votaban a rodar en Malpica é en Sofán. O encontro mais atractivo por ser dous equipos da mesma categoria sería o Sofán - Corme, un encontro que queda todo por resolver no partido de volta no Cairo en Corme tralo empate desta tarde no Carral. En canto o outro encontro practicamente está todo decidido trala goleada encaixada do XSC o Seaia que practicamente dí adeus a competición. Sofán - Corme (1-1)
  • Sofán: Lerma, Javi Souto, Marcos pensado, Pablo, Raúl, Bertin, Javi, Angel, Diego, Jose Fernandez e Jose Muñiz. Banquillo: Miguel, Oliver, Ruben, Dourado e Brais.
  • Corme: Jesús, Diego, Alejandro, Dani, Jhosua, Sergio, Juan Chans, Adrian Doldán, Josiño, Lucas, Brais. Banquillo: Miguel Torrado, Javi, Brais, Jose Gonzalez e Samuel.
  • Goles: 0 - 1,min.34: Lucas; 1-1, min.44: Bertin.
  • Tarxetas Amarelas: Javi Souto e Pablo Martinez (Sofán). Dani, Miguel e Lucas (Corme).
  • Tarxeta vermella: Diego Bermudez (Corme)
Encontro no que se congregarian cerca das 400 persoas e moitas delas pertencentes a Mareona Azul de Corme. Daba comezo o encontro con un  moi disputado partido por ambos lados onde o Corme tivo momentos de moi bo xogo e onde golpearía primeiro na meta de Lerma con un bo gol de Lucas. Os azulóns puideron sentenciar pero a fortuna non estivo de cara.  Antes de finalizar o primeiro tempo os locais empatarian o encontro por medio de Bertín e así chegariase o final da primeira metade con este 1-1 no marcador. Na segunda metade os dous conxuntos tirarían mais de corazon que de forzas, encontro moi trabado e con moitas interrupcións por ambos lados. O final do encontro chegaríase con este empate a 1 que deixa todo pendente para o encontro de volta na que seguro que será un partido trepidante. Seaia - Xsc (1-7)
  • Seaia: Illote, Vistas, Ribeiro, Adrian, Victor, Eme, Nando, Felipe, Dimaga, Javi Rañal e Tato. Banquillo: Ricardo, Camilo, Cristian e Moises.
  • Xallas de Santa Comba: Ivan Couto, Ruben Forjan, Oscarín, David, aaron, Jota, Alberto, Jesús, Vía Rápida, Jose Rama e Kevin. Banquillo: Alberto Pena, Vicente, Steven, Pablo Baña e Cristian.
  • Goles: 0-1, min.16:Jota; 0-2,min.25 :Alberto; 0-3, min.33:Ruben Forjan; 0-4, min.40:Kevin; 0-5, min.45: Oscarin; 0-6, min.55: Pablo Baña; 0-7, min.67: Alberto; 1-7, min.85:Eme (penalti).
Daba comezo o encontro e a diferencia de categoria xa se notaba nada mais comezar o partido, o Seaia só foi quen de aguantar a un super equipo os primeiros 15 minutos cando chegaria o gol de Jota, a partir de ahí o encontro foi practicamente un monólogo. Unha apisonadora que practicamente se mete na final da Copa da Costa un ano mais. Os locais tamén notaron as baixas de varios dos seus xogadores titulares. Uns xogadores que o propio equipo facianlles unha cea o venres, tanto o Porteiro Jesús que deixaba o equipo definitivamente por motivos laborais como Parga que era operado da rodilla recentemente.

Comentarios