Xoves. 25.07.2024
El tiempo

A oposición en bloque lamenta a “eliminación da democracia” no pleno de Ponteceso

Casa do concello de Ponteceso
A oposición en bloque lamenta a “eliminación da democracia” no pleno de Ponteceso

Continúa o circo municipal en Ponteceso. A decisión do alcalde Lois Carballido de non convocar un pleno para tratar asuntos como a rebaixa de impostos, a situación do SAF, o estado da Agrup. de Protección Civil ou o pago a provedores segue sacando de quicio a todos os edís da oposición. Os 10 concelleiros da oposición (dos 13 que ten o pleno) veñen de presentar no rexistro municipal un recurso contra a decisión do alcalde de non convocar o pleno, acusando ao alcalde de “eliminar a democracia”.

A oposición considera que “a solicitude do pleno extraordinario cumpre todos os requisitos fixados pola lei e só a negativa do rexedor impide a reunión dos concelleiros”. “Non podemos seguir así, e de novo pedimos a intervención do PSOE provincial e mesmo galego, porque son os únicos responsables do que está pasando aquí. Eles deben solucionar o problema que eles mesmos crearon”, apuntou o voceiro popular Daniel García Cotelo, indignado cunha situación “vergoñenta” que está a causar un dano cada vez máis difícil de solucionar.

“Xa perdemos o POS deste ano, imos perder tamén o do ano que ven. Non nos vale que veña aquí o presidente da Deputación a prometer cartos cando o seu representante no Concello está a desfacer a vida dos veciños e a comprometer o futuro dos nosos fillos dunha maneira irresponsable”, criticou.

Historia do sainete político de Ponteceso

Comentarios