O Fisober B, único equipo costeiro nas semis da Copa Provincial
Fin de semana completa de fútbol sala, pois ademais da Copa Provincial, o Fisober tamén disputou un torneo mentres se celebraba o intenso Copa-Maratón de Cee.
Resultados dispares para un e outros. O Fisober B conseguía pasar, con algo de sorte, ás Semifinais de Copa. E a sorte que tiveron as vimiancesas faltoulles a Ponteceso FSF e Vila de Cee, que caían ante Work (cun 1-1 na volta) e polo Fervenza (1-0) respectivamente.
Mentres o Fisober caía no Torneo de Pontevedra ante o Leis.
Copa Provincial, Volta dos Cuartos
- Resultado: BEART 5 CORUÑA – FISOBER “B” F.S.F. (3-4).
- FISOBER B: Paula, Patri, Ana, Tamara e Laura; tamén xogaron: Inés, Andrea e Noelia.
- Goles: 0-1 Ana, 0-2 Ana (descanso), 1-2 Melania, 2-2 Leny, 2-3 Patri, 2-4 Inés, 3-4 Leny.
Partido correspondente os cuartos de final da Copa Provincial disputado o sábado en A Coruña.
Como se desprendeu do partido de ida os pequenos detalles definirían a eliminatoria i eses caeron a favor das da Costa, nuns cuartos de final emocionantísimos e igualadísimos no que calquera dos dous equipos puido pasar a semifinais.
As locais arrancaron moi fortes e as visitantes moi nerviosas, cun 5 Coruña pretendía saír en perigosas contras. Ata en tres moi claras ocasións puideron adiantarse as coruñesas. Na primeira definiron mal, na segunda enviaron o trabe e na terceira sacou Inés baixo paus.
Co paso dos minutos foron atopándose algo máis cómodas as visitantes. E nos últimos minutos da primeira metade todo trocou. A minuto e medio para a súa finalización Ana aproveitou un lanzamento de falta para poñer en vantaxe as visitantes. E nos últimos segundos, unha falta local que supuxo a sexta e conseguinte lanzamento de dobre penalti, de novo Ana aproveitou a oportunidade para facer o cero a dous xa co crono a cero.
Volvíase do tempo de lecer con vantaxe visitante, pero as locais non estaban dispostas a rendirse. Os dous minutos Melania facía o primeiro gol local para manter a eliminatoria viva. O partido abriuse máis e aparecían ocasións en ambos lados. Pero ningún dos equipos era quen de marcar. Ata que a dez minutos para o fin Leny igualaba o partido e deixaba as locais a un gol de igualar a eliminatoria.Emoción e tensión na pista.
Cando entrábamos nos últimos cinco minutos as locais decidíronse polo ataque de 5 para igualar a eliminatoria, pero dúas perdidas foron aproveitadas por Patri e por Inés para facer o terceiro e cuarto gol visitante que decidían a eliminatoria a prol das da Costa. Nos últimos segundos Leny facía o tres a catro definitivo despois dun claro penalti de Ana.
Agora nas semifinais as da Costa enfrontaranse A Fervenza B, para o que parece difícil que poidan recuperarse as lesionadas Anabel, Natalia, Alejandra e Paula Fandiño.
Copa Provincial, Volta dos Cuartos
- Resultado: Grupo Work - Concello de Ponteceso FSF (1-1)
- A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Salomé, Martina, Carla, Carmen e Sandra – tamén xogaron –Cintia, Noa, Ana, Bea e Zeltia.
- Goles: 1-0.- Carmen; 1-1.- Cintia.
Intenso partido o visto a tarde do sábado na Sagrada Familia, con dous equipos motivados e con ganas de pasar á semifinal da Copa. A primeira metade foi moi igualada en canto a xogo e ocasións. Os dous equipos saíron metidos no partido, presionando arriba e complicándolle a saída do balón ás rivais, pero ambos conxuntos aguantaron ben a presión en defensa. Pouco a pouco iban xerando oportunidades e creando perigo nas porterías contrarias. As pontecesanas, que contaban con varias xogadoras tocadas do partido anterior, intentaban poñerse por diante no marcador con varios tiros de Cintia e Sandra, pero despéxaos sen problema a gardameta local. No momento en que máis igualado estaba o partido e a poucos minutos de ir cara os vestiarios, un erro en defensa das pontecesanas provoca un man a man entre Carmen e a porteira visitante, que a coruñesa resolve cun tiro que pasa entre as pernas de Salomé, adiantando ó Grupo Work no marcador. Intentarion volver poñer as táboas no luminoso as pondalianas, pero sen conseguilo e chegando ó descanso co 1 a 0.
