Martes. 30.04.2024
El tiempo

FUTFEM: O Cabana alonxa ao Muxía da loita polo título

Corme-Fisterra no Cairo da Liga da Costa Feminina 2
Imaxe do Corme-Fisterra no Cairo da Liga da Costa Feminina -Foto-Fin lema
FUTFEM: O Cabana alonxa ao Muxía da loita polo título

O máis destacado da xornada foi a derrota do Muxía a mans do Cabana en Arliña. As de Congui e Isma Márquez chagaban ao partido con moitas baixas, e parece que esta derrota, ademais das lesións, van alonxar ao cadro muxián da loita polo título. Arrinca, Corme e Dumbría seguen sen fallar, con 4 puntos de vantaxe para un Corme que ten un partido máis, e coa vista posta no Dumbría-Corme do Conco da penúltima xornada.

Seguen instalados no terceiro vagón da 2ª Div. Galega os Xallas e Cee. Os xalleiros conseguiron un gran empate contra as 4ª, mentres que o Cee superou ás Miúdas no derbi costeiro.

2ª Div. Feminina, Gr.1, xornada 22

Cee - As Miúdas (3-0)

  • Cee_ Sharay Caamaño, Lucía Sendón, Lucía Rod., Nerea, Paula Veiga, Saray Duarta, Lucía Martínez, Laura Blanco, Sanela, Antía e Nayara. Tamén: Lucía Sieira.
  • As Miúdas: Adriana Siaba, Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Laura Sieira, paula, Mrta Piñeiro, Cristina, Sabela. Tamén: Clara, Adri, Ana Romero e Carlota.
  • Goles: 1-0, m.1: Paula Veiga; 2-0, m.13: Nayara; 3-0, m.61: Nayara.

Mal partido das muradás, que saía sen fe nin intensidade, xa encaixaba no primeiro minuto, e non foi quen de tirar á meta de Sharay Caamaño. O Cee, cómodo, sentenciou pronto e logo controlou, e manda forzas á porteira Noemí, ingresada no Hospital por un problema neurolóxico.

Xallas - San Roque (1-1)

  • Xallas: Rosio; Paula, Saskia, Ali, Otero; Carla, María, Noelia; Andrea Barbeira, Claudia Facal e Olalla. Tamén xogaron: Laura, Michelle, Zaira, Yasmina e Valeria.
  • Goles: 0-1, m.38; 1-1, m.84: Michelle.
Xallas-Dubra-Foto -Isaura
Xallas-Dubra-Foto -Isaura

Un punto que sabe a pouco o colleitado polas verdes no seu envite diante do equipo lucense do San Roque. O Xallas dominou o partido, con numerosas chegadas que non foron abortadas pola porteira e nalgúns caso polos postes. Nunha das poucas aproximacións o San Roque púñase por diante na primeira metade.

No segundo tempo o Xallas volcouse ata acadar o empate que sería obra de Michelle, nun córner que rematou coa testa, desta forma voltaba a saborear o gol despois da grave lesión que a apartou dos terreos de xogo.

Xallas-Dubra en Fontenla-Foto-Isaura
Xallas-Dubra en Fontenla-Foto-Isaura

3ª Div. Feminina, Gr.2, xornada 21

Dumbría - Mazaricos (3-0)

  • Goles: 1-0, m.8: Yoli; 2-0, m.12: Sabela; 3-0, m.62: Yoli a pase de Eva.

Volveron do descanso moi concentradas as xogadoras de Santi Lira, e aproveitaron que as mazaricás saían algo durmidas. Pronto se colocaban cun 2-0 que lles daba tranquilidade ás locais, o que sumado á lesión da amarela Ánxela ao cuarto de hora, deixaba o partido case listo.

Baiou o ritmo o cadro local e as de Rachón situábanse mellor apretando por momentos a meta local, pero o bo facer defensivo do equipo dumbriés solventaba esas situacións.
As peores novas para o Mazaricos, a lesión de Ánxela e as novidades sobre a lesión de Tamara, que se perde o resto de temporada por lesión.

Corme - Fisterra (6-0)

Plantel do CF COrme feminino no Cairo-Foto-Fin Lema

  • Corme: Belén; Lucía (Ana), Laura (Aroa), Irene, Aurora (Vero); Cris, Olalla, Ana (Candela), Nati, Carla e María (Nerea).

Plantel do SD Fisterra feminino no Cairo-Foto-Fin Lema

  • Fisterra: Lucía, Paula Liñeiro, Ana, Lidia, Tamara, Rosa, Xaira, JImena, Aroa, Marcote e Irene. Tamén: Adela, Jenu, Sandra e Tati.
  • Goles: Carla, Nati (2), Cris (2) e un en propia.

