Martes. 10.09.2024
El tiempo
Abraham Trillo
09:02
26/08/24

“Detrás de la niebla siempre hay algo”.

“Detrás de la niebla siempre hay algo”.

Que detrás da néboa sempre hai algo, xa no lo dixo Justo Lera na súa canción. Pero, que hai exactamente?
Imaxino que iso dependerá de cada persoa, da néboa persoal e intrasferible de cada individuo. Porque a néboa tamén é un estado mental. Para uns, tras ela, agocharase un edificio; para outros, a obra de Shakespeare ou dalgún outro autor neboento; as pernas sueaves, amargas e frías da moza; ou mesmo o pobo de Cee – detrás da néboa, adoita estar Cee-.

A néboa, coa súa cadencia de barco lento, chega para realentizar a vida e inventarnos outro Mundo.

O paseo da viña, vólvese dorna nese arte que ten a néboa para nautificalo todo. Así, un xa é o capitán da nada que é a néboa, xa desgoberna e perde o barco de sí mesmo entre a penumbra luminosa. Así, a néboa, tamén resulta ser un pouco ese espello ao que un se enfronta. De seguir explorando esta vía, poderiamos chegar a dicir que a néboa é un mesmo. Pero non é plan de continuar “explorando”, posto que, por moita sobreexploración que fagamos, sabemos que certas vías rematan en cego. Abandoémonos mellor a palabra “néboa”, que non supón outra cousa que abandoarse a néboa mesma.

Néboa, néboa, néboa. Caantas veces repetín a palabra “néboa” no que vai de artígo? Non está ben utilizar moitas veces un mesmo termo co fin de nomear algo. Resulta pouco estético. Tería que botar man dun sinónimo, como “brétema” ou “ borraxeira”. Mais non quero. Digo “néboa”, porque a néboa está formada por milleiros de letras que a súa vez compoñen a palabra “néboa”. Son elas as que lle dan esa espesura de luz que nos bicou os ollos estos días.

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios