Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Xuvenís: O peixe case vendido

Xuvenís: O peixe case vendido
Dumbria-Corme-Xuvenil-Foto-Jorge Parri

Coma se soe dicir, o peixe está case vendido. Na Liguila Previa Dumbría e Esteirana teñen un pé na á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil a falta xornadas, e a falta de intensidade nos grupos da Copa deixa as competicións pouco competidas.

O dato negativo da xornada: 9 expulsións.

Liguilla Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega, xornada 6

Un pé ten a Esteirana na Fase de Ascenso á Liga Galega tras vencer ao XSC. Saca xa 7 puntos ao 3º, polos 8 do Dumbría, polo que a falta de 4 xornadas xa case está todo o listo.

Dumbría - Corme (4-0)

Dumbria xuvenil-Foto-Jorge Parri
  • DUMBRÍA: Bouzón, Roberto, Portu, Cabana, Jano, Martín, Maikel, Adrián, Marcote, Pablo e Javi. Tamén xogaron: Lucas, Yeray, Kevin, Charly e Couto.
Corme CF Xuvenil no Conco-Foto-Jorge Parri
  • CORME: Alejo, Sergio, Iván, Rubén (Martín, min.83), Fran (Eloy Castro, min.70), Antoniño, Brais Torrado, Kike, Juanma, Dani Chans (Manu, min.50) e Bruno (Alex, min.80).
  • Goles: 1-0, min.1: Maikel; 2-0, min.65: Roberto; 3-0, min.68: Javi; 4-0, min.72: Lucas.
Capis do Corme e do Dumbria xuvenil-Foto-Jorge Parri

Chegaba o Corme ao Conco con moitas baixas, co dianteiro Alejo de porteiro e porteiro Rubén probando de central, pois o ano que vén o posto de porteiro xa está pensado para Fran, infantil que pasa a cadetes, xa cunha planta ben seria.
Primeira parte moi frouxa por parte do Dumbría que se metía 1-0 xa no primeiro minut. Aguantou o Corme moitos minutos, cun par de ocasións como a que disfrutou nada máis sacar de centro, cando quedou Bruno diante do porteiro tras unha parede pero tirou frouxo.

Na segunda metade mellorou o Dumbría que combinou ben pero tardou en sentenciar, pero Roberto, Javi e Lucas puxeron os goles.

Esteirana - Xallas StComba (4-3)

  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tobío, Rafa, Code, Adri, Pablo, Manu, Jose, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Sergio, Cristian, Damián e Fabio.
  • XSC: Álvaro, Cristian Caamaño, Jacobo, Carlos (Pablo Landeira, min.55), Miguel, Fabián (Martín, min.75), Torres, Adrián, Tefi (Alberto, min.70), Steven e Iván Pastoriza.
  • Goles: 0-1, min.7: Steven tras un córner; 0-2, min.17: Tefi de falta directa; 1-2, min.49: Adrián; 2-2, min.50: Rafa; 3-2, min.60: Pablo; 4-2, min.66: Adrián; 4-3, min.80: Pablo Landeira.

Partido igualadísimo e ben fermoso o que se vivíu en Esteiro, entre dous equipazos que protagonizaron un desgaste físico impresionante, e que deixa á Esteirana moi preto da Fase de Ascenso. E iso que o equipo de Rafa realizou unha gran primeira metade do XSC, levando o peso do partido e tendo boas ocasións. De feito, pronto se metían por diante con dúas xogadas de estratexia que asinaban Seteven e Tefi.

Pero arrincaba a segunda metade cunha Esteirana arrolladora e un cadro xalleiro de "páxara" e en 5 minutos o partido estaba empatado cos goles de Adrián e Rafa en xogadas consecutivas, e aos 20 minutos o marcador sinalaba 4-2. Tardou en reaccionar o XSC, que por medio de Pablo Landeira se metía de novo no partido, pero sen tempo á remontada.

