A devoción a Santa Apolonia en Castro
Cada 9 de febreiro, son moitos os devotos que acoden á parroquia de Santa Baia de Castro, en Coristanco, para venerar á mártir Santa Apolonia, unha santa que viviu entre os séculos II e III na cidade de Alexandría (Exipto). A súa biografía foi recollida polo bispo desa urbe, Dionisio, que relatou nunha carta dirixida ao bispo de Antioquía os tormentos aos que foran sometidos parte dos seus fregueses, entre eles Apolonia, que desempeñaba o cargo de “parthenos presbytis”, unha catequista-diaconisa de certa idade, que axudaba aos pobres e ensinaba os preceptos da Fe. Nun momento dado, os alexandrinos levantáronse contra os cristiáns por non adorar os seus ídolos, inflixíndolles castigos totalmente inhumanos: a un cristián chamado Metras introducíronlle uns cravos polos ollos; a unha señora por nome Quinta, arrastrárona e lapidárona; a Apolonia, a nosa protagonista, mediante unha serie de golpes arrancáronlle os dentes e queimárona viva ás portas da cidade. Deste xeito, ao sufrir este martirio, Santa Apolonia é invocada ante os males dos dentes e da boca, portando como atributo a palma martirial e unhas tenaces.
Son moi puntuais as parroquias que teñen unha imaxe desta santa na comarca de Bergantiños. Existe unha, retirada do culto, na freguesía de Cabovilaño, na súa sacristía; sen embargo, na parroquia de Castro recibe culto e conta con festa propia. Esta devoción asentouse nesta igrexa coristanquesa en 1737, cando María Nogueira, muller de Esteban Rodríguez, acode ao notario Juan Varela para fundar unha capelanía na honra desta santa. Da súa antiga efixie nada sabemos. No século XIX, cara o ano 1860, o capelán Arturo Montes adquiriu unha nova, obra do escultor compostelán Bernardino López Quintáns; a talla segue os modelos e pautas de Francisco Rodeiro: cintura abombada, arco ciliar amplo, boca pequena... A imaxe foi restaurada por Eirís García cara o ano 2013; na anterior base, totalmente deteriorada, podíase ler que a imaxe era propiedade do capelán don Arturo Montes. No ano 1864, estando en visita pastoral por estas terras o cardeal-arcebispo de Santiago, concedeu unha indulxencia a cantos acudisen a esta santa, relatada nunha táboa situada sobre a súa representación, que di así: “El Eminentísimo señor don Miguel García Cuesta, Cardenal y Arzobispo de esta diócesis, concedió cien días de indulgencia a todas las personas de uno y otro sexo que devotamente rezaren el Padrenuestro u otra oración aprobada por la Iglesia delante de la imagen de Santa Apolonia, que se venera en la iglesia parroquial de Santa Eulalia de Castro, siendo de esta capilla en propiedad capellán don Arturo Montes. Año de 1864”.
Outros artigos de Luís Bermúdez sobre patrimonio eclesiástico
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Vitorio, mártir
- Un crime de novela acontecido en 1895 nunha parroquia de Carballo
- Noventa e cinco anos da imaxe da Virxe Milagrosa en Entrecruces
- Unha nova aldea para unha gran igrexa: a construción dunhas vivendas públicas no entorno da parroquial de Rus en 1789
- Os párrocos de Santa María de Traba e San Martiño de Oca, en Coristanco, dende finais do século XVI
- Un libro de rendas e esmolas da parroquia de Santa Baia de Castro, en Coristanco, do ano 1711
- Un documento inédito redactado en Rus en 1796: o testamento da esposa do artista Ignacio Tiburcio Freire
- Ritos e liturxia popular nos santuarios da zona de Bergantiños
- Santos catacumbais na Arquidiocese de Santiago: San Calisto, mártir
- O incendio do retablo de Noicela en 1906
- A reliquia de Santo Outelo de Goiáns
- Narciso Coello de Portugal (1864-1945), crego de Bértoa
- Unha imaxe peculiar e valiosa: a Virxe de Guadalupe de Oza
- Os párrocos de Bergantiños na visita pastoral de 1817
- A contratación da campá maior de Rus, en Carballo, en 1791
- A cruz parroquial de Verdes, en Coristanco: unha das pezas de prata de máis antigüidade na zona de Bergantiños
- As constitucións de 1771 da confraría de Santa María de Ferreira
- Analizando polo miúdo a custodia de San Pedro de Valenza, en Coristanco
- Setenta anos da chegada de don Cipriano Reiriz de Dios (1902-1983) a Valenza, Coristanco: o crego que fixo progresar o rural.
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través da visita pastoral de 1817
- A igrexa de Santa Baia de Castro, en Coristanco, a través das visitas pastorais dos séculos XVII e XVIII
- Milagres da Virxe de Pastoriza nas comarcas de Bergantiños e Soneira
- Santos e marcos: a discusión entre san Xián e santa Baia polo lugar de Lume da Cova
- A pirotecnia e as festas de Bergantiños no pasado
- A supresión e anexión das parroquias de San Xusto e Verdes
- Os toques das campás en Bergantiños e o contrato das campás de Oza, Xaviña e Lemaio
- As capelanías existentes en Bergantiños a mediados do século XVIII
- O preito de Santa Minia de Seavia (1870)
- Algunhas sepulturas históricas nas igrexas da zona de Bergantiños
- Don Nicolás Varela Díaz: un fillo ilustre da comarca de Bergantiños
- A devoción a san Antonio de Padua na parroquia de Agualada
- A Virxe da Saleta de Silván: avogosa e protectora das patacas de Coristanco
- A capela das Salgueiras, en Coristanco: de ermida particular a templo veciñal
- A devoción a san Roque na comarca de Bergantiños