Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Anorthosis queda cunha soa vitoria de marxe

O Anorthosis queda cunha soa vitoria de marxe
Os xogadores do Anorthosis xa vestidos despois das vitorias Chris Roy Miguel Rey Gonzalo Martinez e Roi Martinez

Ningún resultado positivo neste fin de semana para os equipos do Anorthosis.

3ª División Nacional

  • Resultado: Anorthosis Vimianzo - Oroso TM 1-6 (9 - 18)

Esperábase máis do Anorthosis Vimianzo ante o seu enfrentamento contra os de Oroso pero nada poideron facer ante un rival superior, a pesar de que empezaron ben as cousas coa victoria de Roi sobre Eloy Raña pero logo Gonchu non foi capaz de superar a Simón Raña e desfondouse, moralmente sobre todo, e despois do partido de dobres donde os locais o puxeron todo viuse que era misión practicamente imposible. Nótase o pouco entrenamento que poden facer os xogadores do Anorthosis. Agora o Anorthosis Vimianzo está unha vitoria por encima do descenso.

1ª División Galega

  • Resultado: Hípica Coruña - Concello de Zas O Gaiteiro 7-0 (21-2).
  • Resultado:Liceo de Noia "C" - Concello de Zas Aquacenit 2-5 (xa xogado o 1 de marzo).

2ª División Galega

  • Resultado: Liceo de Noia "D" - Concello de Zas O Pinar 6-1 (18-5)
  • Resultado:Liceo de Noia "E" - Concello de Zas O Pinar 7-0 (21-2)

No resto de encontros os resultados son casi os esperados xa que os outros equipos son de momento superiores aos de Zas. Cómpre esperar a mellores campañas pois o plantel de xogadores aínda é moi novo.

Encontros para o vindeiro fin de semana

Será un fin de semana moi completo na que actuarán case que todos os xogadores nas distintas competicións que se desenrolaran en diferentes localidades.

  • 3ª división nacional sábado 22 de marzo en Oleiros, pavillón de Bastiagueiro:
    - 16'00 h. Breogán Oleiros "B" - Anorthosis Vimianzo.
    - 18'00 h. Breogán Oleiros "D" - Anorthosis Vimianzo.
  • 1ª división galega domingo 23 de marzo en Sigüeiro (Oroso):
    - 9'30 h. Oroso Peluqueria Tije - Concello de Zas Aquacenit.
    - 11'30 h. ES Sigüeiro - Concello de Zas Aquacenit.
  • 2ª división galega domingo 23 de marzo en Vilagarcía, pavillón de Arealonga:
    - 9'30 h. Liceo Casino Xuvenil - Construcciones Cernadas.
    - 11'30 h. Liceo Casino Infantil - Construcciones Cernadas.

Esto en canto á competición federada pero antes e durante toda a maña do sábado celebrarase a 3ª concentración escolar de tenis de mesa das comarcas do Tambre-Xallas e Noia (dentro do programa xogade da Xunta de Galicia) que neste caso organiza a AD CPZAS no pavillón municipal de Zas e a onde acudirán máis de 80 deportistas das seguintes Agrupacións e Colexios: AD CP de Zas, A D Dubratambre, CPI de A Baña, IES Xulian Magariños de Negreira, CEIP Pino de Val, Liceo de Noia, Virxe do Mar de Noia e Cruceiro de Roo.

As categorías a disputar serán benxamín mixto, alevín femenino, alevín masculino, infantil femenino, infantil masculino e cadete masculino.
A concentración empezará as 9'30 h. e rematará as 13'00 h. e durante ese tempo os deportistas disputarán un total de 49 encontros por equipos nas 9 mesas que dispón a AD CP de Zas, que contará co apoio do Concello de Zas e de todos os participantes para que todo sexa unha maña de festa deportiva de tenis de mesa. Logo queda o intercomarcal que será o 3 de maio en Noia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Estevo Lema.

Comentarios