Cabana - Malpica (5-3)

11 do Cabana xuvenil-Foto-Luis POrto
  • CABANA: Adrián, Aurelio, Raúl (Alberto, min.29), Dani Mato, Laik, Cacha, Pablo (Grille, 62), Sergio Ferreiro, Redondo (Cristian Varela, min.78), Álex, Iván Mato (Óliver, 74).
11 do Malpica nas Redondas-Foto-Luis POrto
  • MALPICA: Manuel; Brais, Víctor Novo, Jorge, Canario (Steven, min.67), David, Alberto (Guille, min.62), Almeida, Pitís (Chols, min.85), Eloy, Kevin (Gabi, min.83).
  • Goles: 1-0, min.1: Iván Mato con picardía; 2-0, min.6: Sergio Ferreiro de tiro raso; 2-1, min.20: Eloy; 2-2, min.30: Pitís; 2-3, min.44: Pitís a pase de Adrián; 3-3, min.50: Redondo; 4-3, min.60: Alberto; 5-3, min.85: Cacha dende a media lúa pola escuadra.
  • Expulsións: Os malpicáns Víctor Novo e Eloy no min.67 e Jorge no min.76; e o cabanés Óliver no min.81.
  • Lesións: o local Alberto e os malpicáns Alberto e Canario.
Dani Mato e Kevin capis do Cabana e Malpica xuvenil-Foto-Luis POrto

Choque de alta tensión nas Redondas entre dous grandes equipos que deixaron un espectáculo ben fermoso na primeira metade. Algo empañado por unha segunda metade convulsa, chea de protestas ante un colexiado que non puido controlar a situación e acabou con 4 expulsados.

O choque comezaría vibrante, sen parada. Pegaba o Cabana primeiro con 2 tantos en apenas 6 minutos, pero relaxouse e o Malpica era quen de darlle a volta ao marcador antes do descanso, facendo gala da súa dinamita arriba.

Na segunda o Cabana comezou moi activo e pronto Redondo e Alberto volvían poñer o marcador de lado cabanés. E aí, co 4-3, chegaron as protestas e as expulsións que acabaron con partido, deixando a vitoria no bando local.

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Norte, xornada 3

Ponteceso - Coristanco (2-1)

  • PONTECESO: Xurxo, Lorenzo, Diego, Dani Sánchez, Adrián, Ismael, Ismail (Diego Pérez), Dani Valle (Luca), Alberto Recarey, Pablo e Cristian.
  • CORISTANCO: Nacho, Cristian, Javi (Varela, min.46), Rubén (Abelenda, min.70), Navarro (Iván, min.50), Brandón, Joaquín, Joni, Fondo (Crispín, min. 60), Bértoa e Suárez (Jorge, min.30).
  • Goles: 1-0, min.15: Cristian; 2-0, min.40: Cristian; 2-1, min.65: Jorge.
  • Expulsión: o local Lorenzo.

Levou o Ponteceso o partido ante un Coristanco que comezou presionando arriba a saída do balón dos de Rubén Souto, que non están co nivel de final da Liga regular. Pero a primeira metade foi de control local, que se metería co 2-0 cos goles de Cristian, e con ocasións para ampliar a renda.

O Coristanco non se veu abaixo, pero non creaba demasiadas ocasións. Na segunda Jorge e Bértoa avisaron antes de que o propio Jorge recurtara diferencias. Aí veuse arriba o cadro de Da Silva que apretou ata o final buscando o empate e facendo que o cadro local case pedise a hora. Jorge tivo o empate pero non acertou e Abelenda tamén, pero o colexiado vía fóra de xogo.

