FUTFEM: Derbi de tolos en Ara Solis

O derbi de Ara Solis copa a portada da xornada, pois demostrou a mellora de todos os equipos e como a igualdade vai collendo protagonismo. As fisterráns non se amilanaron ate o poderoso 3º clasificado, e pelexaron ata final nun partido que foi e veu e acabou en empate. Un empate que deixa ao cadro muxián a 3 do liderato, dun Corme que viña como o seu partido e Noia (igual que o Mazaricos - Bergantiños B) tiña que ser suspendido polo tempo. Descansaba o Dumbría e segue habendo 3 puntos entre os 3 equipos, co Ponteceso mirando de esguello por se alguén tropeza para colarse no podio.
Tamén había derbi na 2ª Galega, e se ben As Miúdas prantaron cara, o Xallas levou os puntos de Miraflores. O Cee non fallou ante o pechancelas, e se mantén en zona cómoda.
2ª Div. Feminina, Gr.1, xornada 20
As Miúdas - Xallas (1-2)
- As Miúdas: Siaba, Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Cris, Sofía Caamaño, Marta Piñeiro, Paula e Laura. Tamén: Sabela, Saray, Adriana, Ana Romero e Carlota.
- Xallas: Rosio; Laura, Saskia, Ali, Andrea Otero; Paula Barcia, María, Carla; Andrea Barbeira, Claudia Facal e Olalla. Tamén xogaron: Valeria, Inés, Michelle, Paula Gándara e Zaira.
- Goles: 0-1, m.17: Maria; 1-1, m.40: Alba; 1-2, m.71: Claudia Facal.
Claudia Facal decidiu o igualado derbi costeiro entre o Xallas e As Miúdas, que estivo emocionante ata o final. As muradás conseguiron prantar cara a un cadro xalleiro, que saía mandón pero sen demasiada precisión. Nun saque de curruncho púñase o Xallas por diante cun golazo de María de volea. Empataría tamén As Miúdas por medio de Alba Caamaño dende a frontal.
A segunda volveuse máis tola. As locais saíron fortes e tiveron varias chegadas con perigo. Pero pouco a pouco o Xallas foi impoñendo o seu xogo, e nunha xogada ben trenzada entre Saskia e Claudia Facal, recibindo esta última dentro da área e cun forte chut batía a Adriana Suaba por arriba. O Xallas puido ampliar a vantaxe pero non estivo atinado, e nun arreón final As Miúdas tiveron un man a man que salvou Rosío cun paradón.
Milagrosa - Cee (0-4)
- Cee: Sharay Caamaño, Lucía Rod., Facal, Nerea, Sieira, Paula Veiga, Sanela, Laura, Martínez, Saray Duarte. Tamén: Ariana.
- Goles: 0-1, m.5: Paula Veiga; 0-2, m.13: Paula Veiga; 0-3, m.34: Paula Veiga; 0-4, m.70: Paula Veiga.
Non fallou o Cee na visita ao campo das pechacancelas, a pesar das baixas, e gracias aos 4 tantos de Paulia Veiga, que segue demostrando estar por riba desta categoría e suma xa 18 goles en 21 partidos, no terceiro posto da táboa de pichichis, pero lonxe dos 27 de Alba (San Pedro). E iso que segue coa baixa da meta Noemi, o que fai que siga tendo que xogar de porteira Sharay Caamaño (xogadora de campo pero con experiencia baixo paus en futsal).
3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 20
Cabana - Camariñas (1-2)
- Cabana: Miriam, Nuria (Jessie Rojo), Sheila, Aitana (Aroa) Valeria (Begoña), Inma, Iría, Irene, Saray (Natalie), Adriana, Isabel (Alejandra).
- Camariñas: Karen (Daniela, m.85), Laura Garrote, Rocío, María, Uxía, Cris Mouzo, Laura Pose (Desiré, m.46), Nuria, Maira (Lara, m.65), Paula (Cris Lorenzo, m.68)) e Saray (Elena, m.65).
- Goles: 0-1, m.34: Nuria de falta; 0-2, m.50: María de cabeza; 1-2, m.90: Adriana.
Partidazo nas Redondas, que comezaba cunha primeira metade de dominio camariñán. Paula ameazaba en dúas ocasións, outra vez era Maira e mesmo María lanzou un penalti ao longueiro. As cabanesas aguantaban ata que Nuria abría o marcador de falta directa.
Melloraron as locais no segundo tempo, e equilibaron o partido, pero moi pronto María facía o segundo de cabeza. A 15 do final a camariñá María recibía o segundo cartón, pero nesa mesma xogada Irene se lesionaba e o Cabana non podía aproveitar a superioridade numérica. O Cabana conseguiría acortar distancias por medio de Adriana xa no desconto.
Fisterra - Muxía (4-4)
- Fisterra: Lucía Fernández, Lucía Marcote, Ana, Lidia, Irene: Leny: Tamara, Aroa; Jimena, Paula e Andrea. Tamén: Antía, Jenifer, Rosi, Xaira e Tatiana.
- Muxía: Sheila, Andrea Dom., Marta Caamaño, Nerea Pazos, Andrea Insua, Irene, Nerea Barrientos, Patri Romaní, Raquel, Irene e Claudia. Tamén: Denise, Xeila e Sara.
- Goles: 0-1, m.14: Patri Romaní; 1-1, m.16: Andrea; 1-2, m.25: Nerea; 2-2, m.33: Aroa; 2-3, m.34: Patri Romaní; 3-3, m.51: Andrea; 4-3, m.67: Andrea; 4-4, m.83: Patri Romaní.
Partido fermosísimo o vivido en Ara Solis, tremendamente igualado e que representa moi ben como os novos equipos melloran partido a partido. Bastante xente nas bancadas do campo fisterrán para ver o choque, no que a intensidade, e o desgaste físico foi tremendo. Un choque de ida e volta, de ocasións nas días áreas, alternativas no marcador, e no que destacaron dúas figuras: Andrea do bando local e Patri Romaní por bando visitante, anotando ambas un triplete.
27 goles en 17 partidos suma a muxiá polos 24 noutros tantos choque a fisterrá, ambas no máis alto da táboa de pichichis.
O Muxía adiantábase ata en tres ocasións, pero o Fisterra non decaía, e e conseguía meterse por diante no treito final. A 5 do final, o Muxía igualaba o choque.

