Ligas Galegas: O carnotán Martín decidíu o derbi para o Bergantiños ante o Dumbría


Apareceu no Conco un tal Martín, un rapaz de Carnota fichado para o ano que vén polo Villareal. Pero mentres segue facendo estragos na Liga Galega Infantil co Bergantiños, e dicidíu a antepenúltima xornada, ante un Dumbría xa descendido á comarcal, pero que segue competindo con gran intensidade.
Queda o Bergantiños na 2ª praza do Grupo de Descenso, polo que manterá
Liga Galega Infantil – Aluminios Dumbría, xornada 13
- Resultado: Dumbría - Bergantiños (1-4)
- DUMBRÍA: Breogán (Juan, min.41), Samuel, Alex, Luís, Toni, Moises (Antón, min.70), Xan (Brais Martínez, min.58), Mateo, Brais Tajes (Jonnhy, min.60), Adrián e Berto (Angel Sestayo, min.55).
- Goles: 1-0, min.13: Mateo; 1-1, min.34: Martín de falta dende a frontal; 1-2, min.39: Dani; 1-3, min.41: Martín; 1-4, min.70: Nimo.
O que se viviu no Conco na mañá do sábado foron dous partidos en un. Os primeiros 34 minutos, ata o gol do carnotán do Bergan, Martín, e o resto. No primeiro partido, o que comezaba no minuto 0, deixounos a un extraordinario Dumbría, superando en tódolos sectores do campo a un Bergantiños sorprendido pola intensidade, velocidade e seguridade na circulación dos costeiros. Nese arreón inicial, Brais Tajes causaba pánico entre a zaga visitante, gañándolle ás costas con certa facilidade, e provocando as primeiras ocasións, na súas botas, nas de Mateo e nas de Adrián. Sería Mateo que poría xustiza no marcador ó cuarto de hora, cun gran gol cun lanzamento dunha falta lateral.
Continuaron os puntas e os carrileros dumbrieses facendo perigo, con boas incorporacións de Álex desde a esquerda, e con Tajes creando perigo con dous tiros que rondaron o gol. Cerca da media hora, comezaron as primeiras escaramuzas bergantiñanas, con Martín como protagonista. Ata ese intre, estivera perfectamente controlado por Toni, Luís e Samu.
Pero unha xogada do carnotán, acabou cunha falta dubidosa, cerca da frontal, que el mesmo transformaría. Ese gol foi máis que un xerro de auga fría para os brancos, que viron como o gran traballo ata o descanso do equipo, era neutralizado e superado polo Bergan antes do tempo de descanso. Unha nova arrancada en potencia e velocidad do centro dianteiro do Bergantiños, propiciou o terceiro visitante o comezo do 2º tempo.
Moita montaña que subir para un Dumbría que tratou de reporse, pero agora os seus ataque morrían nun central imperial como Iván Fidalgo, e aínda que crearon algunha ocasión, o resultado en contra aínda se ampliou.
Foi tempo do debut dun alevín, Antón Luaces, e de constatar que, pese ós resultados adverso, este equipo infantil do Dumbría vai a poñer en dificultades a Lalín e Lugo nos 2 partidos que restan desta temporada.
Novas relacionadas
- Fases de Ascenso: Ocasión perdida para os nosos campións.
- Coñecendo a un pequeno carnotán camiño de triunfar en Villareal.
Crónicas das Ligas Autonómicas – Aluminios Dumbría
- X.35: Ligas Galegas: O XSC tamén descende á Liga comarcal.
- X.34: Ligas Galegas: O XSC necesita a vitoria na última xornada para salvarse.
- X.33: A dignidade segue vestindo de branco.
- X.32: O XSC dá un novo paso cara a permanencia.
- X.31: Ligas Galegas: O Dumbría ratifica a súa permanencia na DH Cadete.
- X.30: Novo paso clave do XSC.
- X.29: O XSC albisca a salvación.
- X.28: Mala e triste xornada.
- X.27: O XSC complícase a vida.
- X.26: 4 puntos in extremis que saben a permanencia e unha derrota que doe.
- X.25: 3 realidades distintas para os equipos costeiros:
- X.24: Un paso de xigante e outro atrás.
- X.23: Sen perder a ilusión.
- X.22: O Dumbría Infantil pensa xa no Play Off por evitar o descenso.
- X.21: Moita loita e pouco resultado.
- X.20: Dous puntiños para seguir sumando.
- X.19: Unha gran vitoria e dúas previsibles derrotas.
- X.18: Dúas derrotas ante os grandes e unha vitoria que tranquiliza.
- X.17: Xsc e Dumbría de Cadetes comezan o ano con resultados dispares nas súas ligas.
- X.16: Esperando o turrón para recuperar folgos.
- X.15: Dúas remontadas para a esperanza.
- X.13: Doble xornada dispar para os cadetes xalleiros e dumbrieses.
- X.12: Unha gran vitoria a domicilio.
- X.11: Unha vitoria e dúas derrotas con distinto sabor.
- X.10: O XSC pega o estirón.
- X.9: Dous empates e mellores sensacións.
- X.8: Un punto histórico que sabe a ouro.
- X.7: Pleno en casa.
- X.6: O XSC tamén sabe gañar.
- X.5: Dúas vitorias que puideron sen tres.
- X.4: Merecendo máis.
- X.3: Mala sorte.
- X.2: Primeiros puntos, pero faltan os goles.
- X.1: 3 severas derrotas pero boas sensacións.