Baio - Porteño (1-2)

  • BAIO: Guillermo, Jose (Michi, min.65), Xoel, Sergio, Pablo, Kevin, Anxo, David, Pedro (Alfonso, min.75), Santi Díaz e Cristian (Oreiro, min.60).
  • PORTEÑO: Brais, Dani (Damián, min.46), Gonzalo, Bruno, Manuel, Rodri, Mario, Álvaro (Manuel, min.70), Josiño (Maikel, min.46), Cristian (David, min.46) e Matías (Pifo, min.85).
  • Goles: 0-1, min.3: Matías; 1-1, min.25: Santi Díaz de falta; 1-2, min.90: Maikel.

Prantexou o Porteño o partido dende atrás, moi replegado e buscando as contras ante un Baio que sabe sacar moi ben o balón combinado. Precisamente marcou o Baio o ritmo pero en dúas contras ás costas da defensa o Porteño levou o partido.

Comezaban marcando os visitantes convertíndose así o partido nun monólogo local. Empataba Santi Díaz cunha fermosa falta, e a partir de aí chegaron varias ocasións. Santi, Anxo, Kevin, Pablo tiveron boas ocasións, mesmo unha ao pau, pero non matou o choque o equipo de Pastoriza e xa co partido finalizado, un despexe ás costas da defensa, deixaba só a Maikel que non fallaba ante a Brais, dando a vitoria aos de Ordóñez.

Castriz- Camariñas (1-2)

  • CASTRIZ: Víctor, José Ángel, Pablo, Curru (Javier, min.46), Alex, Marcos, Balsa, Jordi, Andi, Manu e Joni.
  • CAMARIÑAS: Jose Luís, Pose, Ariel, Santi, Mateo, Ariel, Chico, Juan, Dani (Chucki, min.75), Carlos, Martín e Jose.
  • Goles: 0-1, min.30: Jose; 0-2, min.70: Jose; 1-2, min.80: Joni de penalti.

Moi mellorado este Castriz de Lorenzo e Evaristo dende que comezou a campaña ata o día de hoxe. O cadro xalleiro prantou cara durante todo o partido a un Camariñas máis rodado e que queda no máis alto do seu grupo trala derrota do Baio ante o Porteño. Os camariñáns, máis veteranos, souberon aproveitar as súas armas. En fronte, un cadro rosonero que buscou xogar o balón por abaixo, facendo bos movementos e chegando a portería rival.

Pero Jose foi o home da tarde cos seus dous goles para o cadr que dirixe Pirucho, que se metía 0-1 á media hora e o segundo no ecuador da segunda. Volcouse o Castriz, e recurtou de penalti, pero falta pólvora no cadro xalleiro, que buscou o empate pero o gol non entrou.

Liga da Copa da Costa Xuvenil. Grupo Sur, xornada 3

Muros - Outes (1-1)

  • MUROS: Matías, Mancebo, Veloso, Samu, Diego, Miguel, Santi, Ramón, Piki, Juanche e Hugo. Tamén xogaron: Adri, Macheda e Yeray.
  • OUTES: Yoel, Samuel, Brión, Yura, Rafa, Babu, Adrián, Ibra (Cutu), Paulo (César), Veleiro e Xurxo (Zeta).
  • Goles: 1-0, min.25: Veleiro; 1-1, min.88: Adri.
  • Expulsión: o muradán Adrián con vermella directa por blasfemar ao marcar o gol (min.88).

Dous equipos moi parellos e un choque igualado no cal o Muros controlou lixeiramente a primeira media hora de partido, pero o Outes chegaría unha vez marcaría o primeiro tanto do partido á saída dun córner cun remate do punta Veleiro. O partido seguiría igual, sen claro dominador e con poucas ocasións, algunha máis para o cadro muradán pero desaproveitadas.
Xa na segunda metade o partido estivo roto, con moito pelotazo por parte de ambos equipos, e a falta de pouco tempo para o final Adri faría o gol do empate e tamén sería expulsado por insultar logo de meter o gol. No último minuto de partido Veloso estivo a piques de marcar tras un corner botado por Ramon. pero chegaríamos así ó final.

Muxía - Lira (4-1)

Comentarios