O Anorthosis asina a permanencia na 3ª Nacional
Coas 2 vitorias acadadas o sábado pasado e a falta de 3 xornadas para o final (2 para o soneiráns), o Anorthosis Vimianzo conseguiu matematicamente a permanencia na 3ª División Nacional, categoría que estreaba esta temporada e que ao principio dela a gran maioría dos equipos prantexábanse como obxectivo a permanencia e entre eles, por suposto, estaba o Anorthosis Vimianzo. Así que obxectivo cumprido para a familia do tenis de mesa soneirá, que agora mira para a canteira.
3ª División Nacional Masculina, grupo norte
- Breogán Oleiros "D" - Anorthosis Vimianzo 2-5 (10-17)
- Breogán Oleiros "B" - Anorthosis Vimianzo 2-5 (10- 15)
Non foron fáciles as vitorias do sábado ante os equipos de Oleiros, un deles tamén impplicado na liorta do descenso e o outro xa descendido pero moi correoso. A clave nos dous encontros estivo no partido de dobres, sobre todo contra Breogán Oleiros "D" no que os soneiráns remontaron un 2-0 en contra e o 5º set decidiuse por 15-17 (recordamos que se vai a 11 puntos) con varias alternativas no marcador para conseguir a vitoria no parcial. Antes Gonchu e Roi gañaran os seus partidos e Ramón Varela perdera contra Antonio González, polo que este dobre víase crucial de cara o resultado final, tanta era a tensión que os do banquillo de Oleiros retiraronse uns metros para non vivilo tan de cerca nos puntos decisivos. Algo parecido pasou co Oleiros "B", neste caso foi de 12-14 para os soneiráns.
Polo Anorthosis Vimianzo xogaron, como arriba apuntabamos, Gonchu Martínez (Santa Comba), Roi Martínez (Camariñas) e Moncho Varela (Carballo). Gonchu e Roi gañaron todos os seus partidos, individuais e dobres, e Moncho Varela non foi quen de gañar un so partido, notándose a falta de actividade no xogo aínda que non a ilusión e os bos consellos dende o banco.
1ª División Galega, grupo centro
- Oroso TM Hotel Santa Cruz - Concello de Zas Aquacenit 1-6 (3-19)
- Oroso TM E.S. Sigüeiro - Concello de Zas Aquacenit 0-7 (1-21)
Vitorias normais e esperadas do Concello de Zas Aquacenit en Oroso e máis fácil do esperado ante o 4º clasificado, Oroso Peluquería Tije xa que este tiña as baixas das súas mellores xogadoras (Saleta Nuñez e Silvia Álvarez) por mor dunha concentración nacional femenina en león. so Stevo perdeu o seu partido ante Camilo gonzález por 3-1, no resto foron victorias claras tanto de Stevo como de Miguel Rey e Andrés Fagín, estes dous en individuais e dobres.
2ª División Galega, grupo centro
- Liceo Casino Xuvenil - Construcciones Cernadas 7-0 (21-0)
- Liceo Casino infantil - Construcciones Cernadas 7-0 (21-2)
En 2ª galega, o Construcciones Cernadas despediu a temporada viaxando a Vilagarcía e saíndo derrotado por 7-0 e 7-0, que marca a diferencia actual entre as dúas canteiras.
Próxima xornada
En 3ª división nacional o encontro que estaba previsto para o domingo as 11 da mañá entre Anorthosis Vimianzo e SD Hípica adiántase para o sábado as 17'00h. no lugar habitual, o ximnasio do CPI de Zas.Así quedan os encontros:
- Sabado 29 de abril no ximnasio do CPI de Zas:
- 3ª división nacional grupo norte: Ás 17'00 h. Anorthosis Vimianzo - SD Hípica de A Coruña. - 1ª división galega grupo centro:
- Ás 16'00 h. Concello de Zas Aquacenit - CTM Lalín "B".
- Ás 18'00 h. Concello de Zas O Gaiteiro - CTM Lalín "B".
Novas relacionadas
- O Anorthosis queda cunha soa vitoria de marxe.
- Completa fin de semana para a familia do tenis de mesa soneirán.
- As baixas merman ao Anorthosis e só o Aquacenit suma.
- O Anorthosis cae dando a cara.
- O Gaiteiro dá as alegrías que esqueceu o Aquacenit.
- Ao Anorthosis sáenlle as contas.
- O Aquacénit deixa escapar o liderato.
- O Gaiteiro xa sabe gañar.
- A familia Anorthosis salva unha xornada excesiva chea de baixas.
- O Anorthosis tamén gaña e engancha por Nadal.
- O Aquacenit mantén o ritmo da familia Anorthosis.
- O Aquacenit mantense no máis alto.
- Dúas vitorias alonxan ao Anorthosis da zona de perigo.
- O Anorthosis non pode despistarse e o Aquacenit apunta alto.
- O Concello de Zas Aquacenit ponse líder na 1ª Galega.
- O Anorthosis non vai de “cenicienta”.
- Nova xornada completa de tenis de mesa nun ateigado pavillón de Zas.
- O Anorthosis terá unha longa tempada na 3ª Nacional.
- O tenis de mesa costeiro estrea campaña con vitoria.
- O Anorthosis comeza unha nova campaña con 6 equipos en liza.
- A Costa xa ten o seu torneo galego de tenis de mesa.
- Gran participación dos zaenses nos Provincias de tenis de mesa.
- O tenis de mesa pechou unha exitosa I Liga Intermunicipal cun gran ambiente e vitorias corcubionesas.
- O Anorthosis Vimianzo é novo equipo de 1ª División Galega de tenis de mesa.
- A campiona Galega benxamín de tenis de mesa chámase Lorena e é de Zas.
Fonte
- Nota de prensa de Estevo Lema.