Mércores. 01.05.2024
El tiempo

8 xogadoras da Costa para a Selección Coruñesa de Fútbol Sala

8 xogadoras da Costa para a Selección Coruñesa de Fútbol Sala
Xogadoras do Fisober e do Ponteceso FSF convocadas pola Selección Coruñesa- Arriba, de esqueda á dereita Noe, Andrea, Paula e Alejandra, do Fisober; e abaixo as pontecesás Saray, Bea, Carla e Zeltia

Un ano máis a Costa da Morte segue nutrindo de xogadoras á Selección Coruñesa de Fútbol Sala. E nótase que o traballo de canteira realizado nestes últimos anos polos equipos da volta están dando os seus froitos. Desta volta, 4 xogadoras do Fisober da Liga Provincial (3 cadetes e unha infantil) e outras 4 do Concello de Ponteceso FSF (4 cadetes) foron escollidas para os adestramentos na preselección do Campionato Territorial. Unas adestramentos que serán no pavillón Monte das Moas (A Coruña) os domingos de 11:00 a 13:00h.

Última xornada antes dos adestramentos

E boas novas que chegan no treito final da campaña, e xusto antes do último partido da Liga Provincial. Unha Liga que rematan con doble derbi. O sábado ás 18:00, Ponteceso FSF - Vila de Cee no municipal pontecesán. Tamén o sábado ás 20:00h no Municipal de Muxía o Fisober B recibe ao Espartanas, e o domingo pecharase a Liga co choque aprazado da xornada 17 entre Fisober B e Ponteceso FSF, que se celebrará ás 12:00h tamén en Muxía.

4 convocadas dende Ponteceso

As escollidas do equipo de Barca foron as malpicana Bea Lista (porteira), a carballesa Carla Varela (cierre) e a cormelana Zeltia Bello (ala), en idade cadete e xogadoras do primeiro equipo, das que Bea e Zeltia xa foran preseleccionadas o ano pasado. Pero non son as únicas, posto que tamén foi preseleccionada a pontecesana Saray Muiños, xogadora en idade infantil pero que entrena co primeiro equipo.

Todas as xogadoras formaban parte do filial que o equipo pontecesán tivo ata esta temporada, na que xa a maioría das xogadoras pasaron a formar parte da primeira plantilla. Tanto Carla como Zeltia están facendo unha boa temporada no seu primeiro ano na Liga Provincial, ó igual que Bea, que debido a unha lesión nunha man, participou nalgúns partidos como xogadora de campo, pero tanto de xogadora como de porteira fixo unha boa temporada, da que xa só lle quedan dous partidos, que disputarán esta fin de semana contra o Vila de Cee e o aprazado contra o Fisober “B”.

4 convocadas do Fisober

Desta vez serán catro rapazas que xogan no Fisober de Liga povincial, tres delas en categoría cadete e una infantil as que acudan os vindeiros domingos a adestrar ca Selección coruñesa cadete que disputara o campeonato galego de seleccións territoriales o próximo 17 de maio. As rapazas convocadas son:

  • Noelia Fernández (Baio 1998)
  • Andrea Domínguez (Baio 1999)
  • Alejandra Facal (Baio 1999)
  • Paula Fandiño (Cee 2001)

E pensando na Copa Provincial

Ademais, os equipos xa teñen a mente na Copa Provincial. Hai que agardar a ver como queda a clasificación final para ver os emparellamentos pero a competición xa comezará probablemente a vindeira semana.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).
  • Notas de prensa do Fisober, do Vila de Cee e do Ponteceso FSF.

Comentarios