A oposición en bloque lamenta a “eliminación da democracia” no pleno de Ponteceso

Continúa o circo municipal en Ponteceso. A decisión do alcalde Lois Carballido de non convocar un pleno para tratar asuntos como a rebaixa de impostos, a situación do SAF, o estado da Agrup. de Protección Civil ou o pago a provedores segue sacando de quicio a todos os edís da oposición. Os 10 concelleiros da oposición (dos 13 que ten o pleno) veñen de presentar no rexistro municipal un recurso contra a decisión do alcalde de non convocar o pleno, acusando ao alcalde de “eliminar a democracia”.
A oposición considera que “a solicitude do pleno extraordinario cumpre todos os requisitos fixados pola lei e só a negativa do rexedor impide a reunión dos concelleiros”. “Non podemos seguir así, e de novo pedimos a intervención do PSOE provincial e mesmo galego, porque son os únicos responsables do que está pasando aquí. Eles deben solucionar o problema que eles mesmos crearon”, apuntou o voceiro popular Daniel García Cotelo, indignado cunha situación “vergoñenta” que está a causar un dano cada vez máis difícil de solucionar.
“Xa perdemos o POS deste ano, imos perder tamén o do ano que ven. Non nos vale que veña aquí o presidente da Deputación a prometer cartos cando o seu representante no Concello está a desfacer a vida dos veciños e a comprometer o futuro dos nosos fillos dunha maneira irresponsable”, criticou.
Historia do sainete político de Ponteceso
- 18-06-21: Califican de absurdas as razóns do alcalde de Ponteceso para non convocar un pleno a petición de toda a oposición.
- 10-06-21: O alcalde de Ponteceso denuncia ao pleno para evitar que se investiguen as gravacións no seu despacho.
- Xuño 21: Protección Civil de Ponteceso denuncia que o alcalde intenta controlar a Agrupación con accións irregulares.
- 01-06-21: Non mellora o ton no pleno de Ponteceso.
- 06-05-21: A veciñanza de Ponteceso si se fala e si propón solucións ao bloqueo político.
- 05-05-21: Ponteceso, a corporación que pide diálogo pero non se fala .
- 03-05-21: A Secretaria non admite a trámite a moción de censura de Ponteceso, que terá que pasar ao Xulgado.
- 01-05-21: A oposición de Ponteceso presenta conxuntamente a moción de censura .
- 29-01-2021: Un pleno sen concelleiros en Ponteceso.
- 24-01-2021: Toda a oposición pontecesá piden á provincial socialista que aclare se o POS é aínda viable.
- 22-04-2021: Novo fracaso no intento de consenso arredor do resucitado POS de Ponteceso.
- 17-04-2021: A mocidade de Ponteceso lamenta a falta de interese dos grupos políticos polo consenso.
- 15-04-2021: Albíscase xa a moción de censura en Ponteceso.
- 15-02-21: O GES de Ponteceso rompe anos de silencio contra o seu alcalde: “Ese “señor” non nos representa”.
- 14-02-21: Novo audio de Carballido: “O máis fácil e o máis lóxico é non renovar o convenio co GES”.
- 12-04-21: Un panfleto contra Carballido e unha colleita de sinaturas polo consenso na campaña eterna que vive Ponteceso.
- 10-04-21: Novo audio de Carballido: “Ti dame os gastos, que eu xa consigo tíckets”.
- 04-04-2021: Piden á Provincial Socialista a dimisión de Carballido.
- 01-03-2021: Denuncian ante a Garda Civil a posible destrución de documentos do alcalde de Ponteceso.
- 31-03-2021: O audio que non se puido escoitar no pleno de Ponteceso.
- 29-03-2021: O Pleno de Ponteceso aproba unha comisión informativa para investigar as gravacións.
- 27-03-2021: Ponteceso, único concello da Provincia sen POS pola irresponsabilidade dos seus políticos.
- 12-03-2021: Terceiro pleno inútil para salvar o POS de Ponteceso.
- 04-03-2021: Os políticos de Ponteceso continúan co seu circo plenario.
- Decembro 2020: Os voluntarios de Protección Civil de Ponteceso lamentan “as decisións unilaterais e vingativas do alcalde”.
- 9-10-2020: Os edís chantaxeados de Ponteceso queréllanse contra o alcalde e contra La Voz de Galicia .
- 27-10-2020: Carballido cambia a Xunta de Goberno e a Provincia Socialista abre expedientes aos 3 edís gravados con cámara oculta.
- 26-10-2020: Marco Varela: “Vergonza”.
- 25-10- 2020: Chantaxe ou montaxe?.