Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Xunta defende o plan de restauración da mina de ouro e critica as posturas reducionistas dos contrarios á mina

A Xunta defende o plan de restauración da mina de ouro e critica as posturas reducionistas dos contrarios á mina
Planos da mina de ouro de Corcoesto

Mentres a comunidade contraria ao proxecto mineiro se prepara para a manifestación deste domingo en Coristanco, e mentres toda Galicia se informa no I Encontro galego sobre o impacto da minería de Teo, a Consellería de Medio Ambiente volve defender o proxecto, sinalando que "o proxecto de extracción mineira implica un plan de restauración simultáneo ás obras, con case 5 millóns de euros".

O secretario xeral de Calidade a Avaliación Ambiental, Justo de Benito Basanta, avanzou que "a restauración se irá facendo de xeito progresivo, simultaneándose coa fase de extración de ouro naquelas zonas onde se vaian rematando os labores mineiros". Tamén destacaron que as esixencias á empresa implican tamén unha "gantaría financieira o fin de cubrir o custe real de todos os traballos de restauración".

Un Impacto Ambiental sen "postura reducionistas ninn alarmismo sen fundamento"

Unha das críticas máis voraces dos grupos ecoloxistas, como recolle estes días o xornal Público, é o impacto ambiental do proxecto de mina a ceo aberto. De feito, xa teñen criticando a Declaración de Impacto Ambiental por irreal, ante o que a Xunta responde con claridade: "a avaliación ambiental débese aplicar sen caer en postura reducionistas ou nun alarmismo sen fundamento".

De Benito recordou que a DIA está dispoñible na web da Consellería, a pesar que que non a puidemos descargar por algún problema cos servidores (poden probar aquí mesmo). E así mesmo recorda as "actuacións que van encamiñadas a garantir a compatibilidade da actividade extractiva coa protección dos valores naturais":

  • Realización dunha minería de transferencia, isto significa que co estéril de mina extraído nun oco en explotación irase enchendo o ultimo oco explotado. Ao final quedará un oco sen posibilidade de encher con terra, estando previsto facer un lago.
  • Integración paisaxística da explotación. A orografía do terreo despois da explotación quede integrada perfectamente co entorno e a restauración irase realizando de xeito progresivo a medida que se van finalizando os traballos de extracción en cada unha das zonas.
  • Nin a planta de tratamento de mineral nin a balsa de estériles xerarán vertidos ao medio. Contémplase un sistema de circuíto pechado, recirculando a auga sobrenadante nas balsas cara á planta de tratamento, a cal necesita auga no seu proceso.
  • Impermeabilización da balsa de lodos. As condicións precisas do paquete de impermeabilización estableceranse na autorización ambiental integrada á que, adicionalmente deberá someterse a propia balsa e as instalacións de depuración, garantíndose en todo caso a estanquidade da mesma e o seu selado unha vez finalizada a súa vida útil.

Máis información

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios