Podo prometer...

A institución municipal é cada vez máis complexa. Por iso, necesitamos persoas «capaces» para dirixir o seu goberno con sensatez. Pero tamén precisamos veciños comprometidos coas raíces e que exerzan voto responsable. So así, a nosa principal escola de convivencia democrática continuará sendo insubstituíble. Porque, os intentos para mutilar a súa relevancia, con medidas como as contempladas na lei de racionalización e sustentabilidade da administración local, por exemplo, continuarán.
Dicía o sempre querido e lembrado X. Álvarez Corbacho que a modernización e desenvolvemento de Galicia necesita da institución municipal. Non podemos estar máis de acordo. E, para iso, un requisito imprescindible –insisto– é o de contar con candidatos exemplares e con cidadáns reflexivos.
E aquí é onde entra en xogo o «programa electoral». Porque, en democracia, non só importa o proxecto estratéxico que ofrece cada candidatura a medio prazo. Tamén é significativo detallar a súa realista aplicación. Con todo, outra cuestión básica –diría, fundamental– é coñecer como se financiarán os investimentos e servizos públicos prometidos; así como a política tributaria que se pretenda aplicar. Trátase de cuestións substantivas das que, sen embargo, pouco ou nada se explicará, impedindo que o voto sexa verdadeiramente informado.
De nada serve prometer o imposible, porque é imposible de cumprir. E, por iso, mantendo unha perspectiva esperanzadora e positiva, apelamos á intelixencia das diferentes candidaturas para facer pedagoxía democrática durante estes comicios. Presentando obxectivos viables, comúns, xustificados coa correspondente memoria económica, porque só así poderemos avanzar polo bo camiño.
Durante estes días, lembrei o famoso discurso pronunciado, fai agora preto de 46 anos, polo presidente Suárez. Por iso, coa modificación que presento, dá pé ao título deste artigo mensual e por iso, tamén, quero rematar reproducindo algunha frase, co desexo de verse cumprida.
«.../... podo prometer e prometo que os nosos actos de goberno constituirán un conxunto graduado de medidas racionais e obxectivas para a progresiva solución dos nosos problemas... Podo prometer e prometo que traballaremos con honestidade, con limpeza e de tal forma que todos vostedes poidan controlar as accións de goberno... Podo, en fin, prometer e prometo que o logro dunha España para todos non se poñerá en perigo polas ambicións dalgúns e os privilexios duns cuantos../...»
Que así sexa!
- Domingo Guerra. Economista. Especialista en economía pública e política económica pola USC.
OUTROS ARTIGOS SOBRE ECONOMÍA MUNICIPAL DE DOMINGO GUERRA
- Continuamos perdendo poboación
- Porque nos afecta e nos importa
- Axenda de obrigas 2023
- O Cometa Haley. A rendición de contas.
- Modificación das regras fiscais. Una cuestión inaprazable
- POS + 2022.
- A Ciberseguridade.
- Estado de rendión de contas.
- Auditoría pública fronte ao fraude e a corrupción.
- Retribucións da alcaldía.
- Un maná que debemos aproveitar.
- Vacacións: non toca escribir sobre economía municipal/a>.
- Fiscalización operativa. Xa é hora.
- A morte do orzamento.
- Despois de xaneiro.
- Momento para o consenso e transparencia.
- Suspensión de regras fiscais.
- A detección de riscos na prevención da corrupción .
- Navegando na «chalana».
- As previsións do FMI
- Fraxilidade económica
- 2020, unha nova década
- Comezar de cero
- Arqueo e inventario.
- A factura electoral.
- Volver a votar.
- Autonomía fiscal.
- Auditores privados nas intervencións municipais.
- Cartos e máis cartos en bancos sen rendibilidade.
- Debemos tributar máis?.
- A Tesourería Municipal.
- Cos deberes feitos.
- Perdemos poboación.
- A conta (413) «Acredores por operacións pendentes de aplicar ao presuposto».