xoves. 16.01.2025
El tiempo

O Modesto Patrimonio: A desembocadura do Río Xallas e o Monte do Pindo

O Modesto Patrimonio- A desembocadura do Río Xallas e o Monte do Pindo Portad
O Modesto Patrimonio: A desembocadura do Río Xallas e o Monte do Pindo

Este fotograma en relieve, creado polo IGN cun modelo dixital do terreo, obrigoume a repasar os apuntes da asignatura de Xeoloxía que tiven na carreira en Madrid. O profesor, Francisco Vázquez Maure, gran experto nestes temas, tamén daba clases na carreira da Facultade de  Xeología-Minas.

Antes de entrar no tema principal temos que aclarar que as medidas dos tempos xeológicos son moi diferentes ás que usamos na vida real. O mesmo ocurre coas distancias astronómicas, que se miden en anos-luz (3x10x8 m/seg).

Pero si falamos da idade da terra desde a súa formación suponse que pasaron máis de 4.500 millóns de anos, pero a vida sobre ela apareceu máis tarde, sobre uns 3 millóns de anos. Pero, como se poden averiguar esas datas? Os estudosos baséanse en técnicas radiométricas usando varios materiais como meteoritos, minerais lunares ou terrestres ricos en uranio, pero de momento non se poñen dacordo.

A Biblia – Génesis dice que “Dios creó el Cielo y la Tierra informe y vacía; las tinieblas cubrían la superficie del abismo” . Aquí ímonos centrar na formación do Monte do Pindo e o territorio da súa entorna. O catedrático e xeólogo Juan Ramón Vidal Romaní dí que fai uns 305 millóns de anos houbo unha colisión de dúas capas tectónicas provocando unha elevación do monte. Pero tamén se afirma que fai uns 300.000 anos a nosa comarca estaba cuberta cunha capa glaciar. O desxeo puido provocar un arrastre de aluvións e materiais sedimentarios que trazaron e moldearon o curso dos ríos, frenando este acarreo ao encontrarse coas augas do mar formando rías onde depositaban os sedimentos.

No caso do Río Xallas sospéitase que o curso do último tramo, alimentado polo desxeos do Monte da Ruña e os depósitos do Val de Cabanude (Mazaricos) debían desembocar na ría de Caldebarcos na paraxe coñecida na actualidade como A Boca do Río. O libro de Manuel Murgía (1832-1923) di que no ano 1217 un gran terremoto cambiou o modelo de terreno nesta paraxe, así como o alveolo do río, lo cual se desploma verticalmente por los acantilado hacia el mar.

O Modesto Patrimonio- A desembocadura do Río Xallas e o Monte do Pindo

Pode que sexa certo que un movemento sísmico movera o terreo elevando a cota a 330 m. na Cima da Arca e cambiara o curso do río cara ao Ézaro, quedando como testigo o Río Vadebois. Si analizamos o modelo dixital, observamos unha aliñación montañosa que comenza polo norte cos Montes de Buxantes seguindo polo Alto da Pena (500 m.) baixando ao Porto Bravo, (onde se encontra a presa), volvendo subir pola Canaveira (350 m.) e o Alto de Cornés (465 m.). Este muro natural puido estancar os aluvións  glaciais formando un saco de materias sedimentarios que non  soportou a presión e “rachou” cara ao Ézaro, arrastrando todo este material formando “morrenas”. Unha destas morrenas pode ser a Illa dos Mouchos do Pindo e as illas Lobeiras. Polo camiño deixou un roquedo espido formando a actual cascada. Na época glaciar o nivel das augas do mar estaban moi elevadas.

Así, no val de Caldebarcos cabe pensar que chegaban ata os actuais caseríos de San Cibrao. Alí, cando os aluvións chegaban ao mar eran freados e depositados en forma de sedimentos cargados de minerais. Estos darían lugar, máis tarde, as minas neste paraxe, que tamén se poden encontrar cantos rodados. Outro día falaremos da Lagoa do Chan das Lamas.

NOVAS DE MODESTO

Patrimonio Pindexo

 

OUTROS ARTIGOS NO "MODESTO PATRIMONIO”

 

Comentarios