Mércores. 01.05.2024
El tiempo

O Ponteceso FSF afrontará con vantaxe o gran derbi ante o Vila de Cee

O Ponteceso FSF afrontará con vantaxe o gran derbi ante o Vila de Cee
O Ponteceso FSF loitara co Vila de Cee pola 6 praza

Non houbo liga esta fin de semana pola festividade de Semana Santa, pero si tivo partido o Concello de Ponteceso FSF durante a semana, o aprazado o fin de semana anterior contra o CD Mabegondo, correspondente á 21ª xornada da Liga Provincial Feminina.

Un choque que remataba sen goles e que deixa un punto para o Ponteceso, que desfai o empate a puntos entre o Concello de Ponteceso FSF e o Cee, que loitarán man a man na seguinte xornada pola 6ª praza, aínda que as pontecesanas contan cun partido menos, xa que lle queda por disputar o aprazado contra o Fisober “B”. O gran derbi será o vindeiro sábado 26 ás 18:00h no Pavillón de Ponteceso.

Liga Provincial, xornada 21

  • Resultado: C.D.Mabegondo - Concello de Ponteceso FSF (0-0).
  • A.D. VILA DE PONDAL- CONCELLO DE PONTECESO FSF: Bea, Ana, Martina, Carla e Sandra – tamén xogaron – Zeltia.

Partido pouco intenso e mermado polas baixas en ambos equipos. As locais contaban só con 7 xogadoras mentres as visitantes, coa lesión da xornada anterior de Salomé e as baixas por motivos personais de Carmen e Laura, contaba con tan só un cambio no seu banquillo. Ainda así, o partido foi en todo momento dominado polas pondalianas, que claramente foron superiores e fixeron un bo partido, pero que non souberon aproveitar todas as ocasións xeradas. As locais non chegaron á portería defendida por Bea en todo o encontro, ó contrario que as xogadoras de Barca e Curro, que si que remataron á portería moitas veces, pero o individualismo das xogadoras nos últimos metros, remantando sempre a que levaba o balón sen pasar ningunha vez á que estaba soa no segundo pao, fixo que tanto a porteira como a mala definición evitaran que as pontecesanas levaran os tres puntos para a terra de Pondal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios