FUTFEM: Xornada de fermosos derbis
Cee e Xallas asinaron táboas no derbi celebrado no San Paio de Refoxos demostrando a igualdade que reina este curso entre ambos conxuntos. Tanto as Rafa Suárez como as de Rupper se manteñen no segundo vagón da clasificación pelexando pola 5ª praza, e con só 1 punto de diferencia entre ambas.
Si que hai novidades nas Miúdas. Lucho e Manu Sante deixaron o equipo a semana pasada e Gabri Sil tomou o mando de operacións, deixando o equipo boa imaxe ante o poderoso líder.
Na Liga da Costa Feminina, o Corme segue sufrindo para sacar adiante os partidos, pero segue sen líder invicto, con 4 puntos (pero un partido máis) que o Dumbría. Foi unha fin de derbis, pois ademais do Cabana-Corme, se disputaron fermosos enfrontamentos entre Muxía e Camariñas e Fisterra e Corcubión.
Con todo, ademais da loita polo título, as prazas de promoción tamén será ben fermosa.
En canto aos goles, a pichichi costeira na 2ª ñe Paula Veiga, con 19 antos, (lonxe da máxima goleadora da categoría, Alba do San Pedro que suma 32), polos 16 da xalleira Olalla.
Na 3ª segue a muxiá Patri Romaní á cabeza con 28, polos 25 da fisterrá Andrea, 22 de Andrea (Ponteceso) e os 20 de Irene (Cabana) e Carla (Corme).
2ª División Feminia, Gr.1, xornada 22
Cee - Xallas (1-1)
- Cee: Sharay, Lucía Rod., Facal, Nerea, Alba, Paula Veiga, Saray, Nayara, Martínez, Laura e Sabela. Tamén: Uxía, Sieira e Antía.
- Xallas: Rosio; Saskia, Ali, Otero, Yasmina; María, Noelia, Andrea Barbeira; Claudia Facal, Paula e Olalla. Tamén xogaron: Laura, Michelle, Zaira e Inés.
- Goles: 0-1, m.61: Olalla; 1-1, m.81: Martínez.
Intenso e igualado derbi o celebrado no San Paio de Refoxos, nun partido entretido para o espectador. O Xallas saía coa intención de levar os tres puntos pero que se atopou a un Cee ben plantado e creou perigo en varias contras. As xalleiras dominaban territorialmente pero sen conseguir achegamentos claros.
A segunda metade foi con un dominio máis alterno, no que Olalla adiantaría as verdes, despois dunha boa asistencia de Claudia Facal. O Cee veuse arriba e nos minutos finais, logo dun saque de curruncho, e despois de varios rexeites Lucía Martínez facía o empate definitivo.
As Miúdas - Pastoriza (0-3)
- As Miúdas: Adriana, Elba, Alba, Leire, Ximena, Ana Romero, Laura Sieira, Paula López, Marta Piñeiro, Saray, Cris. Tamén: Atenea, María, Adriana Piñeiro e Carlota.
- Goles: 0-1, m.5: Sabela; 0-2, m.50: Leire; 0-3, m.91: Zaira.
Moito líder para as muradás que así e todo fixeron un gran partido despois dunha semana difícil co cambio de corpo técnico. As xogadoras sairon a dalo todo e a plasmar o plan de partido traballado no pouco tempo que tivo Sil no adestramento do venres. O equipo saía cun bloque medio baixo e buscando transitar profundo con Laura e Alba e ca amplitude de Saray e Elba. Recibiron pronto pero non se descolocaron e mesmo tiveron as súas opcións tanto de empatar como de meterse no partido na segunda tralo 0-2.
3ª División Feminia, Gr.2, xornada 22
Dubra - Dumbría (0-5)
- Dumbría: Lissete, Carril, Adriana, Maía, Kelly, Paula Fandiño, Lucía, Claudia, Yoli, Lara e Reyes. Tamén: Yaiza, Laura Montero, Icía e Alba.
- Goles: 0-1, m.1: Claudia; 0-2, m.50: Yoli; 0-3, m.63: María; 0-4, m.75: Paula Fandiño; 0-6, m.76: Adriana.
Solvente partido das dumbriesas de Santi Lira, que comezaban con acerto marcando no primeiro minuto. Mantiveron ao longo do partido o dominio do balón pero relaxáronse en exceso en varias ocasións e tiveron varias perdas que provocaron un par de ocasións á madeira das locais.
Na segunda, sairían máis centradas as dumbiriesas e pronto sentenciaban gracias á superioridade fisica, ante unhas locais que seguían defendendo como podía.
Muxía - Camariñas (1-1)
- Muxía: Sheila, Paula Vilela, Marta, Nerea Pazos, Raquel, Nerea Barrrientos, Denise, Irene, Patri Romaní, Claudia. Tamén: Nuria, Andrea Insua, Sara e Marcela.
- Camariñas: Karen; Laura Garrote, Rosana, Rocío, Uxía, Laura Pose, Nuria, Paula, Maira, Saray, Elena. Tamén: Desiré, Lara, Leti e Elena.
- Goles: 0-1, m.38: Elena; 1-1, m.77: Patri Romaní.
Fermoso e vivido derbi cun gran esforzo fisico por parte dos dous equipos, cun partido disputado de poder a poder, con moito xogo no medio do campo e poucas ocasiñons. O Muxía saía tocando o balon e tendo algún achegamento, mentres as visitantes intentaban lanzar rápidas contras, tendo as primeiras ocasións en tiros lonxanos a cargo de Patri Romaní para as locais e de Nuria para as visitantes. Conseguiría adiantarse o Camariñas no m. 37 á saída dun córner, sacado por Nuria e rematado por Elena.
Subía liñas o equipo de Congui e Isma Márquez na segunda, e o partido tornábase de ida e volta, moi vistoso para o espectador. Aguantaban as de Cabrejo e Pepucho, que tamén lanzaban transicións perigosas, ata que Patri Romaní, de falta directa faría o empate. O partido seguía aberto con ocasións ata o último suspiro como o paradón que fixo Karen a un disparo sobre a bocina.
Cabana - Corme (1-2)
- Cabana: Miriam, Alison (Antia), Sheila, Aroa, Valeria (Jessie Rojo), Inma, Alejandra (Saray), Iría (Jessie Pose), Isabel (Aitana), Irene, Adriana.
- Corme: Lucía (Aurora)Irene, Aroa, Vero (Ana); Cris, Olalla, Ana, Natalia (Candela), Carla; María (Nerea).
- Goles: 0-1, m.12: Carla de penalti; 0-2, m.50: Carla dende fóra da área; 1-2, m.71: Adriana.
Puxo en moitos apretos o Cabana a este invicto Corme, que segue sen atopar o fútbol da primeira fase do curso e segue sufrindo para sacar os partidos adiante. Tivo que tirar do acerto de Carla para superar a un Cabana, que non lle perdeu a cara en ningún momento. Tivo,de feito, unha ocasón inmellorable para empatar no primeiro tempo por parte de Isabel. Na segunda, tralo segundo de Carla, sufrían un baixón as de José Manuel, pero así e todo reaccionaron, metéronse no partido e meteron o medo no corpo ás de Rubén Souto.
Outes - Bergantiños B (0-3)
- Outes: Nati, Claudia Carou, Alicia, Marinha, Natalia, Carmen, Carla, Miriam, Uxía, Xeila e María Molinos. Tamén: Lara, María Romero, Paula, Valeria e Laura.
- Bergantiños B: Sara; Aroa Varela, María, Amelia; Clara, Jimena; Erika; Antía, Arancha, Aroa García e Antía. Tamén xogaron: Carla e Andrea.
- Goles: 0-1, m.11: Erika; 0-2, m.38: Arancha; 0-3, m.89: Carla.
Segue demostrando unha gran melloría este Outes de Dani, que cada vez compite máis e mellor, e iso que os dous equipos chegaban sen as súas porteiras titulares. As da Serra prantaron cara ao filial carballés, tendo unha gran ocasión para empatar que tivo que sacar clara na liña de gol.
Noia B - Ponteceso (0-2)
- Ponteceso: María (Colores), Noe (Lucivili), Ainhoa, Myre, Laura R (Mel), Berdeal, Eva, Muíño (Andrea), Oanes, Noemí (Saray), Claudia.
- Goles: 0-1, m.61: Andrea a pase de Claudia; 0-2, m.80: Andrea a pase de Noe.
Durante a primeira parte as de Ponteceso non atopaban a forma de facer o seu xogo. As do Noia parecían ter máis enerxía mentres que as visitantes parecían estar menos postas no partido. As poucas ocasións que conseguiron as xogadoras pontecesás acabaron fóra ou en mans da porteira.
Na segunda parte, saíron algo máis concentradas as xogadoras de Ponteceso e coa entrada ao terreo de xogo da killer chegarían os goles ao Anexo do Julio Mato. Marcaba, avisaba cunha ocasión e volvía marcar as diferencias. Puideron ampliar a renda as de Curro pero o marcador non se movería.
Cerqueda - Nicrariense (1-1)
- Cerqueda: Paula Casal, Jimena, Uxía, Tania, Tati, Inés, Vanesa, Raquel, Lorena, Irene e Sara. Tamén: Carla Santos, Sonia, Isa e Carla Varela.
- Goles: 1-0, m.39: Lorena; 1-1, m.74: Noa Beiroa.
Partido igualado no que houbo unha metade para cada equipo. Puideron ir con máis vantaxe as de Dani Reixía tras unha gran primeira metade, pero o pau evitou e a porteira local evitábano. Na segunda, ademais das baixas e das lesións de Jimena, o Cerqueda sufríu e o Nicrariense foi máis contudente, empatando.
Fisterra - Corcubión (2-3)
- Fisterra: Lucía, Paula Liñeiro, Ana, Lidia, Irene, Xaira, Tamara, Aroa, Andrea Romero, Leny, Jimena. Tamén: Zaira, Adela, Jenifer, Tati, Sandra.
- Corcubión: Alexia, Alexandra Lojo, Viki, Carla, Cris, Claudia, Andrea, Noa, Ana Sierra, Helena López e Paula Trinidad. Tamén: Elisa, Marta lavandeira, Elena Atán e Daniela.
- Goles: 1-0, m.20: Andrea; 1-1, m.25: Noa; 2-1, m.28: Irene dende fóra da área; 2-2, m.46: Paula Trinidad; 2-3, m.85: Paula Trinidad.
Remontada do Corcubión nunha segunda metade de vertixe, contando coa axuda, neste caso, dalgunha decisión arbitral. As de Fran entraban mellor no partido e se adiantaban en dúas ocasións, tendo mesmo opcións de ampliar a renda. Pero na segunda saíron as visitantes moi fortes e aproveitaron que as fisterrás saíron descentradas. Marcaron pronto as corcubionesas e empurarron sendo Trini a protagonista con dous tantos. Comparte, iso si, o podio con Claudia, quelle sacaba un balón á Andrea na liña de puntos que lle permitiu ás de Rubén Castillo levar os puntos de volta.
Liga F7, Grupo Coruña
Continúan a súa primeira temporada como equipo federado do Sporting Seaia na Liga de F7. E esta semana sumaron a súa segunda vitoria do ano, superando por 1-0 aos Castros. A goleadora foi Virginia que puido ampliar a renda igual que Xela. Tamén a meta Nuria foi protagonista da vitoria.
O cadro de Roque están en clara melloría. O equipo comezaba moi dubitativo pero a partir do mes de novembro, as xogadoras pegaron un paso adiante, esforzándose un puntiño máis e dende aí xa levan 4 meses competindo man a man co resto do equipos herculinos.
O club está satisfeito coa liga, e ven complicado o seu achegamento ao F11 polo número de xogadoras.
MÁIS NOVAS DO FUTFEM
- A experiencia inmersiva das xogadoras da Selección da Costa-QPC
- A festa solidaria da FUTFEM da Costa en favor da Asoc. Galega de Ataxias
- Así quedan os e as Pichichis neste remate de 2023.
- Andrea e Aisha, as pioneiras árbitras do Fútbol da Costa.
- Guía para seguir a revolución do FUTFEM da Costa
CRÓNICAS DO FUTFEM
- X.22: O Cabana alonxa ao Muxía da loita polo título.
- X.20: Derbi de tolos en Ara Solis.
- X.19: Xallas, Cee e As Miúdas fan o primeiro triplete do curso.
- X.18: Corme, Dumbría e Muxía manteñen a puxa aberta.
- X.17: Cee e Xallas recuperan o sabor da vitoria na xornada marcada polo colexiado "exhibicionista”.
- X.16: O Corme, único equipo invicto, colócase líder.
- X.15: O Dumbría remata como campioas de inverno da fermosa Liga da Costa.
- X.14: O Corme frea ao Dumbría.
- X.13: O Dumbría bate na mesa cunha goleada ao Muxía.
- X.12: O Ponteceso tropeza no Cubaleiro.
- X.11: Un derbi polo 25N.
- X.10: O Ponteceso frea ao Muxía e as 4 de arriba apretan o alto da táboa.
- X.9: O Muxía escapa.
- X.8: Corme e Muxía mediron as súas forzas.
- X.6: Xornada de vento, auga, frío e moita brega.
- X.5: A Liga da Costa Feminina está máis aberta que nunca.
- X.4: Perdendo o medo.
- X.3, 5 goles polo aniversario.
- X.2: 16 equipos collendo inercia positiva.
- X.1: FUTFEM: E comezou o curso para as costeiras.