martes. 10.12.2024
El tiempo

1ª Galicia: Xornada aciaga para os costeiros. Só o San Lorenzo suma

Baio-Bertamirans-foto-Luis Gonzalez
Baio-Bertamiráns-foto-Luis González
1ª Galicia: Xornada aciaga para os costeiros. Só o San Lorenzo suma

Só o San Lorenzo, no seu coche contra o pechacancelas, conseguía sumar 3 puntos nesta malísima xornada para os equipos costeiros. Unha vitoria, en calquera caso, vital para o cadro de Lapido, pois chegaba tras 6 derrotas consecutivas, e agora mira ao descenso con certa marxe.

Polo resto, 4 derrotas, entre elas, 3 goleadas, pois semellaba que hoxe os nosos non saíron entonados. Só o Baio estivo preto de sumar, ero quedou ao fío da remontada ante o Bertamiráns.

Tordoia - Dumbría (3-0)

  • Dumbría: Anxo, Samuel, Pablo Paz, Mario, Jano, Baba, Gabri, Rivi, Mataso, Dani Chao, Raúl. Tamén: Carlos, Alex Sendón, Kanario, Lucas, Alex e Adrián Periscal.
  • Goles: 1-0, m.22: Denis Becerra; 2-0, m.52: Víctor Vilariño; 3-0, m.80: Denis.

Non fixo mal partido o Dumbría en Tordoia, pero o cadro de Nando Muíño foi tremendamente eficaz, e a cada chegada, marcaba da man dun eterno mata-costeiro,

Bertamiráns - Baio (2-3)

11 do CD Baio ante o Bertamirans-Foto-Luis Gonzalez
11 do CD Baio ante o Bertamirans-Foto-Luis Gonzalez
  • Baio: Javi Souto, Pablo Rod., Norberto, Pazos, Bieito, Yago Couto, Dani, Damián, Sergio Antelo, Porty e Diego Santancier. Tamén: Iván Fraga, Bruno, Josiño, Alex, Miguel, Guille Botas e Sergio Rod.
  • Goles: 0-1, m.1: Fabricio; 1-1, m.5: Diego Santancier; 1-2, m.12: Eloy; 1-3, m.14: Eloy; 2-3, m.31: Bieito.
Baio e Bertamirans no Platas Reinoso-arbitros-Foto-Luis Gonzalez
Baio e Bertamiráns saltando ao Platas Reinoso-Foto-Luis Gonzalez

A piques estivo o Baio de remontar un partido que se lle metera costa arriba tras unha desconexión aos 10 minutos. O choque comezaba tolo, sen control. O Bertamiráns marcaba no primeiro minuto, pero o Baio respondía pronto. Pero non pasaran 15 minutos e o cadro baiés recibira dous tantos máis.

Bieito marcou o segundo para o CD Baio-Foto-Luis Gonzalez
Bieito marcou o segundo para o CD Baio-Foto-Luis González

Na segunda, o Baio estivo intentando recuperar espazo pero non chegou a remontada. Podedes ver o partido enteiro aquí, da man de Santi Soneira e o club baiés:

Negreira - Esteirana (7-0)

  • Esteirana: MJ, Simón, Code, Samuel, Damián, Tobío, Alex Rama, Oli, Piki, Elías e Rober Pladur. Tamérn: Martín Rama, Adrián, Kevin Lariño, Brais Noceda, Pachi, Sergio e Alex Louro.
  • Goles: 1-0, m.2: Gonzalo; 2-0, m.12: Alberto; 3-0, m.22: Joel; 4-0, m.46: Joel; 5-0, m.51: Miguel Gómez; 6-0, m.61: Joel; 7-0, m.75 Brais Boado de penalti.

Pouco que facer ante o poderoso líder por parte do cadro esteirán. Partido sen historia, ao que a Esteirana non saíu coa tensió necesaria para sacar algo positivo. “Non demos a talla dun partido de 1ª, así é difícil. Temos que volver a traballar, a ser intensos, a non cometer erros tan graves, porque queda moita competición”, valor Néstor Romero.

Unión - Fisterra (5-2)

  • Fisterra: Joselu, Juan Lagoa, Rubén, Lobelos, Aarón, Alex, Maikel Mouzo, Luís, Juan Trillo, Diego Estevez e Isaac Fábregas. Tamén: Luis, Colombia, Mario, Andrés Vigo, e Guille.
  • Goles: 1-0, m.1: Xavi; 2-0, m.14: Isma Cerqueiras; 3-0, m.25: Pablo Reboiras de penalti; 4-0, m.26: Manuel Quintáns 5-0, m.57: Javier; 5-1, m.62: Rubén; 5-2, m.80: Estévez.

Fisterra en Unin

Partido con pouca historia, que arrincaba cun gol inicial xa nada máis comezar, gracias a un lateral esquerdo doutra categoría. A formulación de Lobelos, que chegaba con varias baixas por lesión e sanción, de aguantar atrás e buscar as contras, víñase abaixo. Deron un paso adiante os fisterráns pero a pegada dos locais era letal, e pronto fan o segundo.

Axustaron en defensa pero nun balón colgado, penalti por dubidosas mans, facendo dous novos goles seguidos. O asentouse algo máis, e soubo aguantar as embestidas dos locais. Sufría un novo varapao o cadro fisterrán coa lesión de Isaac Fábregas ao rematar de volea un pase de Rubén.

Arrincaba a segunda co 5º gol, pero o equipo lonxe de deixarse ir, comeza a xerar ocasións amte un cadro local máis relaxado, e consegue recortar con dous goles de Rubén e Estévez, completando unha segunda metade moi positiva. Si que ao final, o colexiado sinala un penalti e a expusión de Joselu nu despexe na última xogada do partido…

Cruces - San Lorenzo (0-6)

  • San Lorenzo: Puyol, Manu Mato, Lucho, Pablo Garrido, Alex Costa, Javi, Mateo Canedo, Riki, Alex Taibo, Juanjo, Diego Varela Tamén: Samuel, Raúl, Quin, Iago, Aberto, Jonathan, David Lorenzo.
  • Goles: 0-1, m.6: Manu Mato de disparo lonxano; 0-2, m.12: Mateo Canedo dende lonxe; 0-3, m.13: Diego Varela; 0-4, m.29: Alex Taibo; 0-5, m.55: Juanjo; 0-6, m.58: Javi.

Resultado contundente dos de Lapido, que souberon ler a dificultade do partido, ante un pechacancelas que nas últimas semanas viña de sacarlle un punto ao Dumbría. E saíron a por todas os de Lapido, arriscando e acertando moi pronto. Dous tiros de lonxe de Mato e Canedo, e un terceiro tanto de Diego deixou o choque sentenciado ao cuarto de hora.

Na segunda estivo moi controlada, aguantanto e marcando á contra. “Esperamos que esta vitoria, trala mala racha que traiamos, nos poida servir de ánimo para completar o obxectivo da permanencia”, sinalaba o míster.

 

CRÓNICAS DA 1ª GALICIA

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios