Xoves. 19.09.2024
El tiempo
Abraham Trillo
08:46
02/09/24

Luns sen artigo? Ya se verá...

Luns sen artigo? Ya se verá...

Da moción esa que se está a programar tan só a uns quilómetros non vou a escribir, posto que – a pesar de que saíu na prensa como noticia importante- paréceme dun Xogo de Tronos de quinta categoría e novena tempada. Tan só darlle ánimos a pombiña da concordia, a ver se hai sorte e logra seguir para bingo.

Tampouco dos tiestos, macetas ou o que sexa que os rexentes municipais – esta vez do meu
pobo- puxeron na praza - tal vez co fin de intentar ascendela a categoría da de María Pita-, nin da polémica que dito acto suscitou entre os veciños.
Tamén barallei a posibilidade de facelo sobre o fenómeno turismofóbico latente na comarca nas últimas semanas. Pero o tema está moi traballado en Faccebok xa polos entendidos. Así que paso. Xa satura tanto rollo. Que se os “ fodechinchos “ isto, que se os “ fodechinchos “ aquelo, que se os “ fodechinchos” o outro...Feísima palabra a de “fodechinchos”, por certo. Disque a inventou Antón Losada, non me estranaría. Aínda que, como é lóxico, opinións hai moitas e temos que respetalas. Hai quen pensa e divulga a idea de que os turistas, como xa dixemos, son unha peste; os homes, uns violadores en potencia; e que a tortilla é mellor facela con cebola. Ok, nada que añadir.

O caso é que levo medio día mirando para o mar dende a terraza dunha casa que máis que casa parece un barco. E así penso seguir ata que os anfitrións levanten a mesa. O mar é un antídoto contra a urxencia da actualidade. Tendo en conta isto, pode que este luns non haxa artigo; sería a primeira vez dende que comezaron a saír.

- Venga hombre, venga. Si usted lo publica todo... No se da!
- Ya tardaba en aparecer, señora! Ya se verá... Por lo pronto, le deseo buena semana al tiempo que le mando un besito de salitre.
- Cursi!
- Además, aún no tuve vacaciones.
- Vacaciones? Pero si usted lleva de vacaciones desde que nació! Que parece rentista! Vago!
- Oiga! Pues retiro lo del beso!

MÁIS ARTIGOS DE ABRAHAM TRILLO

Comentarios