Venres. 26.04.2024
El tiempo

Xuvenís: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo

Xuvenís: O Dumbría bate na mesa e a Esteirana segue o ritmo

Xa levamos dúas xornadas desta Liguila Previa á Fase de Ascenso á Liga Galega Xuvenil, e parece que xa temos nomes propios. O primeiro, o Dumbría, que batíu enriba da mesa cunha goleada de escándalo ao Malpica. Son 11 goles a favor en dous partidos por ningún en contra.

Ao seu carón, tamén con 6 puntos, está a Esteirana, que superou a un brando Corme que aínda non cre nas súas posibilidades. Unha Esteirana que tamén presentou candidatura, e que malia que só Codesido é de último ano, o grupo é tremendamente ambicioso tralo éxitos do ano pasado en cadetes. E se Martín pode contar con todos os seus efectivos, conta e moito para meterse entre os dous primeiros, pero se ben é certo que só quedan partidos que se van decidir por pequenos detalles..

O Cabana redimiuse da derrota da semana ante o Malpica e sumou os seus primeiros puntos, quedando só XSC e Corme sen puntuar.

Esta fin de semana arrincan tamén os dous Grupos da Liguilla da Copa, e xa temos os calendarios completos das 5 xornadas do Grupo Norte e do Grupo Sur.

Dumbría - Malpica (8-0)

O Dumbria xuvenil 13-14 batiu na mesa-Foto-Luis POrto
  • DUMBRÍA: Couto Duarte, Roberto (Portu, min.75), Cabana, Jano (Oli, min.75), Lucas (Yeray, min.61), Martín (Maikel, min.58), Adrián Alcaina, Marcote (Charly, min.71), Pablo, Javi.
 Malpica xuvenil non puido co Dumbria-Foto-Luis Porto
  • MALPICA: Manuel, Jorge (David, min.46), Víctor Novo, Canario, Steven (Brais, min.61), Mouri (Chols, min.76), Guille, Almeida, Pitís, Eloy, Kevin (Plejo, min.80).
  • Goles: 1-0, min.2: Marcote en xogada individual; 2-0, min.7: Marcote a pase de Martín; 3-0, min.50: Martín a centro de Duarte; 4-0, min.65: Marcote aproveita un erro defensivo; 5-0, min.66: Maikel; 6-0, min.85: Javi dende o borde da área; 8-0, min.90: Maikel tras pase atrás de Canario.
  • Lesións: os malpicáns Jorge cun pinchazo e Steven cunha posible lesión de nocello.
drian Alcaina e Victor Novo capis do Dumbria e do Malpica juvenil -Foto-Luis Porto

Sacou a artillería pesada o equipo de Diego Lobelos e Óscar Lei e puxo enriba da mesa todas as súas cartas. E ollo, porque vai es serio este bloque. Dende o comezo arrincou o Dumbría a por todas e non pasaron 7 minutos e Marcote, unha das sensacións da categoría, xa fixera 2 tantos. Non impedía o campo enchoupado polo granizo xogar ao cadro local, que tardou, iso si, ata o comezo da segunda metade para sentenciar. Chegou o gol de Martín e de contado varios seguidos aproveitando que o Malpica xa baixara os brazos.

Esteirana - Corme (5-1)

  • ESTEIRANA: Marcos, Bolo, Tiko, Tobío, Sergio, Adri, Damián, Manu, Jose, Raúl e Adrián. Tamén xogaron: Mj, Fabio e Cristian.
  • CORME: Rubén, Sergio, Iván, Cristian (Fernando, min.40), Eloy, Antonio, Yoshua, Brais (Bruno, min.65), Isaac (Isma, min.55), Manu e Alejiño (Dani, min.85).
  • Goles: 0-1, min.15: Antoniño case que dende o medio campo coa axuda do porteiro; 1-1, min.25: Adrián tras un balón colgado; 2-1, min.55: Adri; 3-1, min.60: Tobío; 4-1, min.65: Raúl; 5-1, min.80: Jose.
  • Lesión: o cormelán Cristian cunha posible lesión grave de xeonllo.

Puxo a Esteirana a súa candidatuira enriba da mesa ao vencer, con comodidade a un feble Corme, sobre todo en defensa. Os dous equipos máis noviños da categoría, se ben o Dumbría aínda ten tamén recorrido, disputaron un choque intenso, sobre todo na primeira metade, que foi a máis igualada.

Comezaba mandando o Corme cun gol tempraneiro, pero o cadro esteirán foise facendo co mando, e á media hora empataba.

Foi á volta dos vestiarios cando o choque quedou sentenciado. En apenas 10 minutos, 3 goles a balón parado, aproveitando a debilidade defensiva do Corme, foron suficientes para que unha Esteirana mellor levase os 3 puntos que o colocan arriba de todo.

Cabana - Xallas StComba (4-2)

Cabana-XSC xuvenil-Foto- Cabana
  • CABANA: Adrián, Dani, Raúl, Aurelio, Laik, Diego Mato, Iván Mato, Ferreiro, Iván Redondo (Darío, min.86), Alex e Pablo Pose (Grille, min.77)
  • XSC: Álvarito, Miki, Pérez (Jacobo, min.65), Carlos (Fabián, min.65), Xoel (Alex, min.80), Iván Pastoriza, Tefi (Torres, min.46), Adrián, Steven, Pablo Landeira e Sergio Barbeira.
  • Goles: 0-1, min.5: Iván Pastoriza; 1-1, min.10: Alex; 2-1, min.35: Iván Mato; 3-1, min.85: Iván Mato; 3-2, min.87: Iván Pastoriza; 4-2, min.89: Diego de córner directo.
  • Expulsións: o xalleiro Pablo Landeira (min.30) e o porteiro Álvarito no min.86.

Mala sorte está tendo o cadro de Rafa, que na primeira xornada quedaba tocado ao perder un partido no que mereceron máis. E xa saíron tocados moralmente ante un Cabana tremendamente aguerrido, moi difícil de batir e coas ideas moi claras.

Comezaba pegando o XSC co gol do de sempre, Iván Pastoriza. E eran bos minutos do equipo visitante, pero pronto meteuse no partido o equipo de Fernando aproveitando un erro da defensa xalleira. Á media hora chegaban dúas xogadas claves, o segundo tanto local, aproveitando tamén unha xogada na que a defensa visitante estivo demasiado branda, e a expulsión de Pablo Landeira, que deixaba aos seus cun home menos quedando aínda unha hora de partido.

Así e todo e a pesar de estar con 10, achuchou o cadro xalleiro na segunda metade para remontar 2-1. Pero non tiveron ocasións claras ante a fantástica defensa cabanesa. E xa contra o final, nunha contra, e en posible fóra de xogo chegaba o 3º para os locais, de novo por medio de Iván Mato. Recurtou de novo Pastoriza pero xa era tarde e só co tempo cumplido Diego Mato fixo o 4º para o Cabana, completando o seu gran partido cun gran tanto de córner directo, e en contra do aire.

Queda o Cabana coas opcións intactas, mentres que aínda non tira a toalla o XSC que o ano pasado perderan 3 partidos e aínda así se clasificaron para a Fase.

Crónicas das Ligas Xuvenís

Máis información

Crónicas da semana

Artigos relacionados

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Fonte

Comentarios