Recunchos da Costa: A ruta dos Muíños do Río Negro

A beleza máxima dunha ribeira fluvial, combínanse á perfección co salvaxe cheiro salgado do Atlántico, na ruta dos Muíños do Río Negro. Unha ruta situada no lugar dos Muíños, en Muxía, que nace dos Camiños (o peregrino que une Muxía e Fisterra e o dos Faros), e baixa pola ribeira do río Negro ata rematar na súa desembocadura na paradisíaca e solitaria praia dos Muíños.

Son apenas 2 km de senda, moi ben coidados, que arrincan preto do lugar dos Muíños, onde baixaremos unhas escaleriñas para ver unha área fluvial, con mesas de pedra, ao carón da Fonte da Tella. Durante a baixada pasaremos por camiños de zahorra e pasarelas de madeira a carón de varios muíños restaurados, ben xeitoso, e poderemos disfrutar da natureza de ribeira.

Vistas xa na praia dos Muíños

Como chegar

Se ben o roteiro se pode facer nos dous sentidos, recomendamos facelo dende arriba, dende o lugar dos Muíños (por detrás do concesionario de Renault) cara a praia, porque a desembocadura é un chute de enerxía e a volta non é moi longa.

MÁIS RECUNCHOS DA COSTA