Corme-Fisterra no Cairo da Liga da Costa Feminina

Partido moi condicionado polas baixas que traía o Fisterra, que aínda así tirou de garra e carácter que tanto caracteriza e non deixou de pelexar, aguantando dentro do partido ata o descanso, cando dous goles consecutivos sentenciaban o choque.

Así e todo, non permitiron que as cormelás fixeran o seu xogo, e pelexaron ata o final, encaixando un resultado enganoso para o visto no terreo de xogo.

Muxía - Cabana (0-3)

  • Muxía: Sheila, Andrea Dom., Marta, Nerea Pazos, Raquel, Andrea Insua, Nuria, Denise, Irene, Paula Rey e Claudia. Tamén: Paula Vilela, Sara Haz, Nerea Barrientos, Sara Dom. e Marcela.
  • Cabana: Miriam, Alison (Nuria), Sheila, Aroa, Valeria (Anita), Inma, Alejandra, Iría (Saray), Isabel (Begoña), Irene, Adriana (Jessi Pose).
  • Goles: 0-1, m.21: Irene a pase en profunidade de Adriana; 0-2, m.65: Irene; 0-3, m.70: Irene.

Un Cabana moi serio e solidario conseguiu impoñerse en Arliña a todo un Muxía, a base de traballo e acerto ante a portería. As de Congui e Isma Márquez chegaban con moitas baixas (Elsy e Barca están lesionadas e van ter que operarse, e Patri Romaní tiña partido co Fisober), e se viron superadas en cada duelo. Ademais, nas poucas ocasións que houbo no partido, a eficacia visitante foi chave.
Mención aparte merece Irene. A pichichi cabanesa suma 20 goles, dos 28 que leva o seu equipo.

Corcubión - Noia B (4-1)

  • Goles: 1-0, m.2: Martola nun córner; 2-0, m.58: Noa; 2-1, m.64: Hermida; 3-1, m.66: Paula Trinidad; 4-1, m.80: Cris de penalti.

Partido no que as de Rubén Castillo recuperaban xogadoras e que foron quen de superar a novo filial do Noia. Marcaba pronto ás locais pero o partido igualábase. Ao comezo da segunda ampliaban renda pero as visitantes aproveitaban a relaxación e recurtaban. O gol espertou ás corcubionesas, que volveron meterse no partido e Trini e Cris, de penalti cometido sobre Noa, sentenciaban.

Ponteceso - Cerqueda (2-0)

Plantel do Ponteceso SD feminino no Pinguel

  • Ponteceso: María, Noe (Andrea), Ainhoa, Myre, Laura R (Lara), Berdeal (Saray), Eva, Muíño, Oanes, Noemí (Lucivili), Claudia (Mel).

11 da UD Cerqueda feminino

  • Cerqueda: Paula Casal, Lucía Rod., Tania, Tati, Sara, Lorena, Mariña, Inés, Uxía, Vanesa, Raquel. Tamén: Jimena, Carla Santos e Carla Varela.
  • Goles: 1-0, m.6: Noemi; 2-0, m.20: Claudia.
Capis do Ponteceso e Cerqueda co colexiado fisterran Manu Trillo
Capis do Ponteceso e Cerqueda co colexiado fisterrán Manuel Trillo

Derbi bergatiñán no Pinguel no que se viu tanta diferencia no campo como hai na táboa. Si dominou o Ponteceso, intentando combinar, pro a pesar do gol inicial de Noemí, non conseguían facer demasiado dano. Aproveitaban un erro na saída das visitantes para facer o segundo.
O Cerqueda intentouno, chegou a xerar perigo, incluso obtivo unha oportunidade nos minutos finais para poder entrar no partido , pero a xogada remataría no pau. Tamén as locais puideron ampliar a renda pero un penalti fallado, tres paus, e varios remates eran reixetados por Paula Casal.

Nicrariense - Outes (1-1)

  • Goles: 1-0, m.25: Noa Beiroa de penalti; 1-1, m.66: Carla Insua.

Con baixas volvía de novo as de Dani a Negreira nun partido que era dominado polas locais, pero ante o cal as da Serra se defendían ben. Adiantáronse as nicrarienses de penalti, e a primeira metade remataba igualada. Saíron a por todas na segunda as costeiras, nun choque se volveu bronco no medio campo. Aí sacaron garra as outenses e conseguiron arrincan o terceiro punto da temporada, gracias ao gol de Carla Insua, o 5º do que vai de curso.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios