Preferente: A irregularidade pasa factura


Mala xornada a dos equipos costeiros esta a 27ª na Preferente - Senra Sport. Doble derrota que os deixa no medio da táboa, pero sen poder despistarse pois quedan con só 3 partidos de marxe sobre os postos de descenso, e sen contar con posibles arrastres.
Chantada - Dumbría (1-0)
- DUMBRÍA: Iván, Tantán, Brian (David, min.80), Jose, Pablo Conde (Cote, min.61), Aarón, Diego Cespón (Alcaina, min.65), Darío (Rivi,m in.70), Iago, Jesús e Adrián Makaay.
- Gol: 1-0, min.64.
O partido do cadro dumbriés non foi bo. Se ben era un choque de 0-0, aproveitou o Chantada un balón que disputaron por alto Iago e Óscar Méndez, no que o rebote lle caía a Josiño que por alto marcaba de vaselina a Iván. Mala sorte para os costeiros que tampouco amosar unha faciana alegre, non propuxeron un fútbol de ataque, e mesmo viron como os locais fallaban un penalti que, en todo caso, non era pois o colexiado situouno dentro da área.
Xallas StComba - Arzúa (1-2)

- XSC: Vicente, Alberto (Kevin, min.80), Steven, Rubio, Aarón, César (Jota, min.75), Marcos (Oscarín, min.62), Jesús, Rubén Forján, Vía Rápida e Doro.
- Goles: 1-0, min.12: Rubén Forján aproveita un rexeite a tiro de Vía Rápida; 1-1, min.30; 1-2, min.76: de penalti.
- Expulsión: o xalleiro Steven no min.60.
Está sendo o XSC moi irregular, pero non só dunha xornada para outra senón tamén dentro do mesmo partido. Por momentos o cadro xalleiro creu na vitoria, e de feito, a primera parte foi dominada de principio a fin polos de Coméndez, que se adiantaban cun bo tanto de Rubén Forján. Pero a falta de puntería privou ao equipo bicolor de solventar o partido, pois ademais do dominio hou ocasións claras para sentenciar, sobre todo un man a man de Jesus que non aproveitou; outra de Jesus que non acerta a rematar tras un centro raso de Marcos; ou un pase interior de Jesós que deixou só a un Vía que botaba o balón contra o porteiro. Doro e Rubén tamén facían dano polas bandas pero o segundo tanto non chegaría.
E cambiou o conto á media hora, co gol do empate que nacía dunha perda de César na frontal fronte a Damián que lle rouba o balón, encara a Vicente e marca. Acabaría asi a primeira parte co 1-1 no marcador. A segunda metade, sobre todo a raíz da expulsión de Steven, o partido igualouse e puido caer para calquera lado pero unha boa accion de Damián na banda, adentrándose na área suporía o penalti tras unha entrada de Aarón. Foi o propio Damián quen transformaria o penalti en gol e deixaría ao cadro xalleiro, con media hora xogando cun home menos, sen folgos para a remontada.
Crónicas de Preferente – Senra Sport
- X.26: Por fin unha doble alegría.
- X.25: Novo cambio de papeis.
- X.24: Xornada de malas saídas.
- X.23: Doble inxusta derrota pola mínima.
- X.22: Novo intercambio de posicións.
- X.21: Da man vendo como escapa a zona alta.
- X.20: Metidos nun pano.
- X.19: O reforzado XSC pasa a un novo Dumbría.
- X.18: O 2015 comeza na Preferente.
- X.17: A mocidade toma o relevo de cara a 2015.
- X.16: Cambio de marcha.
- X.15: O XSC caza ao Dumbría.
- X.14: O XSC saca petróleo do Conco.
- X.13: O Dumbría métese definitivamente na loita polo ascenso.
- X.12: O Dumbría pega un salto.
- X.11: Doble premio cun importante debut.
- X.10: O XSC achégase ao Dumbría.
- X.9: Sen fortuna.
- X.8: O Dumbría despega e o XSC aterra.
- X.7: Dous empates con sabores distintos.
- X.6: Para esquecer.
- X.5: Sumando.
- X.4: Punto a punto con boas sensacións.
- X.3: Collendo posicións.
- X.2: Xornada dispar para Dumbria e XSC na Preferente.
- X.1: Arrincou a campaña oficial para Dumbría e XSC con boas sensacións.
Crónicas da semana
Novas relacionadas
- A Cantina alonxa ao Estética Raquel do título da Liga de FS de Cee.
- A vida de Donato nun libro con acento costeiro.
- Novo repaso aos Pichichis do Fútbol da Costa.
- Reunión para perfilar as Copas Cadete e Infantil.
- Malpica acollerá un novo curso de Monitor Deportivo.
Máis información
- www.copadacosta.com.
- Descargar a APP do Fútbol da Costa.
- Facebook do Fútbol da Costa.
- www.futboldacosta.com.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).