Martes. 15.10.2024
El tiempo

Os alcaldes da comarca sinalan á Xunta como garante no caso Ferroatlántica

Alcaldes da comarca
Alcaldes/as da comarca reunidos onte en Cee
Os alcaldes da comarca sinalan á Xunta como garante no caso Ferroatlántica
Os alcaldes da comarca sinalan á Xunta como garante no caso Ferroatlántica

Os alcaldes/as de Corcubión (Lalo Insua), Fisterra (José Marcote), Carnota (Juan Manuel Saborido), Cee (Margarita Lamela), Dumbría (José Manuel Pequeño), Zas (Lolo Muíño), Camariñas (Sandra Insua), Vimianzo (Mónica Rodríguez) e Muxía (Iago Toba), mantiveron onte unha reunión no Concello de Cee, para tratar o asunto de Ferroatlántica.

Un asunto ten un claro responsable para os alcaldes (todos socialistas agás o zaseiro, do BNG): a Xunta: “A Xunta de Galicia impuxo e Ferroatlántica aceptou un control sobre as concesións das centrais Hidroeléctricas do Xallas e, polo tanto, a propia Xunta de Galicia ten a obriga de exercer dito control”, sinalan nun comunicado, apuntando que “Augas de Galicia ten que pronunciarse sobre se o negocio xurídico que pretende realizar Ferroatlántica está suxeito á autorización previa do referido organismo”.

Nesa liña consideran que “a Xunta de Galicia ten que garantir o cumprimento da condición esencial consistente na non segregación da actividade de produción das ferroaliaxes da produción de enerxía eléctrica das centrais. E para o cumprimento desa condición a Xunta de Galicia ten que esixir á empresa a presentación dun plan de viabilidade como necesidade para concretar o compromiso da non segregación”.

Lamentan dende a Costa da Morte a implicación de Feijoo no caso Alcoa mentres aquí “nin se lle ve nin se lle espera”.

Sentencian: “É competencia do Presidente da Xunta de Galicia asegurala actividade produtiva das ferroaliaxes das fábricas de Cee e Dumbría. Feijoo non pode pasar a responsabilidade do futuro de Ferroatlántica ós seus traballadores”.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Artigos relacionados

Comentarios