No segundo período saíron máis enchufadas as xogadoras de Barca e Curro, tendo tanto o dominio do balón como o do partido. Nada podían facer as herculinas para evitar a chegada das pontecesanas á súa portería agás faltas. Cintia era a que máis perigo creaba para as visitantes, chegando moitas veces á liña de fondo e dando ó pase ó segundo pao, ó que non conseguía chegar ningunha compañeira. Tan só tiveron unha ocasión clara as do Grupo Work, un man a man tras unha contra que para ben Bea, que sustituíra a Salomé no final da primeira metade. Seguíao intentando o Ponteceso, e nunha xogada de Cintia, sinala penalti o colexiado por man dunha defensora, penalti que a mesma Cintia se encarga de transformar, poñendo outra vez o empate no marcador e sabendo que ainda tiñan tempo para remontar o partido. Tras este gol non deixaron de intentalo as pontecesanas, que seguían dominando o partido, pero non tiñan sorte de cara á portería rival. A 15 segundos do final, chegaba a última oportunidade de acadar a vitoria e o pase a semifinais, por medio dun tiro de castigo tras pitar o árbitro a sexta falta das coruñesas. A encargada de tiralo era Cintia, que xa transformara o penalti, pero desta vez a porteira herculina sería a protagonista, tras pararlle o tiro e levar ó seu equipo ás semifinais da Copa Provincial.
Desta vez, a sorte viroulle as costas ás pontecesanas que, a pesar de ser mellores nos dous partidos da eliminatoria, viron como as contrincantes pasaban de ronda sen gañarlles ningún partido. Pese á eliminatoria, vimos no cadro pontecesán unha boa imaxe no terreo de xogo, o que deixa ó equipo satisfeito co traballo realizado, ainda que triste por non acadar o pase á seguinte eliminatoria. Remataban así unha tempada chea de altos e baixos.
Trofeo Cidade de Pontevedra
- Resultado: LEIS PONTEVEDRA – FISOBER F.S.F. (3-1)
- FISOBER: Raquel, Patri, Ana, Inés e Noelia; Tamén xogou: Laura.
- Goles: 0-0 ó descanso. Na segunda metade 1-0 Adriana, 2-0 Nerea, 2-1 Patri, 3-1 Tamara.
- O Ganados Maroño tomouse a revancha co Baíñas na Copa-Maratón de Cee.
- Os 3 equipos costeiros deixan para a volta o pase ás semis da Copa Provincial.
- A porteira Bea acadou a 5ª praza coa Selección Coruñesa no Campionato Galego Cadete.
- O Fisober despediu a campaña cunha doce vitoria na casa.
- Doble derbi para pechar unha tranquila Liga Provincial para Vila de Cee, Ponteceso FSF e Fisober B.
- 8 xogadoras da Costa para a Selección Coruñesa de Fútbol Sala.
- O Ponteceso FSF afrontará con vantaxe o gran derbi ante o Vila de Cee.
- Último estirón para os equipos femininos de fútbol sala.
- Liga FS Cee: O Quintaplast campión da 2ª mentres a 1ª espera polo gran derbi vimiancés.
- Só o filial do Fisober suma nunha fin de semana de foto.
- O Fisober é profeta na Rioxa.
- O Vila de Cee protagoniza as boas novas do fútbol sala feminino.
- O Fisober non puido con invito Bilbo.
- O Ponteceso FSF caíu ante o Grupo Work no único choque da fin de semana.
- Xornada sen derrotas para o fútbol sala feminino costeiro.
- O Fisober xa superou os puntos da temporada pasada.
- O Vila de Cee demostra o seu potencial ante o filial do Fisober.
- Xornada falta para o fútbol sala feminino costeiro.
- O Fisober estrea segunda volta e páxina web.
- O Villa de Cee tamén supera ao Ponteceso FSF.
- O Villa de Cee alcanza xa ao Fisober B.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- De charla e torneo coas xogadoras do Ponteceso FSF.
- Os Penélopes fanse co Maratón Solidario 3×3 da Cherinkas.
- E Murphi segue xogando contra o Fisober.
- O filial do Fisober esperta e vence na ponte.
- O Villa de Cee FSF acostúmase a gañar.
- O Villa de Cee xa sabe o que e gañar.
- O Ponteceso FSF leva o derbi por goleada.
- O Fisober estreou o Pavillón de Dumbría con vitoria.
- O Concello de Ponteceso FSF quedou cun sabor agridoce.
- Semana feliz para a familia Fisober.
- O primeiro derbi oficial entre Fisober B e Vila de Cee queda en Vimianzo.
- Dúas derrotas e unha vitoria foi o balance da xornada no fútbol sala feminino.
- O Ponteceso FSF arrinca a campaña líder.
- O Fisober arrinca solventando a súa conta pendente: gañar na casa.
- O Ponteceso FSF arrinca un novo curso tras unha durísima pretemporada.
- O Fisober xa quece motores ca Copa Xunta e os amigables do filial.
- O Villa de Cee Novo equipo de futbol sala Feminino.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Ponteceso FSF pecha un ano moi Íntegro.
- Redacción de QPC ([email protected]).
O Fisober foi invitado a disputar o Trofeo Cidade de Pontevedra de fútbol sala feminino e a pesares das baixas de última hora foi quen de disputar o partido ata os últimos segundos. Enfrontouse o Leis Pontevedra equipo o igual que o Fisober de Segunda División pero do grupo IV.
As locais dominaron todo o partido e as visitantes tentaban aproveitar algunha contra para poñerse en vantaxe. Con resultado de empate a cero rematou a primeira metade coa visitante Raquel que tivo que facer as veces de porteira moi inspirada.
No arranque da segunda adiantáronse as locais. Que se puxeron con dous a cero mediada a primeira metade. A falta de catro minutos para o fin Patri facía o dous a un e deixaba as da Costa a un gol de igualar o partido. Nos últimos segundos cando máis arriscaban as visitantes as locais fixeron o definitivo tres a un.