Martes. 28.09.2021
El tiempo

Recunchos da Costa: A Férveda de Rus

Recunchos da Costa-Ferveda Rus-Carballo
Recunchos da Costa: A Férveda de Rus

Un dos sendeiros máis afianzados da comarca de Bergantiños é a Ruta das Férvedas (PR-G 142). Senda que percorre as parroquias de Rus e Entrecruces e que deixa, como puntos máis singulares (ademais do pazo barroco de Vilar de Francos, cuxa torre foi levantada no século XVI, ou a igrexa de San Paio de Entrecruces), as Fervenzas de Ramil-Rus e de San Paio-Entrecruces, que visitaremos outro día.

Hoxe achegámonos ata a primeira, e o podemos facer seguindo a Ruta (ollo que son 18,6 km e pode levar máis de 8 horas), ou directamente dende a Capela de Santa Eufemia de Ramil.

A subida dende a estrada é de apenas 100 metros, pero ben bonita, pois sobe abrigada polos castiñeiros que deixan, no outono, un camiño punzante de ourizos. A caída da auga do río Férveda, non é tan alta como a súa curmá, pero si ten unha estrutura singular, serpenteante.

Camino a Ferveda de Rus
sinalización na Ruta das Fervedas de CarballoRecunchos da Costa-Ferveda de Rus 3Recunchos da Costa-Ferveda de Rus 2Ferveda de Rus-Carballo copia

Atentos, ademais, se ides en temporada de cogumelos, porque hai varios piñeirais no medio da ruta onde os boletus e os níscalos son de órdago.

Como chegar

Dende a Capela de Santa Eufemia de Ramil hai apenas 500 metros, pero tamén podemos achegarnos en coche ata o pé da fervenza e subir a pequena costiña.

 

OS RECUNCHOS DA COSTA

comentarios