Outes - Ponteceso (1-7)
- Outes: Lago, Uxia, Carmen, Alonso, Valeria, Maria Antelo, Marisol, Alicia, Carla, Erika e Maria Molinos. Tamén xogaron: Claudia Carou, Nerea, Romero, Mariña e Xeila.
- Ponteceso: María (Colores, m.46), Noe (Mel, m.45), Ainhoa, Myre, Berdeal (Laura R, m.46), Eva, Muíño (Lara, m.46), Andrea, Oanes, Noemí (Lucivili, m.56), Claudia.
- Goles: 0-1, m.20: Muíño, 0-2, m.28: Claudia; 0-3, m.31: Oanes dende lonxe; 0-4, m.40: Muíño; 0-5, m.44: Andrea; 0-6, m.53: Noemi; 1-6, m.72: Carla; 1-7, m.89: en propia.

Comezaron as da Serra competindo moi ben a pesar da teórica superiorade pontecesá. As de Dani, a base de forza de vontade e esforzo, seguen mellorando partido a partido, e tivo que ser a todoterreo Muíño a que aparecese cun tiro dende fóra da área para abrir o marcador. Claudia, tras un centro ao segundo pau, un chutazo de Oanes dende lonxe e o segundo de Muíño ampliaban a renda antes do descanso deixando o partido sentenciado.
Pero voltaron as locais do descanso cunha nova actitude e veuse no campo, tendo máis o balón, xerando máis perigo, e ben sostidas atrás por unha Lago baixo paus, que fixo paradas de moita calidade. Así, a base de empurre, chegou o gol das locais, que lles deu forza para seguir presionando ata o final.

Cerqueda - Corcubión (0-2)
- Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Lucía, Tania, Tati, Sara, Lorena, Vanesa, Uxía, Inés e Mariña. Tamén: Carla, Irene, Sonia e Carla.
- Corcubión: Alexia, Alexandra Lojo, Viki, Marta Lavandeira, Carla, Helena López, Ana Sierra, Andrea, Daniela e Paula Trinidad. Tamén: Elisa e Cris.
- Goles: 0-1, m.13: Alexandra Lojo; 0-2, m.80: Carla Lema.
CORCU Fomos ata o campo do Cerqueda con moitas baixas importantes e aínda así o equipo demostrou a sua valía. Tivemos un bo primeiro tempo combinando e aguantando ben os poucos ataques locais, marcando gol Alexandra a un pase de Ana que a deixa sola diante da porteira. Non soubemos ampliar o marcador fallando algún man a man e varios corners. Na segunda o Cerqueda si que foi mellor ca nós, meténdonos cara atrás e tendo que aguantar varias ocasións claras delas ata que no final nunha boa presión da capi Carla marca un bo gol pola escuadra cerrando co 0-2.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- A festa solidaria da FUTFEM da Costa en favor da Asoc. Galega de Ataxias
- Así quedan os e as Pichichis neste remate de 2023.
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.19: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso.
- X.18: Corme, Dumbría e Muxía manteñen a puxa aberta.
- X.17: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista”.
- X.16: O Corme, único equipo invicto, colócase líder.
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.